O método D'Hondt é un método electoral creado polo matemático e avogado belga Victor D'Hondt, empregado, xeralmente, para repartir os escanos dun parlamento ou congreso, de modo proporcional ós votos acadados polas candidaturas. Aínda que sobre todo é coñecido no ámbito da política, este sistema pode servir para calquera tipo de distribución proporcional.

Retrato de Victor d'Hondt, creador do método homónimo.

Entre outros países, úsase na Arxentina, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chile, Colombia, Croacia, Ecuador, Eslovenia, España, Finlandia, Guatemala, Irlanda, Israel, Xapón, Países Baixos, Paraguai, Polonia, Portugal, República Checa, Suíza, Turquía, República Dominicana e Venezuela.

Repartición

editar

Logo de escrutar todos os votos, calcúlanse unha serie de divisores para cada lista. A fórmula para os divisores é V/N, onde V é o número total de votos recibidos pola lista, e N son números enteiros que van desde 1 ata o número de escanos da circunscrición obxecto de escrutinio. Unha vez realizadas as divisións dos votos de cada candidatura entre cada un dos divisores desde 1 ata n, a asignación de escanos faise ordenando os cocientes das divisións de maior a menor e asignando a cada un un escano ata que estes se esgoten.

A orde na que se reparten os escanos ós individuos de cada lista é irrelevante: pode ser unha decisión interna do partido (nun sistema de listas pechadas) ou pode que os votantes teñan algunha influencia (nun sistema de listas abertas).

Ás veces inclúese ademais un limiar de porcentaxe de votos por debaixo do cal o partido queda excluído.

É un sistema que tende a beneficiar os partidos maioritarios, sendo o resultado normalmente inxusto desde un punto de vista puramente lóxico. No exemplo que presentamos de seguido, o partido A saca unha cantidade meirande en votos que o B, así e todo, os dous teñen os mesmos representantes. O partido B ten menos do dobre de votos que o partido C, e no entanto obtén tripla representación.

Exemplo

editar

Supoñemos unhas eleccións ás que se presentan cinco partidos, entre os que deben repartirse sete escanos.

Partido A Partido B Partido C Partido D Partido E
Votos 340.000 280.000 160.000 60.000 15.000

Antes de comezar a asignación de escanos é necesario debuxar unha táboa de 7 filas (número de escanos) por 5 columnas (número de partidos). Na primeira fila escribimos os votos totais recibidos por cada partido (divisor 1). É preferible ordenar os partidos por número de votos, pois así simplificaranse as seguintes fases do algoritmo.

Primeira iteración

  1. O cociente máis alto pertence ó partido A, 340.000 votos.
  2. O partido A gaña un escano e escríbese debaixo o seguinte cociente:  .
  3. Énchense o resto de cuadrículas en branco cos valores da cuadrícula inmediatamente superior.

Segunda iteración

  1. O cociente máis alto pertence ó partido B, 280.000 votos.
  2. O partido B gaña un escano e escríbese debaixo o cociente:  .
  3. Énchense o resto de cuadrículas en branco cos valores da cuadrícula inmediatamente superior.

Terceira iteración

  1. O cociente máis alto pertence ó partido A, 170.000 votos.
  2. O partido A gaña un novo escano e escríbese debaixo o seguinte cociente:  .
  3. Énchense o resto de cuadrículas en branco cos valores da cuadrícula inmediatamente superior.

Cuarta iteración

  1. O cociente máis alto pertence ó partido C, 160.000 votos.
  2. O partido C gaña un novo escano e escríbese debaixo o seguinte cociente:  .
  3. Énchense o resto de cuadrículas en branco cos valores da cuadrícula inmediatamente superior.

Quinta iteración

  1. O cociente máis alto pertence ó partido B, 140.000 votos.
  2. O partido B gaña un escano e escríbese debaixo o cociente:  .
  3. Énchense o resto de cuadrículas en branco cos valores da cuadrícula inmediatamente superior.

Sexta iteración

  1. O cociente máis alto pertence ó partido A, 113.333 votos.
  2. O partido A gaña un novo escano e escríbese debaixo o seguinte cociente:  .
  3. Énchense o resto de cuadrículas en branco cos valores da cuadrícula inmediatamente superior.

Séptima iteración

  1. O cociente máis alto pertence ó partido B, 93.333 votos.
  2. O partido B Andrégaña un escano e escríbese debaixo o cociente:  .
  3. Énchense o resto de cuadrículas en branco cos valores da cuadrícula inmediatamente superior.
Partido A Partido B Partido C Partido D Partido E
Votos 340.000 280.000 160.000 60.000 15.000
Escano 1 (340.000/1 =) 340.000 (280.000/1 =) 280.000 (160.000/1 =) 160.000 (60.000/1 =) 60.000 (15.000/1 =) 15.000
Escano 2 (340.000/2 =) 170.000 (280.000/1 =) 280.000 (160.000/1 =) 160.000 (60.000/1 =) 60.000 (15.000/1 =) 15.000
Escano 3 (340.000/2 =) 170.000 (280.000/2 =) 140.000 (160.000/1 =) 160.000 (60.000/1 =) 60.000 (15.000/1 =) 15.000
Escano 4 (340.000/3 =) 113.333 (280.000/2 =) 140.000 (160.000/1 =) 160.000 (60.000/1 =) 60.000 (15.000/1 =) 15.000
Escano 5 (340.000/3 =) 113.333 (280.000/2 =) 140.000 (160.000/2 =) 80.000 (60.000/1 =) 60.000 (15.000/1 =) 15.000
Escano 6 (340.000/3 =) 113.333 (280.000/3 =) 93.333 (160.000/2 =) 80.000 (60.000/1 =) 60.000 (15.000/1 =) 15.000
Escano 7 (340.000/4 =) 85.000 (280.000/3 =) 93.333 (160.000/2 =) 80.000 (60.000/1 =) 60.000 (15.000/1 =) 15.000
Total de escanos 3 3 1 0 0
% votos 40% 33% 19% 7% 2%
% escanos 43% 43% 14% 0% 0%

Na seguinte táboa amósase o mesmo procedemento, pero no lugar de calcular os cocientes conforme se van asignando os escanos, calcúlanse todos en primeiro lugar.

  • Cada fila corresponde a un dos partidos.
  • Cada columna correspóndese cun divisor.
  • Entre corchetes ([]) indícase a orde de asignación.
  • As celas verdes son aquelas ás que se asignou un escano.
Divisor
1 2 3 4 5 6 7
Partidos A [1] 340.000 [3] 170.000 [6] 113.333 85.000 68.000 56.667 48.571
B [2] 280.000 [5] 140.000 [7] 93.333 70.000 56.000 46.667 40.000
C [4] 160.000 80.000 53.333 40.000 32.000 26.667 22.857
D 60.000 30.000 20.000 15.000 12.000 10.000 8.571
E 15.000 7.500 5.000 3.750 3.000 2.500 2.143

Ligazóns externas

editar

Véxase tamén

editar
  NODES
INTERN 1
todo 14