Mato Groso
Mato Groso é un estado brasileiro localizado ó oeste da rexión Centro-Oeste. Ten como límites o Amazonas e Pará ao norte; Tocantins e Goiás ao leste; ao sur Mato Groso do Sur; e o estado de Rondonia e Bolivia ao oeste. Ocupa unha superficie de 906.806,9 km². A súa capital é Cuiabá. As principais cidades són: Cuiabá, Varzea Grande, Juína, Rondonópolis, Sinop, Barra do Garças e Alta Floresta.
Historia
editarPolo Tratado de Tordesillas, o territorio do actual estado de Mato Grosso pertencía á España, pero coa Unión Iberica en 1580 esa exclusividade de dominio español desapareceu. Coa descuberta de ouro en súas terras por bandeirantes (desbravadores) orixinarios de San Paulo o 1718, comezou o poboamento da rexión. En 1719 fundouse a freguesía de Cuiabá, actual capital do estado.
En 1750 co Tratado de Madrid tornouse territorio portugués. Posteriormente o Tratado de Santo Ildefonso confirmou os novos límites dos territorios portugués e español nas Américas, e a rexión de Mato Grosso tornouse definitivamente portuguesa.
Coa independencia do Brasil o 1822 a rexión tornouse provincia do Imperio. Posteriormente coa república, tornouse estado. En 1977 a través dunha lei, o sur do estado emancipouse como unidade federativa, tornando-se o estado de Mato Groso do Sur.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mato Groso |