Maria Schell
Maria Margarethe Anna Schell, nada en Viena (Austria) o 15 de xaneiro de 1926 e finada en Preitenegg (Carintia) o 26 de abril de 2005, foi unha actriz austríaca-suíza, unha das máis destacadas do cinema de Alemaña das décadas de 1950 e 1960.
(1957) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Maria Margarete Anna Schell 15 de xaneiro de 1926 Viena, Austria |
Morte | 26 de abril de 2005 (79 anos) Preitenegg, Austria (pt) |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | Carintia |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema, biógrafa, escritora, actriz de teatro |
Período de actividade | 1942 - 1996 |
Familia | |
Cónxuxe | Veit Relin (1966–1988) Horst Hächler |
Fillos | Marie Theres Kroetz-Relin () Veit Relin |
Pais | Hermann Ferdinand Schell e Margarethe Noé von Nordberg |
Irmáns | Immy Schell Carl Schell Maximilian Schell |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dictionary of Women Worldwide KALLIOPE Austria (en) , (p.107-108) >>>:Maria Schell |
|
Traxectoria
editarSchell naceu na capital austríaca, filla da actriz Margarethe (de solteira Noé von Nordberg; 1905–1995), que dirixía unha escola de interpretación, e Hermann Ferdinand Schell (1900–1972), poeta, novelista e dramaturgo suízo, dono dunha farmacia.[1][2] Os seus pais eran católicos.[2] Era a irmá máis vella do actor Maximilian Schell e dos menos coñecidos actores Carl Schell (1927-2019) e Immaculata "Immy" Schell (1935-1992).
Tralo Anschluss en 1938, a familia mudouse a Zürich. Maria Schell comezou a estudar comercio, mais deseguido entrou no cinema cando coñeceu o actor e director suízo Sigfrit Steiner.
Schell debutou co filme de Steiner de 1942 Steibruch, xunto ao célebre actor suízo Heinrich Gretler, e comezou a recibir clases de interpretación por varios compromisos teatrais. Trala segunda guerra mundial, obtivo o seu primeiro papel protagonista no filme de 1948 Der Engel mit der Posaune, dirixido por Karl Hartl. Protagonizou filmes como The Magic Box, Dr. Holl (1951), So Little Time (1952) ou The Heart of the Matter (1953). As súas interpretacións emotivas valéronlle o alcume de Seelchen ("pequana alma"), que cuñou o seu colega Oskar Werner.
O filme de 1956 Gervaise dirixido por René Clément foi candidato ao Óscar ao mellor filme en lingua estranxeira. Mentres estaba en Hollywood, Schell coñeceu a Yul Brynner, que logrou para ela o papel de Grushenka en The Brothers Karamazov (1958). Schell tamén protagonizou con Gary Cooper A árbore do aforcado (1959), e con Glenn Ford Cimarron (1960). Outros papeis importantes foron en Le notti bianche (1957), Rose Bernd (1957) e Superman (1978). Schell interpretou a nai Maria na secuela de Lilies of the Field titulada Christmas Lilies of the Field.
Os seus últmios anos foron ensombrecidos pola súa mala saúde. Intentou suicidarse en 1991 e sufriu varios infartos. A súa última aparición pública foi na estrea do filme documental do seu irmán Maximilian My Sister Maria (2002); ambos recibiron o premio Bambi polo seu traballo.
Schell viviu recluída nunha aldea remota de Preitenegg, en Carintia, nos Alpes austríacos ata a súa morte por pneumonía aos 79 anos. Tralo seu pasamento, o seu irmán publicou unha declaración que día en parte:
Cara ao final da súa vida, sufriu silenciosamente, e nunca a ouvín queixarse. Admíroa por iso. A súa morte puido ser a súa salvación. Mais non para min. Ela é insubstituíble
Vida persoal
editarSchell casou dúas veces. Primeiro co director de cinema Horst Hächler, do que se divorciou en 1965, e despois co director Veit Relin, do que se divorciou en 1986. A súa filla do segundo matrimonio, a actriz Marie Theres Relin (nada en 1966), casou co dramaturgo bávaro Franz Xaver Kroetz, co que tivo tres fillos. Fixo aparicións nos medio e en Internet como voceira en prol das amas de casa (If Pigs Could Fly. Die Hausfrauenrevolution, 2004).
