Mandioca
Mandioca | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Manihot esculenta | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Manihot esculenta' Crantz |
A mandioca[1] (Manihot esculenta), ás veces tamén chamada iuca (cómpre non confundir co xénero Yucca sp), é unha planta tropical euforbiácea (da familia Euphorbiaceae), arbustiva ou arbórea, de até 3 m de altura. Ten raíces tuberosas, follas grandes moi divididas, flores amarelas en acio e froito en cápsula alada.
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 160 kcal (670 kJ) |
38.1 g | |
Azucres | 1.7 g |
Fibra alimentaria | 1.8 g |
0.3 g | |
1.4 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Tiamina (B1) | 8% 0.087 mg |
Riboflavina (B2) | 4% 0.048 mg |
Niacina (B3) | 6% 0.854 mg |
Vitamina B6 | 7% 0.088 mg |
Ácido fólico (B9) | 7% 27 μg |
Vitamina C | 25% 20.6 mg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 2% 16 mg |
Ferro | 2% 0.27 mg |
Magnesio | 6% 21 mg |
Fósforo | 4% 27 mg |
Potasio | 6% 271 mg |
Sodio | 1% 14 mg |
Cinc | 4% 0.34 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 60 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. |
A raíz posúe unha fécula alimentaria, velenosa acabada de extraer, mais comestíbel a xeito de tapioca, obtida despois de someter a fécula verde a unha lixeira cocedura[2]. A tapioca é un alimento rico en glícidos como o amidón[3].
Descrición
editarÉ un arbusto perennifolio, monoico, con raíces tuberosas engrosadas, fusiformes e fibrosas. As follas son alternas, palmadas e estipuladas.
Usos
editarCultívase coma alimento básico en moitos países tropicais. A mandioca é a terceira fonte de glícidos da humanidade.[4][5] A mandioca clasifícase como "doce" ou "amarga" dependendo do nivel da substancia tóxica (glicósidos cianoxénicos) que contén. Unha preparación pouco coidadosa da mandioca causa unha doenza chamada konzo. No entanto os agricultores prefiren cultivar variedades "amargas" xa que son máis resistentes ás pragas.[6]
A raizame da mandioca ten de 5 a 10 cm de diámetro e chega até os 50 a 80 cm de longo. O interior da raíz pode ser branco ou amarelento. É rica en amidón, calcio , fósforo e vitamina C (25 mg/100 g) porén pobre en proteínas e outros nutrientes.
Notas
editar- ↑ Nome vulgar galego en Diccionario Cumio da lingua galega Vigo, Edicións do Cumio, 1999
- ↑ Nome e definición en Diccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002
- ↑ "Euphorbiaceae Juss.". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2013. Consultado o 23 de decembro de 2013.
- ↑ Phillips, T. P. (1983). An overview of cassava consumption and production. In Cassava Toxicity and Thyroid; Proceedings of a Workshop, Ottawa, 1982 (International Development Research Centre Monograph 207e). pp. 83-88 [F. Delange and R. Ahluwalia. editors]. Ottawa. Canada: International Development Research Centre.
- ↑ Claude Fauquet and Denis Fargette, (1990) "African Cassava Mosaic Virus: Etiology, Epidemiology, and Control" Plant Disease Vol. 74(6): 404-11.
- ↑ Linley Chiwona-Karltun, Chrissie Katundu, James Ngoma, Felistus Chipungu, Jonathan Mkumbira, Sidney Simukoko, Janice Jiggins (2002) Bitter cassava and women: an intriguing response to food security LEISA Magazine, volume 18 Issue 4. Consultado o 21 de decembro de 2019
Ligazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Mandioca |
- "June 2003 cassava market assessment". Food and Agriculture Organization. 2003. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2007. Consultado o 11 de agosto de 2008.
- Linamarin - The Toxic Compound of Cassava (en inglés)
- Cassava - Purdue University Horticulture(en inglés)
- Cassave Research at the International Institute of Tropical Agriculture (IITA)(en inglés)
- Cassava Biz Arquivado 29 de outubro de 2012 en Wayback Machine. - information service provided by the Integrated Cassava Project (ICP) of the International Institute of Tropical Agriculture (IITA), to encourage, promote, and expand agribusiness development in the cassava subsector in Nigeria. (en inglés)
- "Cassava Pests: From Crisis to Control". New Agriculturist Online (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2012. Consultado o 23 de decembro de 2013.
- GE cassava plants that have reduced cyanogens(en inglés)
- GE cassava plants whose roots are over 2.5 times normal size(en inglés)
- The Inoculated Mind - Interview with Dr. Richard Sayre, credited with lowering cyanogen content and engineering giant cassava(en inglés)
- Global Cassava Development Strategy Arquivado 03 de decembro de 2017 en Wayback Machine.(en inglés)
- The Case for Cassava Arquivado 28 de maio de 2010 en Wayback Machine.(en inglés)
- Mayans grew Manioc[Ligazón morta](en inglés)
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mandioca |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mandioca |