Música disco
A música disco é un xénero de música de baile derivada do R&B (rhythm and blues) que mesturou elementos de xéneros anteriores, como o funk e o soul, con toques latinos en moitos casos, e que se popularizou nas salas de baile (discotecas) a finais dos setenta.
Música disco | |
---|---|
Orixe musical | R&B, Funk, Soul |
Orixe cultural | Primeira metade dos 70 en Estados Unidos |
Instrumentos típicos | Sección de corda, Sección de vento, teclados, guitarra, baixo, batería, voz. |
Subxéneros | |
Italo disco, Eurodisco, Space disco | |
Xéneros de fusión | |
Disco punk, Disco house, Disco bop, Progressive disco, Manila sound | |
Escenas rexionais | |
Philadelphia soul, Sonido New York, Sonido Los Angeles, Sonido Munich | |
Características xerais da música disco
editarEstrutura musical da música disco
editarRitmo musical
editarA música pop dominou a escena musical ata o comezo da "disco", na primeira metade dos anos 70. As cancións disco normalmente estaban estruturadas sobre un repetitivo compás de 4/4, marcado por unha figura de charles, de oito ou dezaseis tempos, con hi hat aberto nos tempos libres, e unha liña predominante de baixo sincopado, con voces fortemente reverberadas. Son facilmente recoñecibles polos seus ritmos repetitivos (xeralmente entre 110 e 136 bpms por minuto) e pegadizos, con frecuencia inspirados por ritmos de orixe latina como merengue, rumba ou samba. O uso do open hi-hat a un ritmo 4/4 percíbese claramente en temas como "The Love I Lost", de Harold Melvin & The Blue Notes en 1972, unha produción de Gamble e Huff.[1]
Harmonías e arranxos
editarO son orquestral usualmente coñecido como son disco fundamentabase na presenza de seccións de corda (violíns, violas, violoncellos...) e metais, que desenvolvían frases lineais en unisón, tras a base instrumental formada polo piano eléctrico e a guitarra eléctrica (con toques claramente tomados do funk). Ao contrario que no rock, a guitarra solista é pouco usual
O resultado era unha especie de muro de son, brillante, cos grupos orquestrais tomando os papeis solistas e cun background harmónico, fundamentado nunha progresión de acordes ben definida (menor/sétima/menor), con predominio dos acordes de sétima maior.
Ámbito temporal
editarA música disco ten a súa etapa de maior proxección nun período de 10 anos comprendido entre 1972 e 1982, aproximadamente, cun revival nos anos 1990.
Precisamente cara á metade dos 70, obtiveron os seus principais éxitos os intérpretes máis característicos da música disco, como Donna Summer, The Jackson 5, Gloria Gaynor, Barry White, Bee Gees, KC and the Sunshine Band, Village People, Boney M ou ABBA. Outros moitos artistas que, normalmente, non traballaban o xénero, gravaron cancións disco na cima da súa popularidade, por exemplo Leo Sayer (You Make me feel like dancing), Rod Stewart (Do you think i'm sexy?), Electric Light Orchestra (Last Train To London) e Blondie (Heart Of Glass).
Diversas películas, como Saturday Night Fever e Thank God It's Friday, contribuíron ao éxito da música disco entre o público. Aínda que a popularidade da música disco declinou a comezo dos anos 80, mantivo unha importante influencia no desenvolvemento da música de baile electrónica dos anos 80 e 90, así como en xéneros como o House ou o Techno.
Historia
editarOrixes
editarSoul de finais dos 60
editarA música disco toma as súas raíces do soul de finais dos anos 60, e nese proceso de evolución toman parte un importante número de artistas do xénero, que van achegando paulatinamente os elementos que acabarán definindo a música disco. Barry White é un destes nexos e o primeiro que resaltou o papel do ritmo fronte ás melodías e arranxos orquestrais. Con todo, quizais sexa o tema de Jerry Butler, Only the Strong Survive (1969), o primeiro exemplo de combinación dos elementos que definirían a música disco. Este tema axuntaba os sons do soul de Filadelfia e Nova York, xunto coas evolucións do son Motown.
