Manfred von Richthofen

Manfred Albrecht von Richthofen, nado en Breslau o 2 de maio de 1892 e finado en Vaux-sur-Somme o 21 de abril de 1918, máis coñecido como o Barón Vermello, foi un lendario piloto de cazas alemán da primeira guerra mundial. Foi considerado o ás de áses da guerra porque conseguiu derribar oitenta aeroplanos inimigos.[1]

Modelo:BiografíaManfred von Richthofen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Manfred Albrecht von Richthofen Editar o valor en Wikidata
2 de maio de 1892 Editar o valor en Wikidata
Wrocław (Reich alemán) Editar o valor en Wikidata
Morte21 de abril de 1918 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Vaux-sur-Somme (Francia) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorto en combate, presumiblemente Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSouth Cemetery Wiesbaden (en) Traducir 50°03′37″N 8°15′57″L / 50.060261, 8.265811 Editar o valor en Wikidata
EducaciónRoyal Prussian Main Cadet Institute (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaviador militar, oficial Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1911 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
LealdadeImperio Alemán Editar o valor en Wikidata
Rama militarLuftstreitkräfte (pt) Traducir e Cabalaría Editar o valor en Wikidata
Rango militarRittmeister (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloFreiherr (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisAlbrecht Freiherr von Richthofen Editar o valor en Wikidata  e Kunigunde von Schickfus und Neudorff Editar o valor en Wikidata
IrmánsLothar von Richthofen
Bolko von Richthofen Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0902866 BNE: XX1417937 WikiTree: Richthofen-32 Find a Grave: 4333 Editar o valor en Wikidata
Manfred von Richthofen.
Manfred von Richthofen.

Soldado de cabalaría no inicio da contenda, en 1915 foi destinado ao Servizo Aéreo e converteuse nun dos primeiros membros do escuadrón de cazas Jagdstaffel 2 en 1916. Axiña se distinguiu como piloto de cazas e en 1917 pasou a ser o líder da Jasta 11 e despois da á de cazas Jagdgeschwader 1, máis coñecido como o "Circo voador". Xa en 1918 era un heroe dos alemáns e respectado polos seus inimigos, pois permitía escapar as súas vítimas feridas. A súa unidade foi responsable da derriba de 151 avións británicos, fronte a 66 das propias, durante o mes de abril de 1917.[2] Por iso recibiu a medalla ao mérito.

Os seus avións, o caza biplano Albatros D.II e despois o triplano Fokker Dr.I, permitíanlle unha ampla capacidade de manobra e piruetas. Non obstante, a maioría das súas vitorias conseguiunas nun avión tipo Albatros.

Richthofen foi derribado e morto na mañá do 21 de abril de 1918 no norte de Francia.[3] É un dos pilotos de guerra máis célebres de todos os tempos e tema de moitos libros e filmes.

Traxectoria

editar

Infancia e mocidade

editar

Naceu o 2 de maio de 1892 na capital de Silesia, Breslau (hoxe pertencente a Polonia). De neno trasladouse coa súa familia a Schweidnitz. Era o máis vello de tres irmáns. Membro da familia aristocrática terratenente Richthofen, o pai de Manfred chegara a ocupar un alto cargo no rexemento de Ulanos Nº 12, unha unidade pertencente á poderosa cabalaría prusiana. Manfred e o seu irmán máis novo Lothar quixeron seguir os pasos do seu pai, alistándose novos no exército imperial. Practicou a caza e a equitación e cando completou o seu adestramento como cadete, alistouse nos Ulanos, sendo nomeado tres anos despois tenente do primeiro rexemento.

Primeira guerra mundial

editar
 
Tarxeta postal alemán de 1917 cunha foto de Manfred von Richthofen.

Durante a primeira guerra mundial, von Richthofen pasou da cabalaría (onde gañou a condecoración da Cruz de Ferro) á infantaría, mais nesta modalidade non prosperou, xa que as condicións que se vivían nas trincheiras eran inhumanas e "moi aburridas", segundo as súas palabras. Finalmente atopou o seu lugar alistándose na aviación, onde demostrou unha gran capacidade con esta arma, completamente innovadora para o que ata entón fora a guerra (a produción de avións incrementouse dende os 300, que tiñan todos os adversarios ao principio da contenda, ata os 150 000 ao finalizar).

 
O biplano Albatros D.II, co que o "Barón Vermello" conseguiu a maior parte das súas vitorias.

Non foi quen de salientar na academia de aviadores, aínda que despois demostrou ser moi capaz no combate. No principio só se dedicou a observar e fotografar a fronte oriental, mais o que el quería eran aventuras.

