Martin Behaim
Martin Behaim, nado en Núremberg o 6 de outubro de 1459 e finado o 29 de xullo de 1507, foi un navegador e xeógrafo de Bohemia ó servizo do rei de Portugal.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de outubro de 1459 Núremberg (Sacro Imperio Romano Xermánico) |
Morte | 29 de xullo de 1507 (47 anos) Lisboa (Reino de Portugal) |
Actividade | |
Ocupación | explorador, cosmógrafo, astrónomo, cartógrafo, draper (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarBehaim era o primoxénito de Martin Behaim e da súa dona Agnes Schopper, unha familia de comerciantes ricos de orixe checa[1]. Desde moi cedo sentiu vocación polo comercio e en 1477 partiu para Flandres, fixando a súa residencia en Mechelen co obxectivo de se introducir no comercio internacional. Ó ano seguinte mudou a súa residencia para Anveres, onde se relacionou coa factoría portuguesa local. Arredor de 1480 partiu para Lisboa onde se integrou na comunidade mercantil interesada na exploración ultramarina, relacionouse con navegantes, cosmógrafos e exploradores, posiblemente entrou no círculo de cosmógrafos do rei Xoán II.[2]. En 1484 embarcou[3] como cosmógrafo na expedición de Diogo Cão á costa occidental de África.
En 1486 estableceu a súa residencia na illa azoriana de Faial, onde existía unha numerosa colonia flamenga liderada por Jobst van Hürter, o fundador da cidade de Horta. Nese ano casou con Joana de Macedo, filla de van Hürter. Martin Behaim permaneceu en Faial ata 1490, ano no que volve para Nuremberg, permancendo alí ata 1493, período durante o cal construíu en colaboración co pintor Georg Albrecht Glockenthon un dos primeiros globos terrestres coñecidos, que chamou "Erdapfel" (mazá do mundo) e que o guindou para a fama. O Globo de Behaim, tamén coñecido como Globo de Nuremberg, seguiu a idea dun globo de 1475 construído para o papa Sisto VI, mais mellorando a representación e incluíndo meridianos e a liña do Ecuador.
Notas
editar- ↑ Ivan Sviták, First Bohemians in America
- ↑ Kirkpatrick Sale, Christopher Columbus and the Conquest of Paradise
- ↑ Ernest George Ravenstein, M. A. Botha, The Voyages of Diogo Cão and Bartholomeu Dias, 1482-88. O propio Behaim escribiu sobre a súa participación nesta viaxe pero non hai ningunha outra fonte que o confirme