Malakula ou Malekula é a segunda illa máis grande da nación de Vanuatu, no océano Pacífico na Melanesia. Hai unha lenda urbana que di que o seu nome, acuñado por James Cook, ao parecer procede do francés mal à cul (literalmente, dor no cu) foi inspirado pola presenza de caníbales, a actividade volcánica e outros desagradables características da illa no momento do seu descubrimento. O capitán Cook, con todo, rexistra que os habitantes chaman a illa Mallicollo e a etimoloxía "dor no cu" é probablemente unha derivación dos mariñeiros do nome orixinal.

Modelo:Xeografía físicaMalakula
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deNew Hebrides (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaVanuatu Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaMalampa, Vanuatu Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 16°30′S 167°50′L / -16.5, 167.83
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude879 m Editar o valor en Wikidata
Superficie2.041 km² Editar o valor en Wikidata

Situación

editar

Está separada da Illa Espírito Santo e de Malo polo Estreito de Bougainville. Lakatoro, a capital da provincia de Malampa, está situada na costa oriental e é o asentamento máis grande da illa. No lado nordeste da illa hai un grupo de illas chamadas Illas Pequenas, entre elas (de N a S) Vao, Atchin, Wala, Rano, Norsup, Uripiv e Uri.

Ten unha elevación máxima de 879 m. o monte Liambele.[1] En 1768, Louis Antoine de Bougainville deu o seu nome ao estreito que separa Malakula de Santo.

Historia

editar

Descuberto pola expedición española de Pedro Fernandes de Queirós en 1606.[2].

Durante 1914 e 1915 os antropólogo británico John Layard viviu na illa tomando notas antropolóxicas, así como rexistros fonográficos e fotográficos durante a súa campaña. Ao seu regreso a Gran Bretaña doou exemplares das placas das máis de 400 fotografías ó Museo de Arqueoloxía e Antropoloxía da Universidade de Cambridge.

Demografía

editar

Segundo o último censo do 2000, Malakula ten unha poboación de máis de 30.000 habitantes. Está separada das illas de Espírito Santo e Malo polo Estreito de Bougainville. Lakatoro, capital da provincia de Malampa, está situada na súa costa oriental e é o asentamento máis grande na illa.

Hai preto de trinta diferentes idiomas que se falan na illa de Malakula.[3] Viven dúas tribos os gran Nambas e os pequenos Nambas na parte central da zona sur, os nomes derivan do tamaño da funda do pene que levan, feita de follas de plátano ou pandanus.[4]

Tiñan, ata hai pouco, a cultura de apertar os cranios dos bebés para alterar a forma da cabeza. As cabezas en forma de cono dise que son un signo dun maior status social.

Economía

editar
 
Malakula máscaras funerarias

A economía de Malakula baséase principalmente na agricultura, con extensas plantacións de copra nas chairas costeiras do leste ao redor de Norsup e Lakatoro. En 1939, estableceuse unha cooperativa de copra en Matanvat no norte de Malakula. En pouco tempo, tomou algúns dos trazos do culto de carga, ata 1950, tras o cal regresou ao seu propósito orixinal, a produción de copra. Hoxe en día, a plantación produtora de copra máis grande de Vanuatu está situada en Norsup.

Infraestrutura

editar

Lakatoro ten varias tendas, un supermercado, unha sucursal do banco nacional de Vanuatu, unha oficina de Air Vanuatu, o peirao principal e é o centro administrativo da provincia de Malampa (Malekula, Ambrym, Paama). Norsup ten o hospital provincial. Tanto Norsup como Lakatoro teñen teléfonos e electricidade as 24 horas.

Turismo

editar

O interior de Malekula é montañoso, accidentado e cuberto por bosques con boas sendas e observación de aves. Hai antigos lugares caníbales escondidos na selva no norte Malekula, pero moitos dos ósos e cranios elimináronse ou enterráronse. Os Maskelynes e as pequenas illas costeiras ao longo da costa leste de Malekula teñen praias de area e os arrecifes de coral son bos para o mergullo.

Transporte

editar

Transporte aéreo

editar

Hai aeroportos en Malekula en Norsup, Lamap e na Baía Suroeste. Norsup ten unha superficie de asfalto. Air Vanuatu voa a Malekula todos os días da semana.

Transporte por estrada

editar

Lakatoro é o centro de transporte por estrada de Malekula. O mellor lugar para atopar camións está no centro do comercio de Lak.

Ten unha altitude máxima de 879 m.

  1. "Malekula, Vanuatu – island travel, accommodation, culture, reefs, beaches, rivers, forests". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2021. Consultado o 05 de xullo de 2013. 
  2. Rienzi, M.L. Historia de la Oceanía, o quinta parte del mundo Barcelona, 1845-1846, vol IV, p.107
  3. "Languages of Malakula". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2010. Consultado o 08 de decembro de 2010. 
  4. "Malakula island of Vanuatu". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2012. Consultado o 05 de xullo de 2013. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Done 1
orte 9
Todos 1