Martiño Lutero

teólogo e relixioso alemán

Martiño Lutero[1][2], Martín Lutero[3] ou Martin Luther, e inicialmente Martin Luder,[4] nado en Eisleben o 10 de novembro de 1483 e finado no mesmo lugar o 18 de febreiro de 1546, foi un teólogo, filósofo e frade católico agostiño que comezou e impulsou a Reforma protestante en Alemaña e cuxos ensinos inspiraron a doutrina teolóxica e cultural denominada luteranismo.[5]

Modelo:BiografíaMartiño Lutero

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Martin Luther Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Martin Luder Editar o valor en Wikidata
10 de novembro de 1483 Editar o valor en Wikidata
Eisleben (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Morte18 de febreiro de 1546 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Eisleben (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgreja do Castelo de Wittenberg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Profesor universitario
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLutherstadt Wittenberg (1508–)
Erfurt (1501–1508)
Eisenach (1498 (Gregoriano)–1501)
Magdeburgo (1497 (Gregoriano)–1498 (Gregoriano))
Mansfeld (1484 (Gregoriano)–1497 (Gregoriano))
Eisleben (pt) Traducir (–1484 (Gregoriano)) Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica latina e luteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Erfurt (pt) Traducir - Mestrado (1501 (Gregoriano)–1505 (Gregoriano)) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoloxía, filosofía, Reforma Protestante, literatura e tradución Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Mosteiro de Santo Agostinho (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupacióntradutor, escritor, pastor, predicador, Escriba, compositor, sacerdote católico, filósofo, escritor de himnos, teólogo, reformador protestante, catedrático, tradutor da Biblia, avogado, reformator (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversity of Wittenberg (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoRenascimento alemão (pt) Traducir, Reforma Protestante e protestantismo Editar o valor en Wikidata
AlumnosMartin Helwig (pt) Traducir, Jacob Heerbrand (pt) Traducir e Michael Neander (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Orde relixiosaOrde de Santo Agostiño Editar o valor en Wikidata
Participou en
1521Dieta de Worms (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoAndreas Hoffrichter (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeCatarina von Bora (1525–1546) Editar o valor en Wikidata
FillosJohannes Luther, Elisabeth Luther, Madalena Lutero, Martin Luther, Jr., Paulo Lutero, Margaretha Luther Editar o valor en Wikidata
PaisHans Luther Editar o valor en Wikidata  e Margarethe Luther Editar o valor en Wikidata
IrmánsJacob Luther Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1 de outubro de 1529-4 de outubro de 1529Disputa de Marburgo (pt) Traducir
1521-26 de maio de 1521Dieta de Worms (pt) Traducir
1519Debate de Leipzig (pt) Traducir
1518Disputa de Heidelberg (pt) Traducir
1510-1511Martin Luther's trip to Rome (en) Traducir
1507santificação (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Лютер Мартин)
Dictionary of Biblical Criticism and Interpretation (2007 ed.) (en) Traducir, (sec:Luther, Martin (1483-1546))
Allgemeine Deutsche Biographie Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1051447 BNE: XX986784 Spotify: 1VPTZh1NXBaOm90Oq7vaQD Musicbrainz: 5a90e31d-52f3-4966-8ce0-7c3818fccca3 Songkick: 469488 Discogs: 703536 IMSLP: Category:Luther,_Martin WikiTree: Luder-45 Find a Grave: 5894 Editar o valor en Wikidata

Lutero foi ordenado sacerdote en 1507. Chegou a rexeitar varias ensinanzas e prácticas da igrexa católica romana; en particular, cuestionou a opinión sobre as indulxencias. Lutero propuxo un debate académico sobre a práctica e a eficacia das indulxencias nas súas Noventa e cinco tese de 1517. A súa negativa a renunciar a todos os seus escritos a petición do papa León X en 1520 e do emperador Carlos V do Sacro Imperio Romano Xermánico na Dieta de Worms en 1521 deu lugar á súa excomuñón polo papa e a condena como proscrito polo Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.

Lutero ensinou que a salvación e, en consecuencia, a vida eterna non se gañan con boas obras, senón que se reciben unicamente como don gratuíto da graza de Deus a través da fe do crente en Xesucristo como redentor do pecado. A súa teoloxía desafiou a autoridade e o oficio do papa ao ensinar que a Biblia é a única fonte de coñecemento divinamente revelado,[6] e opúxose ao sacerdotalismo ao considerar que todos os cristiáns bautizados gozan dun sacerdocio santo.[7] Os que se identifican con estes ensinos, e con todos os de Lutero en xeral, denomínanse luteranos, aínda que Lutero insistiu en que cristián ou evanxélico (alemán: evangelisch) eran os únicos nomes aceptables para as persoas que profesaban a Cristo.

