Maison Carrée
A Maison Carrée é un templo romano, un dos templos antigos mellor conservados, que se encontra sito en Nîmes (a antiga Nemausus), na Occitania, país de Francia meridional.
Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Nemausus | |||
Localización | ||||
División administrativa | Nîmes, Francia | |||
Localización | place de la Maison Carrée | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Dimensións | 14 () × 28 () m | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | 2023 (45ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iv) | |||
Identificador | 1569 | |||
Monumento histórico clasificado | ||||
Data | 1840 | |||
Identificador | PA00103125 | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
2006-2010 | limpeza | |||
transformación | ||||
transformación | ||||
Actividade | ||||
Fundador | Marco Vipsanio Agripa | |||
Propietario | Cidade de Nîmes | |||
Sitio web | maisoncarree.eu… | |||
Foi construído entre o 19 e o 16 a.C. por Marco Vipsanio Agripa, aínda que hai autores que o datan concretametne entre o 2 e o 5 da nosa era[1].Foi dedicado aos fillos do mesmo Agripa e de Xulia, filla de Augusto: Gaio e Lucio César, mortos ambos aínda novos. O texto da inscrición dedicada foi reconstruído polo erudito local Jean-François Séguier, en 1758, a partir dos furados deixados polas letras de bronce orixinais; dicía : "A Gaio César, fillo de Augusto, cónsul; a Lucio César, fillo de Augusto, cónsul designado; príncipes da mocidade".
O templo debe o seu óptimo estado de conservación ao feito de haber sido reutilizado como igrexa cristiá no século IV. Pasou por varios usos durante toda a súa historia o que comportou grandes transformacións: foi sede de diversas institucións públicas cidadás; de novo, en 1691, os monxes agostiños reciben a Maison como doazón, e instalan a súa igrexa; foi mesmo corte de gando durante a Revolución francesa; finalmente, de 1819 a 1825, foi restaurada para se converter, desde 1823, nun museo que, hoxe en día, alberga exposicións temporais[2].
O seu nome en francés, é adoptado no século XVI, e significa literalmente "Casa cadrada", debido a que, no francés arcaico, empregábase o termo carré co significado de "cuadrangular", é dicir con aspecto de "rectángulo", con clara alusión á planta do edificio[1].
Características
editarPese ás súas dimensións (mide 13,54 metros de largo e 26,42 metros de longo e 17 m de alto), este pequeno templo romano, alzado sobre un elevado podio, de 2,85 m de altura, dominaba a zona sur do foro, corazón económico e administrativo da antiga Nemausus.
É un templo pseudoperíptero hexástilo, con pronao particularmente profundo (cerca dun terzo da lonxitude total da edificación). Presenta seis columnas na fachada (de aí hexástilo) e tres columnas libres nos lados, que continúan con oito semicolumnas laterais e na traseira da cella. Un pórtico, do que aínda se poden observar as bases das columnas, arrodeaba a Maison Carrée, estendíase cara ao Norte e marcaba o lugar do foro nemausiano. Accedíase ao podio por unha escalinata de 15 chanzos, reconstruída con algúns restos antigos conservados. No fronstipicio figuraba unha antiga inscrición reconstruída en 1835 (ver arriba).
A súa arquitectura estaba inspirada na do templo de Apolo en Roma, como o testemuñan as súas dimensións, con manifesta influencia grega. Sostense sobre columnas, con fuste acanalado e capiteis corintios, con cornixa, apoiada sobre ménsulas, que abriga un friso historiado en tres dos lados.
No interior a cella está revestida con letras de mármore.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Jullian, Raphäel (2013). Histoires insolites des monuments français. City Editions. ISBN 9782824601250.
- ↑ Fiches, Jean-Luc; Veyrac, Alain (1996). Carte Archéologique de la Gaule-Nîmes. Academie des Inscriptions et Belles-Lettres, Ministère de Culture. pp. 112–113. ISBN 2-87754-047-2.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Maison Carrée |