Manifestación Ciclonudista Mundial
A Manifestación Ciclonudista Mundial é un evento que se celebra anualmente en diferentes cidades de todo o mundo dende o ano 2004. Trátase dunha marcha de grupos de persoas que circulan espidos en bicicleta polas rúas, reclamando a atención dos cidadáns e dos medios de comunicación sobre as problemáticas propias dos ciclousuarios.[1]
Convocatoria
editarA mensaxe que pretende transmitir a Manifestación Ciclonudista Mundial ten cambiado dende o seu comezo ata hoxe. Ao principio tratábase dunha protesta pola dependencia do petróleo e celebrando a individualidade do corpo humano. A partir do 2006 a consigna da convocatoria pasou a ser a promoción do uso da bicicleta. Aínda que a manifestación se nutre da participación de persoas provenientes de círculos nudistas, non está orientada a promover o nudismo directamente. A Manifestación Ciclonudista é concibida como un evento máis lúdico que reivindicativo, moitos dos seus participantes asisten co corpo pintado e adornan as súas bicicletas e os seus corpos para acudiren á marcha.
A Manifestación Ciclonudista Mundial está convocada por organizacións locais, principalmente organizadoras de grupos de Masa Crítica, pero tamén organizacións ciclistas e naturistas. No ano 2010, na súa sétima convocatoria, en España, celebráronse o día 5 de xuño en Valencia, o 12 de xuño na Coruña, Barcelona, Granada, Madrid, Murcia e Valladolid, e o 19 de xuño en Zaragoza.[2]
Notas
editar- ↑ "World naked bike ride" (en (en inglés)). Consultado o 12/06/2010.
- ↑ "Manifestación Ciclonudista Mundial" (en (en castelán)). Arquivado dende o orixinal o 04/04/2004. Consultado o 12/06/2010.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manifestación Ciclonudista Mundial |
Ligazóns externas
editar- http://www.ciclonudista.net Arquivado 04 de abril de 2004 en Wayback Machine. (en castelán)
- http://www.worldnakedbikeride.org (en inglés)
- http://wiki.worldnakedbikeride.org (en inglés)