Lutero exhortaba á Igrexa para regresar aos ensinos orixinais da Biblia,[8] o que produciu unha reestruturación das igrexas cristiás católicas en Europa. A reacción da Igrexa católica ante a Reforma protestante foi a Contrarreforma. As súas contribucións á civilización occidental esténdense máis aló do ámbito relixioso, xa que as súas traducións da Biblia á lingua vernácula alemá (en lugar do latín) fíxoa máis accesible aos laicos, un acontecemento que tivo un tremendo impacto tanto na igrexa como na cultura alemá. Fomentou o desenvolvemento dunha versión estándar da lingua alemá, engadiu varios principios á arte da tradución,[9] e influíu na redacción da tradución ao inglés, da Biblia de Tyndale.[10] Os seus himnos influíron no desenvolvemento do canto nas igrexas protestantes.[11] O seu matrimonio con Catarina de Bora, o 13 de xuño de 1525, iniciou un movemento de apoio ao matrimonio sacerdotal dentro de moitas correntes cristiás.[12][13]

Tres anos antes de morrer, escribiu un tratado de antixudaísmo cristián chamado Von den Jüden und iren Lügen (en galego, Sobre os xudeus e as súas mentiras),[14][15] onde exhortaba ao asasinato de xudeus, a queimar as súas propiedades e sinagogas. A súa retórica non estaba só dirixida aos xudeus, senón tamén aos católicos, anabaptistas e cristiáns non trinitarios.[16] Baseándose nas súas significativas ensinanzas antixudaísta,[17][18][19][20] a opinión predominante entre os historiadores é que a súa retórica contribuíu significativamente ao desenvolvemento do antisemitismo en Alemaña e do Partido Nazi.[21][22][23] Lutero morreu en 1546 coa excomuñón do papa León X aínda en vigor.

É o pai espiritual da Reforma protestante e a súa influencia foi enorme nas doutrinas e cultura da tradición luterana e protestante en xeral. Como monxe agostiño tornouse teólogo e quería alcanzar reformas, vistas como necesarias, sen inicialmente pretender dividir a igrexa.



Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar
 
Retratos de Hans e Margarita Luder, pais de Martín, por Lucas Cranach o Vello (1527).
 
A casa de Lutero, onde viviu entre os 14 e 17 anos mentres asistía a unha escola privada en Eisenach.

Martín Lutero naceu o 10 de novembro de 1483 en Eisleben, Condado de Mansfeld, daquela parte do Sacro Imperio Romano Xermánico. Seus pais foron Hans Luder (ou Ludher, máis tarde Lutero)[24] e a súa esposa Margarethe Siegler (de solteira Lindemann). Lutero foi bautizado á mañá seguinte no día da festa de Santo Martiño de Tours. En 1484, a súa familia trasladouse a Mansfeld, onde o seu pai era arrendador de minas de cobre e fundicións.[25] o que lle permitiu ascender de posición social, converténdose en propietario dunha mina, foi un dos catro representantes dos cidadáns no consello local; en 1492 foi elixido concelleiro.[26][24] Hans Luther era ambicioso para si e para a súa familia, e estaba decidido a ver a Martin, o seu fillo máis vello, converterse en avogado. Enviou a Martin a escolas latinas en Mansfeld, logo a Magdeburgo en 1497, onde asistiu a unha escola dirixida por un grupo laico chamado Irmáns da Vida Común, e a Eisenach en 1498.[27] As tres escolas centrábanse no chamado "trivium": gramática, retórica e lóxica. Lutero máis tarde comparou a súa educación alí co purgatorio e o inferno.[28] O erudito relixioso Martin Marty describe á nai de Lutero como unha muller traballadora de "clase comerciante e recursos medios", contrariamente aos inimigos de Lutero, que a tachaban de prostituta e asistente de baño.[24]

Martiño tivo varios irmáns e irmás e sábese que estivo moi unido a un deles, Jacob.[29]

En 1501, aos 17 anos, ingresou na Universidade de Erfurt, que máis tarde describiu como unha cervexaría e un prostíbulo.[30] Obrigábano a levantarse ás catro da mañá para o que describiu como "un día de aprendizaxe memorística e exercicios espirituais a miúdo esgotadores".[30] Obtivo o seu máster en 1505.[31]

 
Aloxamento de Luther en Wittenberg
 
Antigo dormitorio dos monxes do Mosteiro de Santo Agostiño, Erfurt

De acordo cos desexos do seu pai, matriculouse en dereito pero abandonou case inmediatamente, crendo que a lei representaba incerteza.[31] Lutero buscou garantías sobre a vida e foi atraído pola teoloxía e a filosofía, expresando especial interese en Aristóteles, William de Ockham e Gabriel Biel.[31] Estivo profundamente influenciado por dous titores, Bartholomäus Arnoldi von Usingen e Jodocus Trutfetter, que lle ensinaron a desconfiar ata dos máis grandes pensadores.[31] e a probar todo el mesmo coa súa propia experiencia.[32]

A filosofía resultou insatisfactoria, pois ofrecía seguridade sobre o uso da razón pero ningunha sobre o amor a Deus, que para Lutero era máis importante. Na súa opinión, a razón non podía conducir aos homes a Deus, e a partir de entón desenvolveu unha relación de amor-odio con Aristóteles pola énfase que este poñía na razón.[32] Para Lutero, a razón podía utilizarse para cuestionar aos homes e ás institucións, pero non a Deus. Cría que os seres humanos só podían coñecer a Deus a través da revelación divina, polo que as Escrituras adquiriron cada vez máis importancia para el.[32]

