Músculo sartorio

O músculo sartorio[1][2] é un músculo da rexión anterior da coxa, o máis superficial, ten forma de cinta que atravesa toda a coxa diagonalmente cara a dentro e cara a abaixo. É o músculo máis longo do corpo (mide aproximadamente, nun adulto, uns 35-55 cm de media).[3][4]

Sartorio
Latín [TA]: musculus ser tollos
Orixe entreliña do xeonllo
Inserción    Superficie superior e anteriomedial da tibia.
Vascularización Arteria femoral
Innervación nervio femoral
Accións cruzar as pernas

Orixe do nome

editar

Sartor significa xastre en latín.[5] Unha das teorías que indican a súa orixe é que ao contraer este músculo conséguese a típica posición de traballo do xastre: sentado coas pernas cruzadas.

Cando chega á zona inferior da coxa, o sartorio vólvese horizontal e cruza cara á zona interna do xeonllo, do que é músculo flexor, cruza o xeonllo de atrás cara a adiante e de arriba abaixo, o tendón aplánase e ensánchase cando alcanza a entreliña da articulación. Insírese ao comezo da diáfise da tibia pola súa cara medial. No mesmo lugar no que se insire o sartorio tamén se introducen outros dous tendóns que forman a pata de ganso superficial (sartorio, grácil e semitendinoso)[6]; o sartorio é o máis superficial de todos.

Accións

editar

Este músculo ten as súas accións nas dúas articulacións polas que pasa, a cadeira e o xeonllo. É un flexor da cadeira e move o fémur cara a fóra (abdutor), tamén fai xirar a cabeza femoral cara a fóra, é dicir, consegue poñer o talón dun pé por diante do xeonllo da perna oposta. No xeonllo é flexor, e a medio camiño entre a flexión e a extensión axudará a xirar a tibia cara a dentro en relación ao fémur. Ningunha das accións do músculo sartorio son pronunciadas, polo que é principalmente un músculo sinérxico, que actúa en conxunto con outros músculos da coxa que producen os movementos.

Forma o lado exterior do triángulo de Scarpa e dende o primeiro terzo da coxa o sartorio cobre as arterias e vasos diante. Tamén sobre outros músculos están o recto femoral (no seu inicio), o iliopsoas, o pectíneo, o adutor medial da coxa, o vasto medial do cuadríceps e o recto medial, interno ou músculo grácil.

  1. "Dicionario; sartorio". Real Academia Galega. Consultado o 2022-05-21. 
  2. "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2022. Consultado o 2022-05-21. 
  3. "Sartorius". Physiopedia (en inglés). Consultado o 2022-05-21. 
  4. Gray´s Anatomy para Estudiantes (en castelán). Elsevier. 2006. ISBN 9788481748321. 
  5. "SARTORIO". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2022-05-21. 
  6. entradas, Fisiolution432 (2017-06-27). "Sindrome de pata de ganso". Fisiolution (en castelán). Consultado o 2022-05-21. 

Véxase tamén

editar
  NODES
INTERN 2
todo 2