McDonnell Douglas F/A-18 Hornet
O F/A-18 Hornet é un cazabombardeiro todo-tempo. É un avión táctico multi-misión dotado de dous motores e á media. As versións A, C e E son monoprazas mentres que as B, D e F son biprazas, estas últimas serven principalmente para roles de ataque e intercepción.
F/A-18 Hornet | |
---|---|
F/A-18 Hornet | |
Tipo | cazabombardeiro |
Fabricante | McDonnell Douglas, Boeing, Northrop |
Primeiro voo | 18 de novembro de 1978 |
Introducido | 7 de xaneiro de 1983 |
Estado | activo |
Principais usuarios | Armada dos Estados Unidos Corpo de Marines dos Estados Unidos Real Forza Aérea de Australia Exército do Aire de España |
Unidades construídas | 1 480 |
Variantes | McDonnell Douglas CF-18 Hornet High Alpha Research Vehicle |
O monopraza orixinal F/A-18 Hornet foi o primeiro avión de ataque e caza dos Estados Unidos. Deseñado para os roles tradicionais de ataque, interdición aérea e apoio aéreo próximo, sen comprometer as súas capacidades como caza. En modo de ataque, úsase para protexer ás tropas, dándolles apoio aéreo próximo e profundo, tamén neutralizando posicións de defensa dende grande altitude. En modo de caza, o F/A-18 é usado como escolta, como interceptor para a defensa da frota nos portaavións da Mariña estadounidense complementando ou substituíndo ao F-14 Tomcat, e como caza Dog Fight no modo de combate próximo. Os F/A-18 tamén son utilizados dende 1986 polos Blue Angels, a patrulla acrobática da Mariña dos Estados Unidos, que son coñecidos en todo o mundo polas súas espectaculares manobras acrobáticas.