O 2 de xullo de 1505, mentres Lutero regresaba á universidade a cabalo despois dunha viaxe a casa, un raio caeu preto del durante unha treboada. Máis tarde dicíndolle ao seu pai que estaba aterrorizado pola morte e o xuízo divino, berrou: "Axuda! Santa Ana, voume facer monxe!"[33][34] Chegou a ver o seu berro de auxilio como un voto que nunca podería romper. Deixou a universidade, vendeu os seus libros e entrou en Mosteiro de Santo Agostiño en Erfurt o 17 de xullo de 1505.[35] Un amigo achacou a decisión á tristeza de Lutero pola morte de dous amigos. O propio Lutero parecía entristecido polo traslado. Os asistentes a unha cea de despedida acompañáronlle ata a porta do Claustro Negro. "Este día védesme, e despois, nunca máis", dixo.[32] O seu pai estaba furioso polo que vía como un desperdicio da educación de Lutero.[36]

Vida monástica

editar
 
Un retrato póstumo de Lutero como frade Agostiño

Lutero dedicouse á orde agustiniana, dedicándose ao xaxún, longas horas en oración, peregrinación e frecuentes confesións.[37] Lutero describiu este período da súa vida como un de profunda desesperación espiritual. El dixo: "Perdín o contacto con Cristo, o Salvador e Consolador, e fixen del o carcereiro e verdugo da miña pobre alma".[38]

Johann von Staupitz, o seu superior, chegou á conclusión de que Lutero necesitaba máis traballo para distraerse da súa excesiva introspección e ordenoulle que seguise unha carreira académica. O 3 de abril de 1507, Jerónimo Schultz (lat. Hieronymus Scultetus), o bispo de Brandeburgo, ordenou a Lutero na catedral de Erfurt. En 1508, comezou a ensinar teoloxía na Universidade de Wittenberg.[39] Obtivo o bacharelato en estudos bíblicos o 9 de marzo de 1508 e outro bacharelato nas Sentences de Pedro Lombardo en 1509.[40] O 19 de outubro de 1512 obtivo o título de doutor en Teoloxía e, o 21 de outubro de 1512, foi recibido no senado da facultade de teoloxía da Universidade de Wittenberg,[41] sucedendo a von Staupitz na cátedra de Teoloxía.[42] Pasou o resto da súa carreira neste posto na Universidade de Wittenberg.

En 1515 foi nomeado vigairo provincial de Saxonia e Turinxia pola súa orde relixiosa. Isto significaba que debía visitar e supervisar cada un dos once mosteiros da súa provincia.[43]

Lecturas sobre os Salmos e a xustificación pola fe

editar
 
Lutero en Erfurt, que representa a Martiño Lutero descubrindo a doutrina da sola fide (só pola fe). Pintura de Joseph Noel Paton, 1861

De 1510 a 1520, Lutero deu conferencias sobre os Salmos e sobre os libros dos Hebreos, Romanos e Gálatas. Mentres estudaba estas porcións da Biblia, chegou a ver o uso de termos como penitencia e xustiza pola igrexa católica de novas maneiras. Convenceuse de que a igrexa estaba corrompida nos seus costumes e perdera de vista o que el consideraba varias das verdades centrais do cristianismo. A máis importante para Lutero era a doutrina da xustificación-o acto de Deus de declarar xusto a un pecador-só pola fe a través da graza de Deus. Comezou a ensinar que a salvación ou redención é un don da graza de Deus, alcanzable só a través da fe en Xesús como o Mesías.[44] "Esta única e firme rocha, que chamamos a doutrina da xustificación", escribe, "é o artigo principal de toda a doutrina cristiá, que comprende o entendemento de toda piedade."[45]

Lutero chegou a entender a xustificación como obra exclusiva de Deus. Este ensino de Lutero quedou claramente expresado na súa publicación de 1525 De Servo Arbitrio, que foi escrita en resposta a Sobre o libre albedrío de Desiderius Erasmus (1524). Lutero baseou a súa posición sobre a predestinación na epístola de San Paulo aos Efesios [46]. En contra do ensino da súa época de que os actos xustos dos crentes realízanse en cooperación con Deus, Lutero escribiu que os cristiáns reciben dita xustiza enteiramente de fóra deles mesmos; que a xustiza non só provén de Cristo, senón que en realidade é a xustiza de Cristo, imputada aos cristiáns (en lugar de infundida neles) a través da fe.[47]

"Por iso só a fe fai xusto e cumpre a lei", escribe. "A fe é a que trae o Espírito Santo polos méritos de Cristo".[48] A fe, para Lutero, era un don de Deus; a experiencia de ser xustificado pola fe era "coma se nacese de novo". A súa entrada no Paraíso, nada menos, foi un descubrimento acerca de "a xustiza de Deus", un descubrimento de que "a persoa xusta" da que fala a Biblia (como en Romanos 1:17) vive pola fe.[49] Explica o seu concepto de "xustificación" nos Artigos de Esmalcalda:

O primeiro e principal artigo é este: Xesucristo, o noso Deus e Señor, morreu polos nosos pecados e resucitou para a nosa xustificación (Romanos 3:24-25). Só El é o Cordero de Deus que quita os pecados do mundo (Xoán 1:29), e Deus cargou sobre El a iniquidade de todos nós (Isaías 53:6). Todos pecaron e son xustificados gratuitamente, sen obras nin méritos propios, pola súa graza, mediante a redención que é en Cristo Xesús, no seu sangue (Romanos 3:23-25). Isto é necesario para crer. Isto non pode ser adquirido ou captado doutra maneira por ningunha obra, lei ou mérito. Por tanto, é claro e certo que só esta fe xustifícanos ... Nada deste artigo pódese ceder ou entregar, aínda que caian o ceo e a terra e todo o demais (Mark 13:31).[50]

Inicio da Reforma: 1516–1517

editar
 
A venda de indulxencias católicas mostrada en Unha pregunta a un acuñador, unha xilografía de Jörg Breu o Vello de Augsburgo, c. 1530

.

