Músculo abdutor longo do polgar

O músculo abdutor longo do polgar é un músculo do membro superior humano pertencente ao compartimento posterior do antebrazo.

Músculo abdutor longo do polgar
Extremidade frontal superior do brazo (o músculo abdutor longo do polgar está indicado na parte superior esquerda).
Músculos e tendóns do pulso (o abdutor longo e curto do polgar pode ser visto na parte central dereita, en dirección ao polgar).
Latín musculus abductor pollicis longus
Gray's subject #125 455
Orixe ulna, proceso estiloide radial.
Inserción    Primeiro metacarpo
Vascularización
Innervación Nervio interóseo posterior.
Accións Abdución, extensión do polgar.
Dorlands
/Elsevier
12548315

Orixe e insercións

editar

A súa orixe áchase na superficie posterior das partes proximais de radio e cúbito e estende febras á membrana interósea. O seu tendón aparece entre o músculo extensor dos dedos e o músculo extensor radial curto do carpo, para inserirse na superficie lateral da base do primeiro metacarpiano. O tendón forma parte do bordo lateral da tabaqueira anatómica no pulso.

Función

editar

Abduce o dedo polgar, ao abducir a articulación entre o primeiro metacarpiano e o trapecio. Tamén funciona coma extensor accesorio do dedo polgar.

Innervación

editar

É innervado polo nervio interóseo posterior.

  NODES
todo 1