Louis Désiré Blanquart-Evrard
Louis Désiré Blanquart-Evrard, nado en Lille o 2 de agosto de 1802 e finado no mesmo lugar o 28 de abril de 1872,[1] foi un fotógrafo e editor francés, coñecido por inventar o procedemento da copia á albumina. Presentou o seu invento na Academia de artes de París o 27 de maio de 1850.
Nome orixinal | (fr) Louis Désiré Blanquart-Évrard |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de agosto de 1802 Lille, Francia |
Morte | 28 de abril de 1872 (69 anos) Lille, Francia |
País de nacionalidade | Francesa |
Actividade | |
Ocupación | Fotógrafo e impresor |
Empregador | Ecole Centrale de Lille |
Membro de | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Era un comerciante de roupa que na década de 1840 comezou a interesarse pola fotografía. Estudou o calotipo e en 1847 foi o primeiro en difundir este procedemento en Francia, mellorou substancialmente o proceso ao empregar nitrato de prata, ioduro de potasio e situando o papel húmido directamente na cámara entre dous cristais. En 1850 desenvolveu e publicou a técnica da copia en papel á albumina, que alcanzou un grande éxito.
En 1851 fundou preto de Lille a Imprimerie Photographique, unha editorial de arte a grande escala con preto de corenta empregados, que difundiu as imaxes doutros fotógrafos franceses, como Hippolythe Bayard, Marville, Lle Secq, ou Salzmann, en grandes álbums fotográficos. En 1854 foi membro fundador da Sociedade Francesa de Fotografía.[2]