En 1516, Johann Tetzel, un frei dominico, foi enviado a Alemaña pola Igrexa católica romana para vender indulxencias co fin de recadar diñeiro para reconstruír a Basílica de San Pedro en Roma.[51] As experiencias de Tetzel como predicador de indulxencias, especialmente entre 1503 e 1510, leváronlle a ser nomeado comisario xeral por Albrecht von Brandenburg, arcebispo de Maguncia, quen, xa moi endebedado para pagar unha gran acumulación de beneficios, tivo que achegar a considerable suma de dez mil ducados[52] para a reconstrución da basílica. Albrecht obtivo permiso do papa León X para levar a cabo a venda dunha indulxencia plenaria especial (é dicir, a remisión da pena temporal do pecado), a metade de cuxos ingresos Albrecht debía reclamar para pagar as taxas dos seus beneficios.

Durante esa época prodúcese unha crise relixiosa e comeza a ensinar que a salvación é un regalo da graza de Deus a través tan só da fe e que proxectou ao exterior a través da loita contra as indulxencias; o 31 de outubro de 1517 escribiulle ao arcebispo de Mainz e Magdeburgo protestando pola venda de indulxencias no seu arcebispado e invitándoo a discutir sobre o asunto; incluíu unha copia das 95 teses e segundo a tradición cravou outra copia na porta da Igrexa de Wittemberg.

Proceso romano

editar
 
Martiño Lutero como monxe agostiño en 1520.

En xuño de 1518 abriuse o proceso contra Lutero, con base na publicación das súas 95 Teses por posible herexía, e rexístranse os seus apuntamentos de clase na procura de comentarios negativos de Lutero sobre a excomuñón. Despois diso, en agosto de 1518, o proceso altérase para herexía notoria. As autoridades eclesiásticas citan en Roma a Lutero para que desminta a súa doutrina.

Lutero recusa desprazarse alegando razóns de saúde e pretende unha audiencia en territorio alemán. O seu pedido baséase no argumento (Gravamina) da nación alemá. O seu pedido foi aceptado e será convidado para unha audiencia co cardeal Caetano durante as cortes (Reichstag) imperiais de Augsburg. Entre o 12 e 14 de outubro de 1518, Lutero fala con Caetano. Este pídelle que revogue a súa doutrina. Lutero non o fará.

Do lado romano, o caso ficou aquí. Por causa da morte do emperador Maximiliano I (xaneiro de 1519), haberá unha pausa de dous anos. O emperador decidira que o seu sucesor sería Carlos (o futuro Carlos V). Por causa das pertenzas de Carlos en Italia, o papa renacentista León X receaba que encerrase os estados da Igrexa e procuraba que os príncipes-electores alemáns (Kurfürsten) renunciasen á elección de Carlos. O papel protector de Lutero de Frederico, o Sabio levou a que Roma pedise a Karl von Miltiz que interferise perante o príncipe por unha solución razoábel. Despois da escolla de Carlos V como emperador (26 de xuño de 1519), o proceso de Lutero volverá a reactivarse.

 
O selo de Lutero.

En xuño de 1520 reaparece a ameaza no escrito "Exsurge Domini", en xaneiro de 1521 a bula "Decet Romanum Pontificem". Con ela excomungouse a Lutero. Seguiuse a ameaza oficial do emperador (Reichsacht).

Notábel é no entanto que Lutero foi máis unha vez recibido en audiencia, que tamén deixou claras as diferenzas entre o papado e o rei/emperador. Carlos foi o último rei (despois dunha reconciliación) en ser coroado emperador polo papa. O 17 e 18 de abril de 1521 Lutero fala na Dieta de Worms (conferencia gobernativa) e despois de negar a revogación da súa doutrina, publícase o Edicto de Worms, proscribindo a Lutero dentro dos límites do Imperio.

Exilio no Castelo de Wartburg

editar
 
Martiño Lutero en 1522

Frederico, o Sabio ordenou que Lutero fose secuestrado no seu retorno da Dieta de Worms por un grupo de homes mascarados a cabalo, que o levaron para o Castelo de Wartburg, onde permaneceu por cerca dun ano. Deixou crecer a barba e tomou as vestimentas dun cabaleiro, asumindo o pseudónimo de Jörg. Durante este período de retiro forzado, Lutero traballou na súa célebre tradución da Biblia para o alemán.

 
Casa de Lutero en Wittenberg

Voda e familia

editar

O 6 de marzo de 1522 volveu para Wittemberg e o 13 de xuño de 1525 casou en segredo con Catarina de Bora, unha monxa que acollera no mosteiro de Wittemberg, con ela tivo seis fillos: Xoán (1526), Elisabeth (1527), Magdalena (1529), Martiño (1531), Paulo (1533) e Margarida (1534).

