Mars Science Laboratory
Mars Science Laboratory ou MSL, tamén coñecido polo nome do róver, Curiosity, é unha sonda espacial da NASA lanzada o 26 de novembro de 2011 mediante un foguete Atlas 5 desde Cabo Cañaveral para estudar Marte.[1][2][3]
Mars Science Laboratory | |
---|---|
Autofoto de Curiosity | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Destino actual | Na superficie de Marte.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 26 de novembro de 2011, 15:02 GMT[1][4][5][6] |
Foguete portador | Atlas 5[1][3] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[1][2] |
Obxectivo da misión | Estudo de Marte.[1][2] |
NSSDC ID | 2011-070A |
Masa | 3839 kg ao lanzamento, 750 kg só o róver[1] |
Características
editarMSL é un róver de exploración marcián enviado para estudar a superficie do planeta vermello e determinar se foi habitabla nalgún momento da súa historia. Os seus obxectivos científicos son:[1][2][3]
- Determinar a natureza e cantidades dos compostos orgánicos na superficie de Marte.
- Buscar a presenza de moléculas esenciais para a vida.
- Identificar trazos na superficie que poidan ser o efecto de procesos biolóxicos.
- Investigar a composición química, isotópica e mineralóxica da superficie marciana e do subsolo inmediato.
- Interpretar os procesos que formaron e modificaron as rocas e o solo marcianos.
- Determinar a evolución da atmosfera marciana en langos períodos de tempo, ata fai 4000 millóns de anos.
- Determinar a situación presente, distribución e ciclos do auga e o dióxido de carbono marcianos.
- Estudar a contorna de radiación que chega á superficie.
O róver ten seis rodas e mide uns 2,8 m de lonxitude, cunha masa de 750 kg. O corpo principal do vehículo está formado pola caixa que contén a electrónica e os procesadores, chamada WEB (Warm Electronics Box). Sobre ela atópase a cuberta de equipamento, co mastro, as cámaras e outro equipamento científico. O róver tamén conta cun brazo robotizado con instrumentación científica. A velocidade máxima do róver é de 4 cm/s e obtén a súa enerxía dun xerador termoeléctrico de radioisótopos (RTG polas súas siglas en inglés) alimentado por plutonio que producía 125 W de potencia ao inicio da misión.[1][2][3]
Perfil da misión
editarMSL foi lanzado dentro dun escudor protector acaroado a unha etapa de cruceiro o 26 de novembro de 2011 ás 15:02 UTC mediante un Atlas V na súa versión 541. Chegou a Marte en agosto de 2012, tras 8 meses de travesía espacial. O 6 de agosto a cápsula con Curiosity no seu interior entrou na atmosfera marciana, protexido por un escudo térmico e facendo unha serie de manobras en S para reducir a súa velocidade. Tres minutos antes da aterraxe a cápsula despregou un paracaídas, usando retrofoguetes na etapa final do descenso. O róver tocou solo ás 5:32 UTC do 6 de agosto de 2012 no cráter Gale. Tras varios días de comprobacións, Curiosity púxose en marcha o 22 de agosto para comezar o seu estudo de Marte.[1][2][3]
Notas
editar- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 NASA (14 de maio de 2020). "Mars Science Laboratory (MSL)" (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Mark Wade (2020). "MSL" (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Mars Science Laboratory (MSL, Curiosity)" (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2020.
- ↑ N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "MSL" (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2020.
- ↑ "Note verbale dated 1 March 2012 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (12-52306(E)). 10 de abril de 2012: 4. Consultado o 24 de setembro de 2020.
- ↑ Claude Lafleur (2020). "Curiosity / MSL" (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mars Science Laboratory |