Madison, Wisconsin
Madison é unha cidade dos Estados Unidos, capital do estado de Wisconsin e do condado de Dane. Madison é tamén o fogar da University of Wisconsin-Madison. Segundo o censo de 2005 Madison tiña unha poboación de 221.551 habitantes, sendo a segunda cidade máis grande de Wisconsin, despois de Milwaukee, e a 77 máis grande dos Estados Unidos. A poboación da área metropolitana supera os 400.000 habitantes.
Madison (en) | |||||
Epónimo | James Madison | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Wisconsin | ||||
County of Wisconsin (en) | Condado de Dane (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 269.840 (2020) (1.106,67 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 111.832 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Madison metropolitan area (en) (Poboación:680.796) | ||||
Superficie | 243,830589 km² | ||||
Auga | 18,3372 % (1 de abril de 2010) | ||||
Bañado por | Lake Monona (en) , Lake Mendota (en) e Lake Wingra (en) | ||||
Altitude | 287 m-266,1 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1836 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Madison, Wisconsin (en) | Satya Rhodes-Conway (pt) (2019–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 53701–53794, 53701, 53705, 53707, 53712, 53716, 53719, 53720, 53722, 53726, 53728, 53730, 53734, 53737, 53739, 53740, 53743, 53746, 53748, 53750, 53756, 53761, 53764, 53766, 53768, 53771, 53774, 53778, 53780, 53783, 53787, 53790 e 53793 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 608 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | cityofmadison.com | ||||
Madison está localizada no centro do condado de Dane County, ao sur do estado de Wisconsin, a 77 millas ao leste de Milwaukee e a 122 millas ao noroeste de Chicago, no estado veciño de Illinois. A cidade é a miúdo descrita como a cidade dos catro lagos, debido aos catro lagos do río Yahara: Mendota, Monona, Waubesa e Kegonsa, a pesar que os dous últimos non están realmente en Madison, pero si nas súas proximidades, ao sur da cidade.
Historia
editarA orixe de Madison remóntase ao ano 1829, cando o antigo xuíz federal James Duane Doty mercou ao redor dun milleiro de acres (4 km²) de pantano e bosque no istmo entre os lagos Mendota e Monona, coa intención de construír unha cidade na rexión dos Catro Lagos. Cando se creou o Territorio de Wisconsin en 1836 a lexislatura territorial celebrouse en Belmont, Wisconsin. Unha das tarefas da lexislatura foi seleccionar unha localización permanente para a capital do territorio. Doty premeu agresivamente para que Madison fose a nova capital. Doty chamoulle á cidade Madison por James Madison, o cuarto presidente dos Estados Unidos, que morrera o 28 de xuño de 1836, e bautizou as rúas cos outros 38 asinantes da Constitución estadounidense. Aínda que a cidade existía só sobre o papel, a lexislatura territorial votou o 28 de novembro a favor de Madison como a súa capital, en gran parte debido á súa localización a medio camiño entre ás novas e prósperas cidades ao redor de Milwaukee no leste, e o posto estratéxico de Prairie du Chien no oeste, e entre as rexións mineiras densamente poboadas do suroeste e a cidade máis vella de Wisconsin, Green Bay, no nordeste.
Creación e expansión
editarA primeira pedra para o capitolio de Wisconsin foi colocada en 1837, e a lexislatura reuniuse alí por vez primeira en 1938. O 9 de outubro de 1839, Kintzing Prichett rexistrou o plano de Madison na oficina do rexistrador do condado de Dane. Madison foi incorporada como pobo en 1846, cunha poboación de 626 habitantes. Cando Wisconsin converteuse nun estado en 1848, Madison quedou como a súa capital, e o ano seguinte converteuse no fogar da Universidade de Wisconsin (agora Universidade de Wisconsin–Madison). A Milwaukee & Mississippi Railroad (unha antecesora da Milwaukee Road) conectouse a Madison en 1854. Madison incorporouse como cidade en 1856, cunha poboación de 6.863 habitantes, quedando a parte non incorporada como o separado Town of Madison. O capitolio orixinal foi substituído en 1863, e o segundo ardeu en 1904. O capitolio actual foi construído entre 1906 e 1917.