A Guerra dos Campesiños

editar

A Guerra dos campesiños (1524-1525) foi de moitas maneiras unha resposta aos discursos de Lutero e doutros reformadores. Revoltas de campesiños xa tiñan existido en pequena escala en Flandres (1321-1323), Francia (1358), Inglaterra (1381-1388), durante as guerras husitas do século XV, e moitas outras ata o século XVIII, mais moitos campesiños xulgaron que os ataques verbais de Lutero á Igrexa e a súa xerarquía significaban que os reformadores irían igualmente apoiar un ataque armado á xerarquía social. Por causa dos fortes vencellos entre a nobreza hereditaria e os líderes da Igrexa que Lutero condenaba, isto non sería sorprendente.

Xa en 1522, en canto Lutero estaba en Wartburg, colaboradores seus perverteron as súas ensinanzas e pasaron a esparexer mensaxes revolucionarias por toda a Alemaña. Enfatizábase a formación dun grupo de “santos”, coa tarefa de loitar contra a autoridade constituída e promover a aniquilación dos “impíos”. Un deses pregadores foi Tomas Münzer.

A mensaxe escatolóxica de Münzer, na verdade, tiña pouco a ver coa proposta dos campesiños, tanto que el procurou a nobreza da Saxonia para obter apoio. Coa negativa destes e a eclosión dos conflitos campesiños no suroeste alemán, el logo viu o instrumento para a concreción dos seus planos.

Lutero desde cedo previra a nobreza e os propios campesiños sobre a revolta e particularmente sobre Münzer, un dos “profetas do asasinato”, colocándoo como un dos mentores do movemento campesiño. Lutero escribiu a Terríbel Historia e Xuízo de Deus sobre Tomas Münzer, inaugurando esa liña de pensamento.

Na inminencia da revolta (1524), Lutero escribiu a Carta aos Príncipes da Saxonia sobre o Espírito Revoltoso, mostrando a tiranía dos nobres que oprimían o pobo e a loucura dos campesiños en reaccionar a través da forza e a confiar en Münzer como pregador. Houbo pouca repercusión deste escrito.

Aínda en 1524, Münzer mudouse para a cidade imperial de Mühlhausen, ofrecéndose como pregador. Lutero escribiu a Carta Aberta aos Burgomestres, Consello e toda a Comunidade da Cidade de Mühlhausen co propósito de alertar sobre as intencións de Münzer. Tampouco este escrito tivo repercusión, pois o consello da cidade limitouse a pedir informacións sobre Münzer na cidade imperial de Weimar.

O principal escrito dos campesiños eran os Doce Artigos, onde foron expostas as reivindicacións. Neles habían artigos de fondo teolóxico (dereito de ouvir o Evanxeo a través de pregadores chamados por eles propios) e artigos que trataban dos malos tratos (exploración nos impostos etc.). Os artigos eran fundamentados con pasaxes bíblicas e pedíase que se alguén puidese probar polas Escrituras que aquelas reivindicacións eran inxustas, eles abandonaríanas, e entre aqueles que se consideraban dignos de facer tal cousa estaba o nome de Lutero.

De feito Lutero escribiu sobre os Doce artigos no seu libro Exhortación á Paz: Resposta aos Doce artigos do Campesinato da Suabia, de 1525. Nel Lutero ataca os príncipes e señores por cometeren inxustizas contra os campesiños e ataca os campesiños pola rebelión e falta de respecto á autoridade.

Infelizmente tampouco ese escrito tivo repercusión e durante unha viaxe de Lutero pola rexión da Turinxia puido testemuñar as atrocidades cometidas polos campesiños, motivándoo a escribir o Addendum: Contra as hordas salteadoras e asasinas dos campesiños. Tratábase dun apéndice de Exhortación á Paz..., mais axiña se tornou un libro separado. O Addendum publicouse cando a revolta campesiña xa estaba no final e os príncipes cometían atrocidades contra os campesiños derrotados, de modo que o escrito causou gran revolta na opinión pública contra Lutero. Nel, Lutero encoraxa os príncipes a castigar os campesiños, ata coa morte.

Tal repercusión negativa obrigou a Lutero a pregar un sermón no día de pentecoste de 1525 que se tornou no libro Posicionamento do Dr. Martiño Lutero Sobre o Libriño Contra os Campesiños Asaltantes e Asasinos, onde o reformador contesta os críticos e reafirma a súa posición anterior.

Como aínda había repercusión negativa, Lutero novamente se posiciona sobre a cuestión na súa Carta Aberta a Respecto do Rigoroso Libriño Contra os Campesiños, onde lamenta e exhorta contra a crueldade que estaba sendo practicada polos príncipes mais reafirma a súa posición anterior.

Por fin, a petición dun amigo, o cabaleiro Asa von Kram, Lutero redacta Acerca da Cuestión, Se Tamén Militares Ocupan unha Función Benaventurada, en 1526, co propósito de esclarecer cuestións sobre consciencia do cristián en caso de guerra e a súa función como militar.

