Mary Walker
Mary Walker, nada en 1832 e finada en 1919, foi unha personalidade estadounidense da medicina.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de novembro de 1832 Oswego, Estados Unidos de América (en) |
Morte | 21 de febreiro de 1919 (86 anos) Oswego, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | morte natural |
Lugar de sepultura | Rural Cemetery (en) |
Educación | Geneva Medical College (en) |
Actividade | |
Ocupación | abolicionista, activista polos dereitos das mulleres |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil estadounidense |
Familia | |
Pais | Dr. Alvah Walker, Sr. e Vesta H. Walker |
Premios | |
Descrito pola fonte | A Woman of the Century (en) , (sec:Mary E. Walker) |
Traxectoria
editarNada no estado de Nova York, graduouse no Colexio Médico de Siracusa no 1855. Estableceuse e casou con Albert Miller, non adoptando a apelido do seu marido en contra do costume. Déronlle unha medalla ó honor do Congreso en 1866 pola súa actividade prestando servizos de cirurxía durante a guerra civil estadounidense, sendo a única muller e único civil en recoñecérselle e debido ó seu arriscado comportamento, atendendo a feridos de ambos bandos. Con posterioridade, en 1917, foille retirada ó converterse en sufraxista e defender os dereitos das mulleres. Nun xesto en liña coas súas ideas, negouse a devolvela, levándoa consigo ata a súa morte e séndolle con posterioridade devolto o honor polo Presidente Jimmy Carter.
Durante a súa vida loitou contra as malas influencias do tabaco e o alcohol. Foi autora de diversos escritos, incluído un traballo semi-autobiográfico. A súa efixie aparece en diversos selos do US postal Service.
Non fixo descubrimentos nin investigación recoñecida, pero a súa actuación como médico marcou un fito dentro dos servizos prestados polas mulleres nesta ciencia.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)