Durante a guerra civil estadounidense, Madison foi a base do Exército da Unión en Wisconsin. A intersección de Milwaukee, East Washington, Winnebago e North Streets é coñecida como Union Corners, debido a que unha taberna situada alí era a derradeira parada para os soldados da Unión antes de lanzarse ao combate contra os confederados. Camp Randall, no lado oeste de Madison, foi construído e usado como campo de adestramento, hospital militar e campo de prisioneiros para soldados confederados capturados. Tras o fin da guerra, o lugar onde se situaba Camp Randall pasou a formar parte da Universidade de Wisconsin e alí foi construído o Camp Randall Stadium en 1917. No ano 2004 o derradeiro vestixio de adestramento militar activo no lugar foi eliminado, cando a renovación do estadio eliminou un campo de tiro usado polo Reserve Officers' Training Corps.
A cidade de Madison continuou anexionando partes de Town of Madison case dende a data de incorporación da mesma, deixando a este último como unha colección de áreas descontinuas. Debido á controversia continua e nun esforzo na lexislatura estatal de eliminar o pobo, acadouse un acordo no ano 2003 para a incorporación das partes restantes de Town of Madison e da cidade de Fitchburg o 30 de outubro do 2022.
Xeografía e clima
editarMadison está localizada no centro do condado de Dane, no centro-sur de Wisconsin, a 124 km ao leste de Milwaukee e 196 km ao noroeste de Chicago. A cidade rodea completamente o pequeno Town of Madison, a cidade de Monona, e as vilas de Maple Bluff e Shorewood Hills. Madison comparte límites co seu maior suburbio, Sun Prairie, e outras tres comunidades, Middleton, McFarland e Fitchburg. Os límites da cidade tamén se aproximan ás vilas de Verona, Cottage Grove, DeForest e Waunakee.
Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade ten unha área total de 243,54 km², dos cales 198,89 km² son terra e 44,65 km² auga.
A cidade é ás veces descrita como "A cidade dos catro lagos", abarcando os catro lagos sucesivos do río Yahara: lago Mendota ("cuarto lago"), lago Monona ("terceiro lago"), lago Waubesa ("segundo lagoe")e lago Kegonsa ("primeiro lago"), aínda que o Waubesa e o Kegonsa non están realmente en Madison, pero xusto ao sur da cidade. Un pequeno quinto lago, o lago Wingra, atópase tamén dentro da cidade; está conectado ao río Yahara polo arroio Wingra. O Yahara flúe cara ao río Rock, que á súa vez desemboca no río Mississippi. O centro de Madison atópase nun itsmo entre os lagos Mendota e Monona.
Madison, ao igual que o resto do estado, ten un húmido clima continental, caracerizado por patróns climáticos variables e unha gran variación estacional das temperaturas: en inverno poden estar moi por debaixo dos cero graos, con nevadas moderadas e ocasionalmente fortes; as temperaturas no verán atópane nunha media de 27–28 °C, acadando os 32,2 °C de media 12 días ao ano, acotío acompañadas por altos niveis de humidade. Os meses máis quentes adoitan a ser os de maiores precipitacións.
Parámetros climáticos promedio de Madison | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
Temperatura máxima media (°C) | -3 | 1 | 5 | 14 | 21 | 26 | 28 | 27 | 22 | 16 | 6 | 0 | |
Temperatura mínima media (°C) | -13 | -11 | -5 | 1 | 7 | 12 | 15 | 13 | 9 | 3 | -2 | -10 | |
Precipitacións (cm) | 2 | 2 | 5 | 7 | 7 | 9 | 11 | 9 | 7 | 5 | 5 | 4 | |
Fuente: Weatherbase |
Economía
editarO goberno do estado de Wisconsin e a universidade de Wisconsin-Madison seguen sendo as dúas principais empresas de Madison. Porén, hoxe en día a economía de Madison está pasando dunha economía baseada no goberno a unha baseada no servizo ao consumidor e na alta tecnoloxía, particularmente na saúde, na biotecnoloxía e na publicidade. A revista Forbes informou en 2004 que Madison ten a maior porcentaxe de persoas tituladas e doutoradas dos Estados Unidos. En 2006, na mesma revista aparece Madison como número 31 nas principais áreas metropolitanas dos "200 mellores lugares para negocios e carreiras". Madison tamén se mencionou en Forbes como unha das dez mellores cidades varias veces na última década. En 2009, Madison tiña unha taxa de desemprego do 3,5% e situouse no número un na lista de "dez cidades para o crecemento do emprego".