O soul de Filadelfia, precisamente, caracterizábase pola súa mestura de percusión hipnótica con arranxos de cordas, e a súa pegada vese claramente en temas como "Soul Makossa" (1972), de Manu Dibango, un dos primeiros grandes éxitos disco. Con todo, o termo disco non foi utilizado ata que o crítico Vince Aletti incluír na revista Rolling Stone, no seu artigo "Discotheque Rock '72: Paaaaarty!".
Studio 54 e outras salas
editarSi houbese que identificar cada música cun lugar, o fortín da música disco sería, sen dúbida, a soada discoteca neoiorquina "Studio 54" (1977-1986) onde os djs, coa finalidade de prolongar a diversión, e utilizando para iso dous pratos cunha mesma canción, lograron estender considerablemente a duración dos temas de éxito. Iso deu como resultado as versións de 12 polgadas, onde se invitaba a bailar, e moverse gozando da música, segundo o termo definitorio do momento: Boogie.
Algunhas outras salas de baile tamén obtiveron prestixio: The Limelight, Magique, L'amour, Sanctuary, Paradise Garage etc.
Primeiros éxitos nas listas
editarO tema "Rock The Boat" de Hues Corporation (1974) foi nº 1 nos charts de singles e vendeu máis de 2 millóns de copias, converténdose así no pioneiro dos grandes éxitos da música disco.
Tamén alcanzaron este privilexiado status outros temas como "Love's Theme", de Barry White & Love Unlimited Orchestra, a comezos de 1974. Ese mesmo ano, Gloria Gaynor publicou o primeiro álbum de vinilo con formato disco mix, que alcanzou o nº 1 das listas, grazas a que incluía unha versión dun tema de The Jackson 5, "Never Can Say Goodbye", que se converteu en paradigma do xénero.
Con todo, foron os Bee Gees quen puxeron cara á música disco. O grupo fora popular na década anterior polas súas baladas, e ata competeran cos Beatles nos charts (lista de éxitos musicais), aínda que desapareceran durante algún tempo. A habilidade de Barry Gibb para cantar en falsete e a inmersión do grupo no disco, proporcionáronlle o seu primeiro nº 1 logo de moitos anos con Jive Talkin (1975) e, sobre todo, con You should be dancing (1976). Ambos temas incluíronse, posteriormente, na banda sonora da película Saturday Night Fever (1977).
En 1975, éxitos como "The Hustle", de Van McCoy ou "Love to Love You, Baby", de Donna Summer, acabaron por consolidar a primacía da música disco. Houbo outros moitos temas de grande éxito, a nivel mundial, entre 1974 e 1975: The Jackson 5 con "Dancing Machine" (1974), Barry White e o seu "You're the First, the Last, My Everything" (1974), "Lady Marmalade" (1974) do trío Labelle, The Four Seasons e o seu "December, 1963 (Oh, What a Night)" (1975) ou Silver Convention, con "Fly Robin Fly" (1975) e "Get Up and Boogie" (1976).
1975-1979: a idade de ouro
editarA partir de 1975, un gran número de artistas que nunca antes tocaran o xénero, comezan a gravar cancións disco, en moitos casos por imposición das discográficas, buscando un hit. Exemplos notables disto, foron temas como Got to give it up (Marvin Gaye, 1977);You Make Me Feel Like Dancing (Leo Sayer, 1977); Miss You (Rolling Stones, 1978); "I was made for lovin' you" (KISS, 1979); Copacabana (Barry Manilow, 1978); I'm every woman (Chaka Khan, 1978); Silly love song (Wings, 1976); Boogie Nights (Heatwave 1978); Do You Think I'm Sexy? (Rod Stewart, 1979); Last train to London (Electric Light Orchestra, 1979); ou os éxitos de Michael Jackson, Don't Stop 'til You Get Enough e Off the Wall (1979). A publicación da Banda sonora da película Saturday Night Fever (Febre do sábado noite) (1977), un dos álbums máis vendidos da historia da música popular, catapultou aos Bee Gees, novamente, ao número 1 das listas de éxitos de todo o mundo, con oito sinxelos diferentes, entre os que destacan Stayin' Alive, You Should Be Dancing, Night Fever e Jive Talkin o que os converte nos Reis da música disco.