En 1543, escribiu Von den Jüden und iren Lügen[53] un tratado antisemita no que, despois de tentar convertelos á súa fe e non conseguilo, defendeu a persecución aos xudeus.[54]

Significado da tradución da Biblia ao alemán

editar

Lutero foi o autor dunha das primeiras traducións da Biblia ao alemán (existían xa traducións máis antigas), algo que na época era considerado herexía polo Vaticano. A tradución de Lutero, con todo, suplantou as anteriores. Alén da calidade da tradución, foi amplamente divulgada por medio do prelo, desenvolvido por Johann Gutenberg en 1453. O latín, a lingua do extinto Imperio Romano, permanecía como lingua franca europea, inmediatamente connotada co pasado romano glorioso, unha era de ciencia, de progreso económico e cultural, sendo tamén a lingua dos textos sagrados tal como estes se transmitiran polas provincias do Imperio Romano, por máis lonxe que fosen, nos menos de 100 anos que separan a oficialización da relixión cristiá polo emperador romano Teodosio I no ano 380 e a deposición do último emperador de Roma polo xermánico Odoacro no 476, data avanzada por Edward Gibbon e convencionalmente aceptada como ano da caída de Roma (Imperio Occidental). A fin da persecución da relixión cristiá polo Imperio Romano dérase no ano 313 (Ver: Edicto de Milán, Primeiro Concilio de Nicea, Constantino I, Decadencia do Imperio Romano, Xerome de Estridón).

Porén, o dominio do latín era, no século XVI, no fin da Idade Media e comezo da chamada Idade Moderna, apenas o privilexio dunha porcentaxe ínfima de poboación instruída, entre eles os elementos da propia igrexa. A tradución de Lutero para o alemán foi simultaneamente un acto de herexía e un piar da sistematización do que viría a ser a lingua alemá, ata aí vista como unha lingua inferior, de ignorantes, plebeos. É preciso engadir que Lutero non se opuxo ao latín, e el mesmo publicou unha edición revisada da tradución latina da Biblia (Vulgata). Lutero escribía tanto en latín como en alemán. A tradución da Biblia para o alemán non significou, polo tanto, o rexeitamento do latín como lingua académica.