Educación
editarSegundo a revista Forbes, Madison ocupa o segundo lugar na nación en educación. O Distrito Escolar Metropolitano de Madison serve á cidade e ós seus arredores. Cunha matrícula de aproximadamente 25.000 estudantes en 46 escolas, é o segundo distrito escolar máis grande en Wisconsin detrás do Distrito Escolar de Milwaukee.
Lecer
editarA vía pública céntrica principal é State Street, que conecta o campus da Universidade de Wisconsin con Capitol Square, e é bordeada con restaurantes, cafetarías de expresos e tendas. Soamente peóns, autobuses, vehículos de emerxencia, taxis, vehículos de entrega e bicicletas son permitidos en State Street.
En mañás de sábado no verán, o Mercado dos Granxeiros do Condado Dane ten lugar ao redor de Capitol Square. Este mercado atrae numerosos vendedores que venden produtos novos, carne, queixo, e outros produtos. En tardes de mércores, a Orquestra de Cámara de Wisconsin realiza concertos no céspede desta praza.
O segundo sábado de agosto celébrase unha festa na honra a cervexa artesanal do Medio Oeste. As entradas para este acontecemento son altamente codiciadas e esgótanse nunha hora de saír á venda no mes de maio.
Madison Rhythm and Booms é unha celebración masiva de fogos artificiais coordinados con música,comezando comeza cun sobrevoo de avións F-16, é un dos maiores espectáculos de fogos do Medio Oeste.
Durante os meses de inverno, os entusiastas do deporte gustan da navegación deportiva de xeo, patinaxe de xeo, hóquei sobre xeo, pesca de xeo, esquí de país cruzado, e snowkiting. Durante o resto do ano, o lecer exterior inclúe náutica nos lagos locais, andar en bicicleta, e camiñar.
Madison foi nomeada a cidade universitaria número un en deportes e tamén a cidade máis sa de América. Moitas rúas esenciais en Madison presentan camiños de bicicletas e a cidade ten un dos sistemas de pista de bicicletas máis extensos da nación.
Transportes
editarMadison é servido polo Aeroporto Dane County Regional, que rexistra máis de 100 voos comerciais medios nun día, e case 1.6 millóns de pasaxeiros anualmente.O metro de Madison fai funcionar rutas de autobuses por toda a cidade e incluso por algunhas cidades dos aredores. Madison ten catro compañías de taxis e varias compañías proporcionan tránsito especializado a persoas descapacitadas.
Deportes
editarAlgúns dos equipos actuais máis destacados nos distintos deportes en Madison son os seguintes:
Club | Liga | Deporte | Estadio | Consolidado | Títulos |
---|---|---|---|---|---|
Madison Mustangs | IFL | Fútbol americano | Brentbach Stadium | 1997 | 4 Ironbowls consecutivas |
Madison Mallards | NL | Béisbol | Warner Park | 2001 | 1 título |
Madison 56ers | NPSL | Fútbol | Breese Stevens Field | 2005 | 0 títulos |
Wisconsin Rugby Club | WRFU | Rugby | Wisconsin Rugby Club Sports Complex | 1962 | 1 título |
Madison Minotaurs | WRFU | Rugby | Yahara Rugby Field | 2007 | 0 Copas Bingham |
Wisconsin Badgers | Big Ten, NCAA Div.1 | 23 Varsity Teams | Camp Randall Stadium, Kohl Center | 1849 | 27 títulos |
Edgewood Eagles | NAC, NCAA Div.3 | 16 varsity teams | Edgedome | 1974 | 35 títulos |
Madison College Wolfpack | N4C, NJCAA Div.3 | 8 varsity teams | Redsten Gymnasium, Roberts Field | 1912 | 21 títulos |
Mad Rollin' Dolls | WFTDA | Roller derby | Alliant Energy Center | 2005 | 0 títulos |
Madison Blues | GLHL | Hóckey | Capitol Ice Arena | 2010 | 0 títulos |
Hurling Club of Madison | NAGAA | Hurling | Madison Memorial High School & Madison Rugy Club Fields | 2007 | 0 títulos |
Cidades irmandadas
editar- Ainaro en East Timor, dende 2001
- Arcatao en O Salvador
- Cuzco no Perú
- Camagüey en Cuba, dende 1988
- Friburgo en Alemaña, dende 1986
- Managua en Nicaragua, dende 1987
- Mantua en Italia, dende 2001
- Obihiro no Xapón, dende 2006
- Goiânia no Brasil, dende 1983
- Vilnius en Lituania, dende 1989
- Tepatitlan de Morelos en México
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Madison, Wisconsin |