Mar Branco
O mar Branco (en ruso, Бе́лое мо́ре [Biéloye more]); en finés, Vienanmeri) é un extenso golfo do mar de Barents (no océano Glacial Ártico), localizado na costa noroeste de Rusia. Atópase limitado pola península de Kanín ao nordeste, por Carelia ao oeste e pola península de Kola ao norte. Ten unha superficie aproximada duns 95.000 km2. A maioría do ano atópase xeado.
Tipo | mar marxinal Q65178087 mar interior | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | branco | ||||
Parte de | Océano Ártico | ||||
Localización | |||||
País da cunca | Rusia | ||||
División administrativa | Rusia | ||||
| |||||
Bañado por | Mar de Barents | ||||
Composto por | White Sea Throat (en) Golfo de Onega (pt) Golfo de Kandalaksha (pt) Baía de Mezen (pt) Baía do Dvina (pt) | ||||
Características | |||||
Profundidade | 330 m | ||||
Superficie | 90.800 km² | ||||
Sitio Ramsar | |||||
Golfo de Kandalaksha (pt) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | |||||
Medicións | |||||
Volume físico | 4.400 km³ | ||||
O mar Branco ten catro grandes golfos ou baías no seu interior: na parte máis exterior, a baía de Mezén ao leste; no tramo interior as outras tres, a baía de Dviná ao sueste, o golfo de Onega ao sur e o golfo de Kandalakcha ao noroeste. No seu interior hai moitas illas, as maiores e máis importantes son a illa Morzhóvets e as illas Solovetsky, cun conxunto que foi declarado patrimonio da Unesco.
O porto de Arkhánguelsk, no fondo da baía de Dviná, é o porto máis importante do mar Branco e ademais, durante gran parte da historia de Rusia, foi o seu principal centro de comercio marítimo internacional. Na actualidade é unha base naval e de submarinos.
A canle Mar Branco-Báltico conecta o mar Branco co mar Báltico.
Todo o mar Branco son augas territoriais baixo soberanía rusa, bañan as súas augas a República de Carelia, a Óblast de Arkhanguelsk e a Oblast de Múrmansk.
Clima
editarO verán dura desde principios de xuño a finais de agosto, aínda que na parte máis ao norte apenas dura un mes e medio.
A temperatura do mar varía de 0,5 °C a -2 °C en inverno e 12 °C a 15 °C no verán. O xeo aparece en outubro e forma carambos a partir de mediados de novembro. Algúns animais das rexións polares chegan aquí buscando refuxio: focas de Groenlandia, cans de mar e focas comúns.
A fusión do xeo comeza en abril e desaparece en maio. Non obstante, a causa dos ventos do norte, pódense encontrar carambos flotando até finais de xuño. Na primavera, baixo a acción do vento e as correntes cara ao sur, algúns animais son arrastrados nos carambelos de xeo cara ao océano, sendo así cazados polos habitantes das costas.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar Branco |