  1. Pena Búa, Pilar (1 de xaneiro de 2005). "Martiño Lutero (1483-1545): un bosquexo biográfico". Encrucillada: Revista galega de pensamento cristián 29 (142): 47–60. 
  2. "Corpus Paralelo CLUVI - Resultados da consulta". sli.uvigo.es. Consultado o 13 de novembro de 2015. 
  3. "Lutero, Martín". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1263. 
  4. "Infancia y juventud de Martín Lutero (1483-1501)". luther.de. Consultado o 23-12-2018. 
  5. "Martín Lutero no revolucionó solo la religión, sino que creó la música de protesta". BBC News. 24 de xuño de 2017. 
  6. Ewald M. Plass, What Luther Says, 3 vols., (St. Louis: CPH, 1959), 88, no. 269; M. Reu, Luther and the Scriptures, (Columbus, Ohio: Wartburg Press, 1944), 23.
  7. Luther, Martin. Concerning the Ministry (1523), tr. Conrad Bergendoff, in Bergendoff, Conrad (ed.) Luther's Works. Philadelphia: Fortress Press, 1958, 40:18 ff.
  8. Globovision. "Especial | Martín Lutero: El monje que nunca se doblegó a mandatos papales". Globovisión (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro do 2023. 
  9. Fahlbusch, Erwin and Bromiley, Geoffrey William. The Encyclopedia of Christianity. Grand Rapids, MI: Leiden, Netherlands: Wm. B. Eerdmans; Brill, 1999–2003, 1:244.
  10. Tyndale's New Testament, trans. from the Greek by William Tyndale in 1534 in a modern-spelling edition and with an introduction by David Daniell. New Haven, CT: Universidade Yale Press, 1989, ix–x.
  11. Bainton, Roland. Here I Stand: a Life of Martin Luther. New York: Penguin, 1995, 269.
  12. Matrimonio de Lutero y Catalina de Nota en Luther.de
  13. Bainton, Roland. Here I Stand: a Life of Martin Luther. Nova York: Penguin, 1995, p. 223.
  14. "Martín Lutero - 'Sobre los judíos y sus mentiras' (1543)". The Holocaust (en castelán). 2012-09-16. Consultado o 24 de xaneiro do 2023. [Ligazón morta]
  15. "Declaraciones de Martín Lutero contra los judíos". Noticias de Israel (en castelán). 2021-02-19. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2021. Consultado o 24 de xaneiro do 2023. 
  16. Schaff, Philip: History of the Christian Church, Vol. VIII: Modern Christianity: The Swiss Reformation, William B. Eerdmans Pub. Co., Grand Rapids, Michigan, USA, 1910, páxina 706.
  17. Martin Brecht, Martin Luther (Minneapolis: Fortress Press, 1985–1993), 3:336.
  18. Luther's letter to Rabbi Josel as cited by Gordon Rupp, Martin Luther and the Jews (London: The Council of Christians and Jews, 1972), 14. According to "Luther and the Jews". Arquivado dende o orixinal o 4 November 2005. Consultado o 21 March 2017. , this paragraph is not available in the English edition of Luther's works.
  19. Sydow, Michael (1 December 1999). "JOURNAL OF THEOLOGY: Martin Luther, Reformation Theologian and Educator" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 September 2008. Consultado o 17 May 2022. 
  20. Schaff, Philip: History of the Christian Church, Vol. VIII: Modern Christianity: The Swiss Reformation, William B. Eerdmans Pub. Co., Grand Rapids, Michigan, USA, 1910, páxina 706.
  21. "The assertion that Luther's expressions of anti-Jewish sentiment have been of major and persistent influence in the centuries after the Reformation, and that there exists a continuity between Protestant anti-Judaism and modern racially oriented antisemitism, is at present wide-spread in the literature; since the Second World War it has understandably become the prevailing opinion." Johannes Wallmann, "The Reception of Luther's Writings on the Jews from the Reformation to the End of the 19th century", Lutheran Quarterly, n.s. 1 (Spring 1987) 1:72–97.
  22. Para opinións similares, véase:
    • Berger, Ronald. Fathoming the Holocaust: A Social Problems Approach (New York: Aldine De Gruyter, 2002), 28.
    • Rose, Paul Lawrence. "Revolutionary Antisemitism in Germany from Kant to Wagner," (Princeton University Press, 1990), quoted in Berger, 28;
    • Shirer, William. The Rise and Fall of the Third Reich, (New York: Simon & Schuster, 1960).
    • Johnson, Paul. A History of the Jews (New York: HarperCollins Publishers, 1987), 242.
    • Poliakov, Leon. History of Anti-Semitism: From the Time of Christ to the Court Jews. (N.P.: University of Pennsylvania Press, 2003), 216.
    • Berenbaum, Michael. The World Must Know. (Baltimore: Johns Hopkins University Press and the United States Holocaust Memorial Museum, 1993, 2000), 8–9.
  23. Grunberger, Richard. The 12-Year Reich: A Social History of Nazi German 1933–1945 (NP:Holt, Rinehart and Winston, 1971), 465.
  24. 24,0 24,1 24,2 Marty, Martin. Martin Luther. Viking Penguin, 2004, p. 1.
  25. Brecht, Martin. Martin Luther. tr. James L. Schaaf, Philadelphia: Fortress Press, 1985–93, 1:3–5.
  26. "Martin Luther | Biography, Reformation, Works, & Facts". 
  27. Rupp, Ernst Gordon. "Martin Luther," Encyclopædia Britannica, accessed 2006.
  28. Marty, Martin. Martin Luther. Viking Penguin, 2004, pp. 2–3.
  29. Marty, Martin. Martin Luther. Viking Penguin, 2004, p. 3.
  30. 30,0 30,1 Marty, Martin. Martin Luther. Viking Penguin, 2004, p. 4.
  31. 31,0 31,1 31,2 31,3 Marty, Martin. Martin Luther. Viking Penguin, 2004, p. 5.
  32. 32,0 32,1 32,2 32,3 Marty, Martin. Martin Luther. Viking Penguin, 2004, p. 6.
  33. Brecht, Martin. Martin Luther. tr. James L. Schaaf, Philadelphia: Fortress Press, 1985–93, 1:48.
  34. Brecht, Martin (1985). Google Books Archive of Martin Luther: His road to Reformation, 1483–1521 (By Martin Brecht). Martin Luther: His road to Reformation, 1483–1521 (By Martin Brecht). ISBN 978-1-4514-1414-1. Consultado o 26 de xaneiro do 2023. 
  35. Schwiebert, E.G. Luther and His Times. St. Louis: Concordia Publishing House, 1950, 136.
  36. Marty, Martin. Martin Luther. Viking Penguin, 2004, p. 7.
  37. Bainton, Roland. Here I Stand: a Life of Martin Luther. Nova York: Penguin, 1995, 40–42.
  38. Kittelson, James. Luther The Reformer. Minneapolis: Augsburg Fortress Publishing House, 1986, 79.
  39. Bainton, Roland. Here I Stand: a Life of Martin Luther. New York: Penguin, 1995, 44–45.