Na mesma época na que o xénero se consolidaba, algunhas agrupacións alleas ao mesmo introducíronse na música disco, asimilando tanto elementos do son de Nova York, como do de Filadelfia, e engadindo tamén toques latinos; por exemplo, a Salsoul Orchestra, dirixida por Vincent Montana Jr. Paralelamente o xénero en Europa desenvolve algúns éxitos no modo italo-disco co grupo La Bionda. Incluso algúns grupos de rock de primeira liña publicaron temas con claras influencias disco: Miss you de Rolling Stones, I was made for lovin'you de Kiss etc. Tamén grandes factorías de Hollywood, como Disney, víronse influenciadas polo xénero. Os estudos Disney, publicaron, en 1979, un LP denominado Mickey Mouse Disco con algunhas pistas que chegaron a ser moi coñecidas, como Macho Duck e Disco Mickey Mouse (con versións en inglés e castelán). O disco publicouse en ambos idiomas e alcanzou un éxito aceptable, constituíndo un achegamento infantil á música disco. Do mesmo xeito, publicouse Sesame Street Fever coas personaxes de Barrio Sésamo, os cales tamén interpretaban música disco de tipo familiar e onde tamén colaborou Robin Gibb dos Bee Gees.
As series e programas de TV da época en xeral adoptan pistas de presentación e de acompañamento de escenas de acción baseadas na música disco. É o caso de CI5 The Professionals (1977), CHiPS (1977), ou Wonder Woman (1977).
O declive do xénero
editarOs antidisco
editarA popularidade de Febre do Sábado Noite (Saturday Night Fever), levou ás grandes discográficas a inundar o mercado de produtos disco feitos de forma mecánica e homoxeneizada para cubrir a demanda crecente da audiencia. A vulgaridade destes produtos e a aparición de alternativas de baile evolucionadas (Dance, Techno...), crearon un sentimento antidisco cada vez máis perceptible. As emisoras de radio comezaron a abandonar a música disco, sobre todo a partir de 1980. A urxencia de escenas alternativas, tanto no rock (Punk, New wave...) como na música R&B (Rap, hip hop...) tamén contribuíron ao declive do xénero.
O 12 de xullo de 1979, tivo lugar unha acción antidisco en Chicago, impulsada por diversos DJs de emisoras de rock, como Steve Dahl, Gerry Meier ou Michael Veeck, e que adoptou formato de evento, baixo o nome de Disco Demolition Night. O asunto incluíu a queima de álbums de música disco e acabou cun forte enfrontamento coa policía, e numerosos arrestados. Este conflito, influíu seriamente no cambio da paisaxe sonora nos charts. No entanto, aínda continúa habendo algúns éxitos disco a comezo dos oitenta, aínda que cun estilo evolucionado e simplificado: Lipps Inc. (Funkytown, 1980); Kool & the Gang (Celebration, 1980); The Weather Girls (It's raining men, 1982); The Pointer Sisters (I'm so excited, 1982); Michael Jackson (Thriller e Billie Jean, 1982); Queen (Body Language, 1982); The Mary Jane Girls (In My House, 1983); Prince (1999, 1983); Irene Cara (Flashdance, 1983); ou Madonna (Lucky Star, 1983) , Baltimora (Tarzan Boy, 1984) e Gloria Estefan (Conga, 1985).
Do son disco ao son house
editarA transición entre a música disco dos 70 e o Dance dos 80, prodúcese basicamente nos estudios de gravación. Segundo afirmacións de Gloria Gaynor, o cambio orixínase debido a que os produtores comezan a ter sobrecustos nas súas edicións. Así que se substitúen as seccións de corda e vento, e o amplo conxuntos de músicos de sesión por sofisticados secuenciadores e caixas de ritmos. Deste xeito nacen estilos primixenios do Dance como o Hi-NRG e o electro.