Schell admitiu que tivo un apaixonado romance con Glenn Ford en 1960 durante a rodaxe do filme Cimarron. O fillo de Ford, Peter, confirmou a historia na súa biografía de 2011 Glenn Ford: A Life.[3] En 1981, Schell regalou a Ford un dachshund cachorro que el chamou Bismarck. O can converteuse no favorito del e unha axuda cando enfermou e se viu encamado. Trala morte do can, el incinerouno e pediu que enterrasen as cinzas con el cando morrese. Así se fixo cando Ford morreu en 2006.[4]
Filmografía
editar- Steibruch (1942) como Meiti / Gretl
- Der Engel mit der Posaune (1948) como Selma Rosner
- Maresi (1948) como Blanka von Steinville - Tochter
- Nach dem Sturm (1948) como Gretel Aichinger
- Die letzte Nacht (1949)
- The Angel with the Trumpet (1950) como Anna Linden
- Es kommt ein Tag (1950) como Madeleine
- Dr. Holl (1951) como Angelika Alberti
- The Magic Box (1951) como Helena Friese-Greene
- So Little Time (1952) como Nicole de Malvines
- Bis wir uns wiedersehn (1952) como Pamela
- Der träumende Mund (1953) como Elisabeth
- Solange Du da bist (1953) como Eva Berger
- Tagebuch einer Verliebten (1953) como Barbara Holzmann
- The Heart of the Matter (1953) como Helen Rolt
- Die Letzte Brücke (1954) as Dr. Helga Reinbeck
- Herr über Leben und Tod (1955) como Barbara Bertram, geb. Hansen
- Napoléon (1955) como María Luísa de Austria
- Die Ratten (1955) como Pauline Karka
- Gervaise (1956) como Gervaise Macquart Coupeau (Copa Volpi á mellor actriz no Festival de Venecia)
- Liebe (1956) como Anna Ballard
- Rose Bernd (1957) como Rose Bernd
- Le Notti Bianche (1957) como Natalia
- The Brothers Karamazov (1958) como Grushenka
- Une vie by Alexandre Astruc (1958) como Jeanne Dandieu
- Der Schinderhannes (1958) como Julchen
- A árbore do aforcado (1959) como Elizabeth Mahler
- Raubfischer in Hellas (1959) como Mana
- Cimarron (1960) como Sabra Cravat
- The Mark (1961) como Ruth Leighton
- Das Riesenrad (1961) como Elisabeth von Hill
- Ich bin auch nur eine Frau (1962) como Lilli König
- Zwei Whisky und ein Sofa (1963) como Beate Dehn
- L'assassin connaît la musique... (1963) como Agnès Duvillard
- Le diable par la queue (1969) como La comtesse Diane
- Der heiße Tod (1969) como Leonie Caroll
- The Bloody Judge (1970) como Mother Rosa
- La Provocation (1970) como Jeanne
- Dans la poussière du soleil (1972) como Gertie Bradford
- Chamsin (1972) como Miriam
- Die Pfarrhauskomödie (1972) como Irma
- The Odessa File (1974) como Frau Miller
- Change (1975) como Mama
- Folies bourgeoises (1976) como Gretel
- Voyage of the Damned (1976) como Mrs. Hauser
- Kojak - Temporada 4, episodio 11: "The Pride and the Princess" (1976) como Sister Lepar Angelica / Princess Viva Dushan
- Derrick (1977-1978) como Luisa van Doom / Erika Rabes
- Superman (1978) como Vond-Ah
- Christmas Lilies of the Field (1979) como Valeska Piontek
- The Martian Chronicles - Temporada 1 (1980) como Anna Lustig
- Inside the Third Reich (1983) como Mrs. Speer
- Král Drozdia Brada (1984) como královna, Michalova matka
- 1919 (1985) como Sophie Rubin
- Die glückliche Familie (1987-1991, serie de televisión) como Maria Behringer
Notas
editar- ↑ Maximillian Schell Film Reference biography
- ↑ 2,0 2,1 Ross, Lillian and Helen. The Player: A Profile of an Art, Simon & Schuster (1961) pp. 231-239
- ↑ Ford, Peter. Glenn Ford: A Life (Wisconsin Film Studies). Madison, Wisconsin: University of Wisconsin Press, 2011. p.193-195 and p.198-199 ISBN 978-0-29928-154-0
- ↑ Ford, Peter. Glenn Ford: A Life (Wisconsin Film Studies). Madison, Wisconsin: University of Wisconsin Press, 2011. p.290 and p.308-309 ISBN 978-0-29928-154-0
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maria Schell |
Bibliografía
editar- Mato Weiland: Maria Schell. Die autorisierte Maria Schell-Story. Massimo-Verlag, Viena 1959 ÖNB Arquivado 13 de maio de 2023 en Wayback Machine.
- Herbert Spaich: Maria Schell – ihre Filme – ihr Leben. [Heyne-Bücher, 32] Heyne-Filmbibliothek, 99, München 1986, ISBN 3-453-86101-9
- Hermann Josef Huber: Heitere Starparade. 300 Anekdoten von Hans Albers bis Maria Schell. Herder Taschenbuch Verl., Freiburg/Br., Basel, Viena 1989 UBS
- Maximilian Schell, Gero von Boehm, Thomas Montasser: Meine Schwester Maria. Europa-Verlag, Hamburgo 2004, ISBN 3-203-82037-4
- Maja Keppler (Red.), Deutsches Filmmuseum [Frankfurt, Main] (Hrsg.): Maria Schell, [eine Ausstellung des deutschen Filmmuseums 31. Januar bis 17. Juni 2007 Frankfurt am Main, Juli bis Oktober 2007 auf dem Schloss Wolfsberg, Kärnten (Österreich)]. Schriftenreihe des Deutschen Filmmuseums: Kinematograph, 22, Frankfurt am Main 2006, ISBN 3-89487-551-8
Ligazóns externas
editar- Obituary: Maria Schell (1926-2005)
- Photographs and literature
- Maria Schell Estate at Deutsches Filminstitut, Frankfurt am Main