  40. Brecht, Martin. Martin Luther. tr. James L. Schaaf, Philadelphia: Fortress Press, 1985–93, 1:93.
  41. Brecht, Martin. Martin Luther. tr. James L. Schaaf, Philadelphia: Fortress Press, 1985–93, 1:112–127.
  42. Hendrix, Scott H. (2015). Martin Luther: Visionary Reformer. New Haven, CT: Yale University Press. p. 44. ISBN 978-0-300-16669-9. 
  43. Hendrix, Scott H. (2015). Martin Luther: Visionary Reformer. New Haven, CT: Yale University Press. p. 45. ISBN 978-0-300-16669-9. 
  44. Wriedt, Markus. "Luther's Theology," in The Cambridge Companion to Luther. New York: Cambridge University Press, 2003, 88–94.
  45. Bouman, Herbert J.A. "The Doctrine of Justification in the Lutheran Confessions", Concordia Theological Monthly, 26 de novembro de 1955, No. 11:801.
  46. Efesios "2:8-10". BibleGateway (en castelán). 
  47. Dorman, Ted M., "Justification as Healing: The Little-Known Luther", Quodlibet Journal: Volume 2 Número 3, Summer 2000. Consultado o 19 de decembro do 2023.
  48. "Luther's Definition of Faith". 
  49. "Justification by Faith: The Lutheran-Catholic Convergence". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2010. 
  50. Luther, Martin. "The Smalcald Articles," in Concordia: The Lutheran Confessions. Saint Louis: Concordia Publishing House, 2005, 289, Part two, Article 1.
  51. "Johann Tetzel," Encyclopædia Britannica, 2007
  52. Ao principio, "o Papa esixiu doce mil ducados polos doce apóstolos. Alberto ofreceu sete mil ducados polos sete pecados capitais. Chegaron a un acordo sobre dez mil, presumiblemente non polos Dez Mandamentos.". Bainton, Roland. Here I Stand: A Life of Martin Luther (Nashville: Abingdon Press, 1950), p. 75, online
  53. Díaz (Monón), Xosé Ramón (08-07-2012). "Palabras". praza.gal. Consultado o 23-12-2018. 
  54. "Luther, Martin", JewishEncyclopedia.com.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Cummings, Brian (2002). The Literary Culture of the Reformation: Grammar and Grace. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-818735-6. doi:10.1093/acprof:oso/9780198187356.001.0001 – vía Oxford Scholarship Online. 
  • Brecht, Martin; tr. James L. Schaaf (1985). Martin Luther. 1: His Road to Reformation, 1483–1521. Philadelphia: Fortress Press. 
  • Brecht, Martin; tr. James L. Schaaf (1994). Martin Luther. 2: Shaping and Defining the Reformation, 1521–1532. Philadelphia: Fortress Press. 
  • Brecht, Martin; tr. James L. Schaaf (1999). Martin Luther. 3: The Preservation of the Church, 1532–1546. Philadelphia: Fortress Press. 
  • Mullett, Michael A. (2004). Martin Luther. Londres: Routledge. ISBN 978-0-415-26168-5. 
  • Michael A. Mullett (1986) (1986). Luther. Methuen & Co (Lancashire Pamphlets). ISBN 978-0-415-10932-1. 
  • Wilson, Derek (2007). Out of the Storm: The Life and Legacy of Martin Luther. Londres: Hutchinson. ISBN 978-0-09-180001-7. 
  • Atkinson, James (1968). Martin Luther and the Birth of Protestantism, in series, Pelican Book[s]. Harmondsworth, Eng.: Penguin Books. 352 pp.
  • Bainton, Roland. Here I Stand: A Life of Martin Luther (Nashville: Abingdon Press, 1950), online
  • Brecht, Martin. Martin Luther: His Road to Reformation 1483–1521 (vol 1, 1985); Martin Luther 1521–1532: Shaping and Defining the Reformation (vol 2, 1994); Martin Luther The Preservation of the Church Vol 3 1532–1546 (1999), a standard scholarly biography excerpts
  • Erikson, Erik H. (1958). Young Man Luther: A Study in Psychoanalysis and History. New York: W.W. Norton.
  • Dillenberger, John (1961). Martin Luther: Selections from his Writings. Garden City, NY: Doubleday. OCLC 165808. 
  • Fife, Robert Herndon. (1928). Young Luther: The Intellectual and Religious Development of Martin Luther to 1518. New York: Macmillan.
  • Fife, Robert Herndon. (1957). The Revolt of Martin Luther. New York NY: Columbia University Press.
  • Friedenthal, Richard (1970). Luther, His Life and Times. Trans. from the German by John Nowell. First American ed. Nova York: Harcourt, Brace, Jovanovich. viii, 566 p. N.B.: Trans. of the author's Luther, sein Leben und seine Zeit.
  • Lull, Timothy (1989). Martin Luther: Selections from his Writings. Minneapolis: Fortress. ISBN 978-0-8006-3680-7. 
  • Lull, Timothy F.; Nelson, Derek R. (2015). Resilient Reformer: The Life and Thought of Martin Luther. Minneapolis, MN: Fortress. ISBN 978-1-4514-9415-0 – vía Project MUSE. 
  • Kolb, Robert; Dingel, Irene; Batka, Ľubomír (eds.): The Oxford Handbook of Martin Luther's Theology. Oxford: Oxford University Press, 2014. ISBN 978-0-19-960470-8.
  • Luther, M. The Bondage of the Will. Eds. J.I. Packer and O.R. Johnson. Old Tappan, NJ: Revell, 1957. OCLC 22724565.
  • Luther, Martin (1974). Selected Political Writings, ed. and with an introd. by J.M. Porter. Philadelphia: Fortress Press. ISBN 0-8006-1079-2
  • Luther's Works, 55 vols. Eds. H.T. Lehman and J. Pelikan. St Louis, Missouri, and Philadelphia, Pennsylvania, 1955–86. Also on CD-ROM. Minneapolis and St Louis: Fortress Press and Concordia Publishing House, 2002.
  • Maritain, Jacques (1941). Three Reformers: Luther, Descartes, Rousseau. New York: C. Scribner's Sons. N.B.: Reprint of the ed. published by Muhlenberg Press.
  • Nettl, Paul (1948). Luther and Music, trans. by Frida Best and Ralph Wood. New York: Russell & Russell, 1967, cop. 1948. vii, 174 p.
  • Reu, Johann Michael (1917). Thirty-five Years of Luther Research. Chicago: Wartburg Publishing House.
  • Schalk, Carl F. (1988). Luther on Music: Paradigms of Praise. Saint Louis, Mo.: Concordia Publishing House. ISBN 0-570-01337-2
  • Stang, William (1883). The Life of Martin Luther. Eighth ed. New York: Pustet & Co. N.B.: This is a work of Roman Catholic polemical nature.
  • Warren Washburn Florer, Ph.D. (1912, 2012). Luther's Use of the Pre-Lutheran Versions of the Bible: Article 1, George Wahr, The Ann Arbor Press, Ann Arbor, Mich. Reprint 2012: Nabu Press, ISBN 978-1-278-81819-1

Ligazóns externas

editar
  NODES
Done 1
eth 7
News 1
orte 8
reformation 13
see 1
Story 6
Todos 5