Paralelamente o xénero, xa decadente, asimila variadas influencias do jazz e o blues, xerando novas vías de desenvolvemento (Acid jazz, Groove) que inundan as discotecas dos Estados Unidos e o Reino Unido entre 1980 e 1983. Entre os primeiros exemplos de Dance xa recoñocibles, atopamos a D.Train, Kashif ou Patrice Rushen
O single Planet Rock de Afrika Bambaataa (1982), producido por Arthur Baker, marca o xiro definitivo do disco cara ao hip hop e o techno, fortemente influenciado, entre outros, por Kraftwerk e o seu Trans Europa Express. O nome do estilo foi electro funk.
Serían finalmente produtores, como o propio Giorgio Moroder en Europa, e Larry Levan ou Frankie Knuckles nos Estados Unidos, quen, xogando con loops e baixos poderosos, impulsarían o house, vinculado a clubs como o Paradise Garage (Nova York) ou o Warehouse, en Chicago.
O rexurdimento do disco nos anos noventa
editarA aparición dalgúns discos de artistas renomeados, a mediados dos noventa, que incorporaban elementos claramente disco, orixinou un breve rexurdir do xénero na década dos '90. Publicáronse cancións neo-disco así como algunhas mesturas entre hip hop e Música Disco, con artistas como Pet Shop Boys(New York City Boy 1991), U2 (Lemon,1993), Brand New Heavies (Spend Some Time, 1994), Spice Girls (Who Do You Think You Are?, 1995), Jamiroquai (Cosmic Girl, 1996; Little L, 2001), N-Trance (Stayin Alive, D.I.S.C.O.,1997), Will Smith (Gettin Jiggy With It 1997),Kylie Minogue (Spinning Around, 2001) ou Sophie Ellis-Bextor (Murder on The Dance Floor, 2002).
Nesta mesma década, unha serie de videoxogos incluíron algúns temas disco, como é o caso, entre outros, de Dance Dance Revolution 4th Mix (Shake Your Booty de KC and the Sunshine Band); Bust A Groove (The Natural Playboy) ou 'Bust A Groove 2 (Lets the Music Take Control) etc. Para a saga Bust a Groove, os temas foron especialmente compostos para representar a un personaxe denominado Hiro, que é un fanático bailarín deste tipo de música.
O xénero na actualidade
editarAs influencias da música disco permanecen aínda en temas recentes, por exemplo, Free my love de Suzanne Palmer, Big Girls (You Are Beautiful) de Mika , Shut Up And Let Me Go de The Ting Tings, Itsi Bitsy Bikini de Gummy Bear ou algo do que fan Scissors Sisters (2007) e temas como "Hung Up" do álbum de Madonna, "Confessions on a Dance Floor" (2005). Así mesmo o J-Pop, no Xapón, tivo breves éxitos con influencias disco, como Puffy AmiYumi, Cosmic Nefaretabi e Swimming Pool.
Paralelamente segue habendo un mercado de afeccionados, que permite que sigan editándose CD clásicos, remixes dalgunhas cancións coñecidas, e que se celebren grandes concertos, de convocatoria "familiar", como o realizado pola PBS en 2004, que uniu a estrelas e artistas daquel tempo (como A Taste Of Honey , Leo Sayer , Tavares , Frankie Valli , Yvonne Elliman , HeatWave , The Hues Corporation ou Martha Wash, entre outros), que "reviviron" moitas das cancións que fixeron época.
Subxéneros
editarVariantes rexionais
editarNa época de maior esplendor (mediados dos 70), apareceron un gran número de variantes rexionais do xénero, nalgúns casos consecuencia das características especiais dalgúns artistas, noutros como consecuencia de conceptos de produción e/ou arranxos musicais. Entre estes subxéneros locais, cabe destacar:
- O Son Filadelfia, unha creación dos produtores e compositores Humble e Huff, e que xerou unha longa lista de números un, con grupos como MFSB, The O'Jays ou The Three Degrees, e solistas como Patti Labelle ou Billy Paul.