Na Luftstreitkräfte, o seu encontro con outro grande aviador, Oswald Boelcke, foi decisivo para o seu éxito. Boelcke seleccionouno para o escuadrón de caza Jagdsstaffel ou Jasta 2. Xa o seu primeiro combate foi unha vitoria. Sucedeu sobre o ceo de Cambrai o 17 de setembro de 1916. Durante eses primeiros meses destacou pola súa agudeza visual e o seu don innato para afrontar o perigo. Os seus compañeiros dicían que a súa personalidade se transformaba cando asumía os mandos do seu avión.

Durante os vinte meses seguintes, destacou como o mellor ás da aviación alemá durante a primeira guerra mundial. Chegou a superar o número de vitorias de Boelcke: 40, unha marca nese momento. Na súa vitoria número once conseguiu derrubar o biplano do ás británico Lanoe Hawker. En xaneiro de 1917 recibiu a Cruz Pour le Mérite.

Circo voador Jasta 11

editar
 
Réplica do Fokker Dr.I, famoso triplano utilizado por Manfred von Richthofen.

En 1917 conferíuselle o mando do Jasta 11, que posteriormente foi coñecido como o "Circo voador" polas vivaces cores que presentaban os seus catorce avións, os cales, do mesmo xeito que un circo, se trasladaban por ferrocarril ao lugar onde eran requiridos. Gañou o alcume de "Barón Vermello" porque o seu avión estaba pintado de vermello para que os seus rivais o recoñecese; foi unha hábil manobra psicolóxica, pois os seus inimigos temíano moito e admiraban a súa gran destreza guerreira. Chegou a dirixir 58 misións con total éxito, en que derrubou uns oitenta avións, algo que ninguén chegou a superar en ningún bando durante o resto da guerra. En abril sumou el só vinte derribas. Os seus homes insinuaban que o seu líder tiña un comportamento suicida.

Poucos meses despois recibiu o encargo de dirixir a primeira á de caza da historia aérea, a JG 1, integrada polos Jasta 4, 6, 10 e 11. Esta unidade chegou a derrubar 644 avións con só 56 baixas. O seu irmán Lothar alcanzou 40 derribas ao final da guerra nesta unidade, Kurt Wolff, 33 e Karl Allmenroder 30. Todos lograron a Cruz ao Mérito.

Ferido case mortalmente

editar

O 6 de xullo de 1917 recibiu unha bala perdida no cranio que lle provocou unha terrible ferida que lle lesionou o cerebro, mais continuou a voar a pesar de estar claramente incapacitado para soportar as alturas. Comportábase como se fose inmune á morte, non tomando precaucións e mesmo violando as regras fundamentais do voo que escribira no seu manual. Levou vendada a cabeza durante moito tempo. Pouco despois recibiu con alegría un Fokker Dr.I, un triplano que tamén pintou de vermello, e que tiña grande axilidade, aínda que se se mantiña en rumbo fixo durante moitos minutos se convertía en presa fácil.

 
Restos do avión de Richthofen.
Funerais de Manfred von Richthofen.

O 21 de abril de 1918, avións do "Circo voador" atacaron un grupo de avións británicos sobre Vaux-sur-Somme en Francia. Cando Richthofen voou baixo perseguindo un avión inimigo, foi atacado polas metralladoras automáticas australianas dende terra e polo piloto Canadense Arthur Roy Brown.

Segundo as fontes oficiais, foi o capitán canadense Roy Brown o que conseguiu matar o piloto alemán, aínda que investigacións posteriores apuntan a que foi o soldado de infantaría australiano William John "Snowy" Evans o que disparou dende terra a bala calibre 7,70 mm que acabou coa súa vida. A bala entrou polo lado dereito do peito e causoulle feridas nos pulmóns, no fígado, no corazón, na arteria aorta e na vea cava antes de saír. Segundo a opinión dos forenses, apenas contou cun minuto antes de perder a consciencia e só un par deles en morrer. Pouco se sabe sobre o soldado Evans, á parte de que morreu en 1925, e probablemente faleceu sen imaxinar que el podía ser o causante da morte do piloto máis famoso da historia. Roy Brown deixou escrito un libro sobre os seus combates e detallou todo sobre o último voo do Barón.

Foi enterrado con todas as honras militares polos mesmos británicos, que lle renderon tributo. O seu cadaleito, cuberto de flores como ofrenda, foi levado aos ombreiros por seis membros do escuadrón 209. No momento do enterro, soldados australianos presentaron armas e lanzaron tres salvas na súa honra. Na súa lápida, que se atopa no mesmo lugar onde caeu, pódese ler o seu epitafio:

Aquí xace un valente, un nobre adversaio e un verdadeiro home de honor. Que descanse en paz.

