MEO
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
MEO, anteriormente denominada como PT Comunicações e TMN,[1] é unha empresa portuguesa de comunicacións fixas, móbiles, Internet e xestión de portais de Internet, fundada o 18 de setembro de 2000 polo grupo Portugal Telecom, responsábel da xestión e da marca comercial Meo, da xestión de portais de Internet, como o portal SAPO, e da xestión comercial da marca PT Empresas, para o segmento de PEME, grandes empresas e gobernamental.
MEO | |
---|---|
Sede de Portugal Telecom en Lisboa. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 22 de marzo de 1991 |
Localización | Lisboa, Portugal |
Industria | Telecomunicacións |
Produtos | Telefonía móbil, servizos de Internet |
Na rede | |
https://www.meo.pt/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
En novembro de 2011 MEO alcanzou un millón de persoas suscriptoras.[2] En xaneiro de 2014 a marca MEO substituíu TMN na operación de servizos móbiles.
Historia
editarMEO ten os seus comezos previamente coa empresa Telecomunicações Móveis Nacionais (TMN), constituída o 22 de marzo de 1991 como un operador de comunicacións móbiles do grupo Portugal Telecom.
Foi a primeira empresa do mercado portugués en contar cunha rede analoxica e, máis tarde, cunha rede dixital GSM. O 21 de abril de 2004 instala as primeiras redes de terceira xeración de móbiles coa tecnoloxía UMTS. Tamén conta cunha licenza para a prestación do servizo fixo de teléfono por acceso indirecto (que utiliza as redes da PT Comunicações e o prefixo 1096), que é actualmente comercializado como Fix Empresas.[3]
O seu número de clientes leva crecendo velozmente a partir do ano 1997 e conta na actualidade con máis de 5,7 millóns de clientes no segmento móbil, polo que é unha das maiores neste segmento. [Cómpre referencia]
Debido ao aumento gradual do número de clientes, dispón hoxe en día de varias numeracións de teléfono cos prefixos 96 e 92.
Esta empresa foi a primeira operadora do mundo a introducir o concepto de tarxetas prepagamento, é dicir, pagar as comunicacións antes de que estas se fagan.[Cómpre referencia] O saldo vaise esgotando á medida en que as comunicacións se van facendo (voz, SMS, MMS, UMTS, etc.).
En xaneiro de 2014 anunciouse nos xornais que a Portugal Telecom acabaría coa marca TMN. A operadora substituíu a marca móbil pola marca de televisión, Internet e teléfono MEO [4].A TMN cambiou a súa denominación social a MEO. Serviços de Comunicações e Multimédia, S.A.
Así a nova MEO. Serviços de Comunicações e Multimédia pasa a ser a nova marca comercial e servizos MEO.[Cómpre referencia]
En xaneiro de 2015, a PT Portugal une a PT Comunicações coa MEO. Serviços de Comunicações e Multimédia.[Cómpre referencia]
MEO (TMN) foi un dos dous primeiros operadores portugueses, xunto con Optimus, en lanzar a rede de telecomunicacións de Internet rápido 4G en Portugal, tendo así a mellor rede 4G en todo o Portugal.[Cómpre referencia]
UZO
editarPortugal Telecom creou UZO, un operador móbil virtual en busca da simplicidade, que opera baixo a rede da compañía. Investiron máis de 5 millóns de euros no seu lanzamento. Ofrece tarifas máis competitivas ás compañías convencionais portuguesas (incluídas as tarifas da propia MEO), pero as mesmas compañías con rede propia, NOS e Vodafone Portugal, contan á súa vez con OMV propias.[Cómpre referencia]
Moche
editarPortugal Telecom creou outra OMV chamada Moche, unha operadora móbil virtual para a xente nova, que opera baixo a rede da compañía.[Cómpre referencia]
Notas
editar- ↑ "PT substituíu a marca TMN por MEO". Expresso (en portugués). 27 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Meo alcançou 1 milhão de subscitores". Jornal de Notícias (en portugués). 14 de novembro de 2011.
- ↑ FixEmpresas http://www.tmn.pt/portal/site/negocios/menuitem.f98cdba8f5f4c38d607d8f6e851056a0/?vgnextoid=068d599e78593110VgnVCM1000005401650aRCRD&vgnextchannel=5f478b7a6bb03110VgnVCM1000005401650aRCRD&vgnextfmt=default7 Arquivado 15 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ "Portugal Telecom anuncia fim da TMN na segunda feira". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2014. Consultado o 01 de xuño de 2015.