- O Son Nova York, con temas dos artistas residentes de Studio 54 así como algúns de orixe latino, como Van McCoy, Grace Jones, Salsoul Orchestra , Amanda Lear ou LaBelle, co seu espectacular éxito Lady Marmalade.
- O Son Os Ánxeles, que incluía grupos como Tavares, Love Unlimited Orchestra ou Phyllis Hyman.
- O Son de Miami xurdido dos Estudos Criteria
- O Son Munich, con artistas como Donna Summer, Silver Convention, Boney M, Ginno Soccio ou Giorgio Moroder.
Os DJs
editarO concepto de xénero e a súa estreita relación coa pista de baile, deu un papel os DJ na popularización da música disco. Co tempo, os máis importantes, foron incorporando elementos a creación de traballar con vinilos, chegando a xerar fórmulas rítmicas propias que foron asumidas polos produtores. Unha destas liñas de desenvolvemento da música disco enlaza directamente ao hip hop (Afrika Bambaataa).
Entre os máis importantes DJs cabe lembrar a Walter Gibbons, David Mancuso, John Benítez e Richie Kaczar (ambos de Studio 54) , Francis Grasso, Ian Levine, Mike Pace, Preston Powell etc
Música disco fóra dos Estados Unidos
editarNon se pode entender a evolución da másica disco sen a participación fundamental de Europa. Gran parte dos éxitos da segunda metade da década fraguaronse, ou producironse directamente, no vello continente. Aínda que os artistas alén do charco bebían das influencias directas do soul e a música negra, en Europa as influencias son moito máis variadas: jazz, pop, estilos locais... e nótase unha clara predilección e evolución na música disco europea cara aos sons sintetizados, fundamentais para entender a música de baile dos anos 1980 (euro/italo disco, House, Industrial, Electro...). Produtores como o italiano Giorgio Moroder estarán á cabeza desta evolución, dentro do denominado "Son Munich", con producións para Donna Summer ou propias como "From Here To Eternity".
A maioría das producións europeas ten vocación internacional, afastadas de nacionalismos e acenos de identidade patrias. Os artistas gravan en inglés e mesturan distintos estilos, baixo o ritmo típico a unha velocidade media de 120 bpm. Esta ventaxosa indefinición nacional fai que pronto a maioría sexan absorbidos polo mercado estadounidense, o que faría que finalmente terminasen gravando e producindo alí: Alec R. Costandinos, Jacques Morali, ou Giorgio Moroder, serían artífices de éxitos disco a ambos os dous lados do Atlántico. Entre os seus éxitos están Village People (Morali), Donna Summer (Moroder), D.C. A Rue (Costandinos).
O estilo disco foi adoptado rapidamente, do mesmo xeito que sucedeu nos Estados Unidos por artistas europeos consagrados como ABBA, claramente instalados no xénero desde o seu éxito "Dancing Queen", dominando as listas durante finais dos 70 e comezo dos 80. Tamén, a Electric Light Orchestra, con temas claramente disco como Last Train To London, ou as súas incursións na banda sonora da película Xanadu. Incluso cantantes tradicionais francesas como Dalida ou Sheila, esta baixo o pseudónimo Sheila B. Devotion, que obterían gran popularidade no "disco sound".
Do mesmo xeito que nos Estados Unidos, en Europa aproveitouse o tirón da música disco, para desempoar éxitos de décadas pasadas e obter de novo un grande éxito. Neste capítulo caben destacar, desde Francia, Santa Esmeralda, con versións de "The House Of The Rising Sun" ou "Don't Let Me Be Misunderstood", ambos éxitos de The Animals; Belle Epoque co "Black Is Black" de Los Bravos; ou desde Alemaña, Boney M. con Sunny de Bobby Hebb, e Eruption co "One Way Ticket" de Neil Sedaka.
