O lumen (símbolo: lm) é a unidade do Sistema Internacional de Medidas para medir o fluxo luminoso, unha medida da potencia luminosa emitida por unha determinada fonte. O fluxo luminoso diferénciase do fluxo radiante en que o primeiro contempla a sensibilidade variable do ollo humano nas diferentes lonxitudes de onda da luz e o último involucra toda a radiación electromagnética emitida pola fonte segundo as leis de Wien e de Stefan-Boltzmann sen considerar se tal radiación é visible ou non.

Explicación

editar

Se unha fonte luminosa emite unha candela de intensidade luminosa uniformemente nun ángulo sólido dun estereorradián, o seu fluxo luminoso total emitido nese ángulo é un lumen. Alternativamente, unha fonte luminosa isótropa dunha candela emite un fluxo luminoso total de exactamente   lumens. Pódese interpretar o lumen de forma menos rigorosa como unha medida da "cantidade" total de luz visible nun ángulo determinado, ou emitida por unha fonte dada.

Unha bombilla incandescente de 100 vatios emite aproximadamente 1000 lumens, mentres que unha lámpada de vapor de sodio da mesma potencia emite arredor de 15.000 lumens, unhas quince veces máis, podendo chegar a emitir até 20 veces máis que unha lámpada de incandescencia, dependendo do tipo de lámpada.

Potencia dun proxector

editar

Lumens ANSI

editar

A potencia luminosa dun proxector adoita medirse en lumens. O Instituto Nacional Estadounidense de Estándares (ANSI, polas súas siglas en inglés) creou un procedemento estándar para determinar dita potencia, tomando medicións en diferentes posicións e calculando un valor medio.[1] No aspecto comercial, a potencia luminosa calculada segundo este método acostúmase publicar en "lumens ANSI", para distinguilos de aparatos cunha potencia que se calculou doutro xeito. As medicións de lumens ANSI son xeralmente máis correctas que as ofrecidas por outras técnicas da industria de proxectores.[2]

Lumens pico

editar

Os lumens pico constitúen unha medida da potencia luminosa habitualmente usada para os proxectores de TRC. A súa medición efectúase usando un padrón cun 10% a un 20% da imaxe en branco (no centro), e o resto en negro. A potencia luminosa mídese na área central. As limitacións técnicas deste tipo de proxectores implica que producen o maior brillo cando só unha pequena área se ilumina, como neste test. O resultado é que un aparato pode producir 1200 lumens pico, e só 200 lumens ANSI.[3]

Unidades de fotometría do Sistema Internacional

editar
Unidades de fotometría do SI
Magnitude Símbolo Unidade do SI Abrev. Notas
Enerxía luminosa Qv lumen segundo lm·s Ás veces úsase a denominación talbot, allea ao SI
Fluxo luminoso F lumen (= cd·sr) lm Medida da potencia luminosa percibida
Intensidade luminosa Iv candela (= lm/sr) cd Unha unidade básica do SI
Luminancia Lv candela por metro cadrado cd/m2 Ás veces úsase a denominación nit, allea ao SI
Iluminancia Ev lux (= lm/m2) lx Usado para medir a incidencia da luz sobre unha superficie
Emitancia luminosa Mv lux (= lm/m2) lx Usado para medir a luz emitida por unha superficie
Eficacia luminosa η lumen por vatio lm/W razón entre fluxo luminoso e fluxo radiante
  1. Ziff Davis Media (ed.). "Definición do lumen ANSI". Enciclopedia PC Magazine (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2012. Consultado o 14 de agosto de 2014. 
  2. CPI/Corporate Publishing International (ed.). "Office Buyers' Guide". CPIlive (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2008. Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  3. "Folleto do proxector Sony G70" (PDF) (en inglés). 1997. Consultado o 14 de agosto de 2014. 
  NODES
INTERN 4
todo 2