Manuela Pfrunder
Manuela Pfrunder, nada en Lucerna o 25 de marzo de 1979, é unha deseñadora gráfica suíza coñecida polos seus deseños dos billetes do franco suízo en circulación a partir de 2016.
Retrato de Manuela Pfrunder | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de marzo de 1979. Lucerna. |
País de nacionalidade | Suíza |
Formación profesional | Universidade de Ciencias Aplicadas e Artes de Lucerna. |
Tese académica | La poursuite de la création (2000). |
Q89547790 | Deseño da 9ª serie de billetes do franco suízo. |
Actividade | |
Campo de traballo | Deseño gráfico |
Ocupación | Deseñadora gráfica. |
Membro de | Design Network Switzerland. |
Sitio web | https://www.manuelapfrunder.com/ |
Traxectoria
editarManuela Pfrunder educouse en Eschenbach e logo estudou cinco anos na Universidade de Ciencias Aplicadas e Artes de Lucerna, onde acadou o seu mestrado en Deseño Gráfico en 2000.[1]
A súa tese, titulada La poursuite de la création ("A procura da creación creación"), gañou o premio da Asociación Suíza de Artistas Gráficos en 2000 e o premio Willy Guhl de deseño de comunicación como parte do Premio de Deseño Suíza 2001. Esta tese deu lugar á publicación do libro Neotopia,[1] publicado en 2002 co apoio de UNICEF.[2]
Logo da súa titulación, marchou a Nova York e logo a Bath, no Reino Unido. Tras adquirir experiencia en Zürich e en Londres, creu a súa propia empresa de deseño gáfico en 2003.[1]
Pfrunder é membro da Design Network Switzerland (DNS) y trabaja como diseñadora gráfica autónoma en Zürich desde 2003.[1]
Billetes de banco suízos
editar- Artigo principal: Billetes do franco suízo.
Nun concurso convocado en 2005 polo Banco Nacional Suízo para unha serie de billetes sobre o tema da «Suíza cosmopolita»,[3] Manuela Pfrunder acadou o segundo premio, ex-aequo con Martin Woodtli.[4] En 2007, dado que o seu proxecto resultou ser máis acaído para a súa realización que o dos outros dous gañadores, o Banco Nacional Suízo decidiu utilizar unicamente o proxecto de Manuela Pfrunder para a nova serie de billetes.[1][5]
Inicialmente, a nova serie debía entrar en circulación en 2010, mais finalmente o primeiro billete da serie, o de 50 francos, foi presentado ao público en abril de 2016 e púxose en circulación poucos días despois. Foi elixido o billete máis fermoso de 2016 pola International Banknote Society.[6] Os billetes seguintes entraron en circulación en intervalos de seis meses a un ano.[7] En setembro de 2019, a presentación do derradeir billete de 100 francos marcou o final do seu traballo co Banco Nacional Suízo.[8]
-
10 francos.
-
20 francos.
-
50 francos.
-
100 francos.
-
200 francos.
-
1.000 francos.
Publicacións
editar- (2002). Neotopia. Limmat Verlag. ISBN 978-3857914058
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Revello, S. (2023). "Le nouveau billet de cinquante francs, c’est elle: Manuela Pfrunder". Le Temps, 10 de xuño.
- ↑ "Neotopia. Atlas of equitable distribution of the world". Manuelapfrunder.com
- ↑ Brändle, C. (2014). 100 years of Swiss graphic design. Lars Müller, Zurich. ISBN 978-3-03778-399-3
- ↑ "Competition results". Banque Nationales Suisse (snb.ch).
- ↑ "Competition results". Banque nationale suisse (SNB.ch).
- ↑ "Switzerland Lands 2016 IBNS Bank Note of Year Award". International Bank Note Society (Theibns.org).
- ↑ "Neuvième série de billets de banque (2016)". Banque nationale suisse (SNB.ch).
- ↑ "About the project". Manuelapfrunder.com
- ↑ "Manuela Pfrunder". Numista.com
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuela Pfrunder |