Da década dourada pódense destacar como exponentes europeos moi influentes a Cerrone (Francia), Boney M. (Alemaña), La Bionda (Italia), ou Barrabás (España).
Alemaña
editarAlemaña, da man de produtores do nivel de Giorgio Moroder, Frank Farian ou Rolf Soja, desde Múnic ou Hamburgo, é con Francia, un dos países que máis éxitos proporcionou á música Disco mundial. Estilos como o Son Munich son selos identitarios dun estilo que se nutre do pop europeo, a música de raíces afroestadounidenses, o jazz, e a electrónica de vangarda xurdida no Krautrock.
A cantante Donna Summer que desembarcó en Europa como integrante do musical Hair a principios dos 70, recala en Alemaña e da man de Girogio Moroder iniciando unha carreira de éxitos fundamentais para o éxito masivo da música disco. A erótica "Love To Love You Baby" (1975), ou a electrónica "I Feel Love" (1977) son éxitos populares do xénero en todo o mundo.
Boney M, grupo integrado por cantantes e bailaríns das Indias Occidentais e Xamaica , lanzados da man do produtor Frank Farian, pódeselles considerer expoñentes dunha música disco popular, pensada para o consumo masivo, con estribillos pop fáciles para o gran público ("Brown Girl in The Ring", "Rivers of Babylon", "Gotta Go Home", "El Lute" ou "Daddy Cool") que poderiamos denominar Bubble Gum-Disco.
Denomínase Son Munich ao estilo disco gravado fundamentalmente nos Musicland Studios ou nos Union Studio de Múnic. Polos Musicland, dos cales foi fundador Giorgio Moroder, pasarían un gran número e artistas internacionais, pero serán recordados sempre polas producións disco, que incluían grandes partes de música electrónica, e cunha vocación popular. Son exponentes Donna Summer, Roberta Flack, Boney M, Silver Convention, o propio Giorgio Moroder, e proxectos deste como a Munich Machine.
Este paso do Krautrock electrónico á música disco tivo tamén o seu paso inverso. Os alemáns Kraftwerk que se comezaron a afastar do son frío do Krautrock desde o éxito Autobahn, asimilan de xeito natural o seu son electrónico minimalista á música disco, especialmente desde o inesperado éxito nas discotecas de Trans Europe Express. O álbum The Man Machine (1978) e Computer World (1981) inciden neste son electrónico disco que seria precursor e inspirador de correntes dos anos 80 como o Electro Funk, do Tecno pop orientado á pista de baile, ou o House
España
editarPola súa banda, en España, na segunda metade da década, e comezo dos oitenta, houbo algunhas incursións na música disco, destacando, sen ningunha dúbida, o grupo Barrabás, unha das bandas de máis éxito internacional (máis famosos nos Estados Unidos de América ca en España), que produciron temas de corte disco pero fusionando multitude de estilos como o jazz, rock ou sons afro-latinos. Entre os seus éxitos disco nos anos 70 destacan "Hi-Jack", "Desperately", ou "Check-Mate", sendo uns dos precursores na publicación, en 1975, dun dos primeiros maxi-single (formato de vinilo de 12 polgadas pensado para discotecas) da historia. O tema elixido foi "Mellow Blow", no selo Atlantic nos Estados Unidos de América.
Ademais de Barrabás hai que mencionar ao dúo Baccara. Aínda que os seus éxitos téñense que considerar como producións de música disco Alemás, a súa forma tan española de pronunciar o inglés, e as súas orixes, fanlles un oco nesta sección. Mayte Mateos e María Mendiola foron lanzadas desde Hamburgo, polo produtor Rolf Soia, que as bautizou Baccara (previamente chamáronse Venus) e foi o artífice de dúas pezas fundamentais da música disco dos 70, "Yes Sir I Can Boogie" e "Sorry I'm a Lady". Como tantos outros artistas da música disco a súa popularidade terminou pronto, sendo só remarcable separadamente destes éxitos mencionados, o seu éxito menor "The Devil Sent You To Laredo", e a súa participación no festival de Eurovision, representando a Luxemburgo. Nese festival foron as introdutoras do son disco, xa que Eurovision ata entón era pasto, salvo honrosas excepcións, de producións de bubble-gum facilón, ou baladas románticas.
