Manuel Pessanha

futbolista brasileiro

Manuel Pessanha, máis coñecido como Lelé, nado en Campos dos Goytacazes o 23 de febreiro de 1918 e finado en Campinas o 16 de agosto de 2003, foi un futbolista brasileiro. Xogaba de dianteiro e é un dos máximos goleadores da historia do Vasco da Gama, club no que militou na década de 1940.

Modelo:BiografíaManuel Pessanha

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1918 Editar o valor en Wikidata
Barra Mansa, Brasil Editar o valor en Wikidata
Morte16 de agosto de 2003 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaBrasil Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1938–1942 Madureira Esporte Clube
1940–1945 Associação Atlética Ponte Preta
1942–1948 Club de Regatas Vasco da Gama
1948–1949 São Paulo Futebol Clube
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1940–1945   Brasil 4(1)
Participou en
1946Campeonato Sul-Americano de Futebol de 1946 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Nacido en Campos dos Goytacazes, comezou a súa carreira no Americano da súa cidade natal, pasando logo ao Madureira.[1] No equipo carioca, formou xunto con Isaias e Jair Rosa Pinto un trío atacante que foi alcumado Os Tres Patetas, en referencia a un trío cómico famoso nos cines brasileiros. Durante esta época, participou no partido de inauguración do estadio Aniceto Moscoso, onde o Madureira derrotou por 4-2 ao Fluminense, e tamén nunha goleada por 5-1 sobre o Vasco da Gama.[1]

En 1943 os tres foron contratados polo Vasco da Gama, a petición do adestrador Ondino Viera, que comezaba a reformar o cadro de xogadores do club. O equipo daquela época, liderado no ataque por Ademir de Menezes, pasou a ser coñecido co alcume de Expresso da Vitória, e en 1945 gañou o Campionato Carioca, con Lelé como máximo goleador do torneo, con 15 goles.[1][2] Proclamouse campión tamén en 1947,[3] e sumou varios títulos máis en diferentes competicións, como o Campionato Suramericano de Campións de 1948, considerado o precursor da Copa Libertadores.[1][4] Ese mesmo ano deixou o club do Río de Xaneiro, sendo naquel momento o segundo máximo goleador da súa historia, con 147 tantos, e ocupando na actualidade o noveno posto.

Fichou entón polo São Paulo,[5] co que gañou o Campionato Paulista de 1949,[1] e posteriormente xogou no Ponte Preta, ata 1952. Trala súa retirada traballou nas aduanas do Aeroporto de Viracopos.[1] Faleceu en Campinas o 16 de agosto de 2003, aos 85 anos de idade.

Selección brasileira

editar

Foi catro veces internacional coa selección brasileira,[6] a primeira delas nun partido da Copa Roca contra a Arxentina en 1940. En 1944 xogou dous amigables contra o Uruguai,[7][8] para finalmente disputar o seu último encontro internacional en 1945, ante a Arxentina na Copa Roca.

Palmarés

editar
Vasco da Gama
São Paulo
Individual
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Lelé… os “Três Patetas” do Madureira" (en portugués). 13 de maio de 2017. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  2. "Campionato Carioca de 1945". rsssfbrasil.com (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2022. 
  3. "Conheça Lelé, mais um componente da Fábrica de Artilheiros do Vasco" (en portugués). 13 de setembro de 2011. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  4. "La máxima fiesta del fútbol continental". conmebol.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2013. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  5. "Vasco celebra o centenário do nascimento do craque Lelé" (en portugués). 23 de marzo de 2018. Consultado o 5 de maio de 2022. 
  6. "Seleção Brasileira (Brazilian National Team) 1939-1946". rsssfbrasil.com (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2022. 
  7. "Brasil - Uruguai 14/05/1944". Asociación Uruguaia de Fútbol (en castelán). Consultado o 5 de maio de 2022. 
  8. "Brasil - Uruguai 18/05/1944". Asociación Uruguaia de Fútbol (en castelán). Consultado o 5 de maio de 2022. 
  NODES
INTERN 2
todo 1