Trala súa morte, o mando do Jasta 11 foi asumido por Wilhelm Reinhardt, que morreu nun accidente aéreo en xullo de 1918, sucedéndoo Hermann Göring, un dos áses máis destacados da aviación de caza neses momentos, que obtivo 22 vitorias na guerra.

Richthofen deixou un libro, escrito en 1917, durante a súa convalecencia polo disparo na cabeza, titulado Der rote Kampfflieger ("O avión de combate vermello"), onde afirmaba que combatía na aviación buscando unha consecuencia para a súa vida.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Baker, David. Manfred von Richthofen: The Man and the Aircraft He Flew. McGregor, Minnesota: Voyageur Press, 1991. ISBN 1-871547-06-7.
  • Bodenschatz, Karl. Hunting With Richthofen: Sixteen Months of Battle with J G Freiherr Von Richthofen No. 1. Londres: Grub Street, 1998. ISBN 1-898697-97-3.
  • Burrows, William E. Richthofen: A True History of the Red Baron. Londres: Rupert Hart-Davis, 1970. ISBN 0-15-177172-3.
  • Caamaño, J. Eduardo. El barón rojo. Córdoba: Almuzara, 2014. ISBN 9788416100057
  • English, Dave. The Air Up There: More Great Quotations on Flight. Chicago, Illinois: McGraw-Hill Professional, 2003. ISBN 0-07-141036-8.
  • Franks, Norman; Bailey, Frank W.; Guest, Russell. Above the Lines: The Aces and Fighter Units of the German Air Service, Naval Air Service and Flanders Marine Corps, 1914–1918. Grub Street, 1993. ISBN 0-948817-73-9, ISBN 978-0-948817-73-1.
  • Franks, Norman and Frank W. Bailey. Over the Front: A Complete Record of Fighter Aces and Units of the United States and French Air Services, 1914–1918. Londres: Grub Street, 1992. ISBN 978-0-948817-54-0.
  • Franks, Norman, Hal Giblin and Nigel McCrery. Under the Guns of the Red Baron: Complete Record of Von Richthofen's Victories and Victims. Londres: Grub Street, 2007, First edition 1995. ISBN 1-84067-145-9.
  • Gibbons, Floyd, The Red Knight of Germany: The Story of Baron von Richthofen, German's Great War Bird. Nova York: Doubleday, Page & Company, 1927.
  • Grey, Peter and Owen Thetford. German Aircraft of the First World War. Londres: Putnam, 2nd ed., 1970. ISBN 0-933852-71-1.
  • Guttman, Jon. Pusher Aces of World War 1 (Aircraft of the Aces #88). Oxford, UK: Osprey Publishing Co, 2009. ISBN 978-1-84603-417-6.
  • Kilduff, Peter.The Red Baron: Beyond the Legend. Londres: Cassell, 1994. ISBN 0-304-35207-1.
  • McAllister, Hayden, ed. Flying Stories. Londres: Octopus Books, 1982. ISBN 0706417348.
  • O'Connor, Neal W. The Aviation Awards of the Grand Duchies of Baden and Oldenburg Foundation of Aviation World War I: Aviation Awards of Imperial Germany in World War I and the Men Who Earned Them – Volume VI. Stratford, Connecticut: Flying Machines Press, 1999. ISBN 0-7643-1626-5.
  • Preußen, Kriegsministerium, Geheime Kriegs-Kanzlei. Rangliste der Königlich Preußischen Armee und des XIII. Berlin: Ernst Siegfried Mittler und Sohn, 1914.
  • Robertson, Bruce (ed.) von Richthofen and the Flying Circus. Letchworth, UK: Harleyford, 1958.
  • Robertson, Linda R. The Dream of Civilized Warfare: World War I Flying Aces and the American Imagination. Minneapolis, Minnesota: University of Minnesota Press, 2005. ISBN 978-0-8166-4271-7.
  • Shores, Christopher; Norman Franks; Russell Guest. Above the Trenches: A Complete Record of the Fighter Aces and Units of the British Empire Air Forces 1915–1920. Grub Street, 1990. ISBN 0-948817-19-4, ISBN 978-0-948817-19-9.
  • Von Richthofen, Manfred. The Red Baron. Norderstedt, Germany: BOD, 2008 (reprint). ISBN 978-3-8370-9217-2.
  • Von Richthofen, Manfred. Red Fighter Pilot: The Autobiography of the Red Baron. St Petersburg, Florida: Red and Black Publishers, 2007 (reimpresión). ISBN 978-0-9791813-3-7.
  • Von Richthofen, Manfred. The Red Baron. Tranducido por Peter Kilduff. Garden City, Nova York: Doubleday, 1969.
  • Wright, Nicolas. The Red Baron. Londres: Sidgwick & Jackson, 1976. ISBN 0-283-98298-5.

Ligazóns externas

editar
  NODES
chat 1
todo 5