O son disco instálase en España fundamentalmente da man do denominado fenómeno "Fans" (lanzamentos comerciais de artistas adolescentes para adolescentes, sobre todo femininas) entre 1979 e 1980. O resultado é un son pop con bases claramente "Disco", como se pode escoitar nos lanzamentos de artistas como Pedro Marín e o seu éxito "Aire" (1979), Iván, cos seus éxitos "Sin Amor"(1979), (versión do tema Dschinghis khan que o grupo homónimo alemán interpretaría en Eurovision en 1979), e "Fotonovela" (1983), número 1 en países como Francia ou Alemaña; ou Miguel Bosé, cos seus éxitos internacionais, Super-Superman, e Anna. Outros representantes disco-ibéricos da época son "Apache", ou "Goma de Mascar".
No ámbito da música infantil, do mesmo xeito que os seus compañeiros adolescentes do fenómeno "Fans", introdúcese o son disc. O grupo Parchís introduceo nalgunhas cancións, como Mortadelo y Filemón ou En la Armada, entre outras. Ademais o dúo infantil Enrique y Ana tamén tivo a súa incursión disco-kitsch en "Super Disco Chino"
Aproveitando o tirón, rodeado de certo escándalo (para aqueles anos) de artistas transexuais, ou presuntamente transexuais, como Amanda Lear, Bibiana Fernández, máis coñecida como Bibi Andersen, publica en 1980 un tema de clara inspiración no Munich Disco Sound, chamado "Call Me Lady Champagne", de grande éxito en España, e algúns países europeos como Alemaña. O tema foi o comezo dunha efémera carreira musical.
Xa nos anos 80 algúns apuntanse ao estilo italo disco, facendo producións electrónicas de similar factura e pretensións internacionalistas. Dentro deste estilo podemos enmarcar ao xa mencionado Iván, David Lyme, Charlie Danone, Atlanta, os pseudónimos do produtor RT1 tales como DJ Ventura - Mr Backer e Vicio Latino, Steve Clark (nada que ver co membro homónimo da banda de rock Def Leppard), Xalan ou Lenroy. O éxito internacional do "The Night" de Azul y Negro é tamén incluído habitualmente entre os éxitos europeos do italo disco, malia que a súa liña ía máis pola senda do tecno pop. Alaska y los Pegamoides conseguen un grande éxito en España, a principios dos 80, co tema "Bailando" (1981), de clara inspiración no son dos franceses Gibson Brothers, e que posteriormente aproveitando o boom do Acid House volverían gravar editando varias mesturas distintas, dentro dos estilos puramente electrónicos de finais desa década.
Curiosamente, o grupo español que mellor sintetizó o son disco, a Fundación Tony Manero, aparece co revival dos anos 90. Aínda que o seu estilo, excesivamente purista en canto á gravación do son, afástaos dos seus coetáneos estranxeiros como Jamiroquai que o adaptaron á época post-House. O seu éxito foi practicamente local e débese sobre todo á inclusión do tema "Super Sexy Girl" como banda sonora do anuncio, para as televisións en España, do modelo de coche "Space Star" da marca xaponesa Mitsubishi.
Francia
editarFrancia é o outro gran produtor de éxitos disco mundiais, aínda que quizais non sexa totalmente coñecido. De Francia saíron un gran número de producións de corte internacional, en inglés, como os xa mencionados Cerrone, Santa Esmeralda ou Belle Epoque.
Patrick Hernández sería número 1 en medio mundo con "Born To Be Alive", engadindo a curiosidade de que Madonna chegou a estar no corpo de baile que o acompañaron nalgunhas actuacións da súa xira de 1980. Patrick Juvet, con éxitos como "Lady Night" , "I Love America", ou "Got A Feeling". Space co éxito "Magic Fly" (representantes do Space Disco, outra variante electrónica do música disco, próxima o Munich Sound, pero con sabor máis puramente electrónico, próximo a artistas como Jean-Michel Jarre). Voyage e o seu éxito "Souvenirs" (considerado un dos mellores temas do música disco de todos loa tempos), Gibson Brothers, Otawan e unha longa lista de artistas sitúan a Francia como unha das grandes potencias do música disco.
A cantante Sheila, tras ser unha cantante de éxito nos anos 60 converteríase ao música disco coa denominación Sheila B. Devotion, alcanzando fama internacional con éxitos como Spacer. Tamén é de destacar o hit disco da cantante Dalida, outra cantante de pop francés clásico, J’attendrai, que ocupou os nº 1 dos charts, ou "listas de éxitos", en multitude de países, como Canadá ou Xapón. Francia achegou ademais de artistas gran cantidade de produtores de música disco internacional, tanto propios, como afincados, entre os que hai que destacar Jacques Morali ou Alec R. Costandinos.
A achega francesa ao eurodisco (italo disco), vén da man de Desireless e o seu éxito "Voyage Voyage", Bandolero e o seu éxito "París Latino", ou a Princesa Estefanía de Mónaco alias Stephanie co seu éxito "Irresistible".
Italia
editarEn Italia do mesmo xeito que en Francia ou en Alemaña, desenvolveuse música disco con pretensións internacionais. Con todo, o xénero terminou desenvolvendo unha variante especial denominada italo disco a cal evolucionou en parte grazas á música electrónica que tamén lle deu un toque único ao xénero. O Italo-disco terminou sendo un estilo propio, cantado fundamentalmente en inglés, coa música producida completamente por instrumentos electrónicos e secuenciadores, que se identificaba con Italia, sen ter case ningunha conexión coa música popular italiana anterior. Na década dos 70 son exemplo deste estilo o grupo Easy Going, con éxitos como " Fear", Tulio De Piscopo con "Stop Bajon", La Bionda, con éxitos como " One For you, One For Me" ou o disco- electro-pop "Wanna Be Your Lover" que mostra claramente a transición ao italo-disco. Difference con "High Fly" tamén tiveron unha certa repercusión internacional.
"Step By Step" de Koxo é outro claro expoñente italiano, da transición do disco setenteiro máis ortodoxo ao italo disco ochentero electrónico puro.
Nos anos 80 houbo unha infinidade de artistas italo disco, caben destacar Kano, Kasso, Silver Pozzoli, Spagna, P Lion, Miko Mission, Baltimora, Righiera, Camaro's Gang, Dean Harrow, Gary Low, Gazebo, The Twins
Artistas consagrados como Raffaella Carrà incursionaron tamén no música disco con temas de corte desenfadado tamén cantados en castelán: Hay que venir al sur, 0303456, En el amor todo es empezar etc.. Outro cantante italiano que ao pasarse ao música disco conseguiu un único e inesperado éxito internacional foi Pino D'Angiò, que con "Ma Quale Idea", conquistou os primeiros postos de innumerables "charts" internacionais.
Outros países europeos
editarAo músico grego Alexandre Garbis Sarkis Kouyoumdjian, mellor coñecido como Alec R. Costandinos, como D. C. La Rue e con moitos outros pseudónimos, pódeselle considerar, xunto ao tándem Giorgio Moroder - Pete Bellotte, ao produtor francés Jacques Morali ou ao alemán Fran Farian, un dos reis da música disco europea da década de 1970. Fincado en Francia, compuxo e produciu para unha infinidade de artistas e proxectos propios, entre os que se atopan Love and Kisses, Don Ray, Tony Rallo, Cerrone, Paris Connection, Sphinx, Sumeria e Alan Hawkshaw.
Notas
editar- ↑ The-Disco High Hat Pattern Arquivado 16 de maio de 2013 en Wayback Machine.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Música disco |