Melilla

cidade autónoma española situada no norte de África

Melilla (مليلة en árabe; Mritch ou Mrič en bérber) é unha cidade autónoma española, situada na rexión do Rif, no norte de África, a beiras do mar Mediterráneo, fronte á costa meridional da Península Ibérica, limítrofe con Marrocos e próxima a Alxeria.

Modelo:Xeografía políticaMelilla
Melilla (es)
ⵎⵕⵉⵜⵛ (rif)
مليلية (ar) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 35°16′57″N 2°56′51″O / 35.2825, -2.9475
Territorio reivindicado porMarrocos
España Editar o valor en Wikidata
EstadoEspaña Editar o valor en Wikidata
Exclave deEspaña Editar o valor en Wikidata
Capital de
Capitalsen valor Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación85.491 (2023) Editar o valor en Wikidata (6.929,08 hab./km²)
Lingua oficialLingua bérber
lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie12,338 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío de Oro e Mar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Altitude30 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altopunto máis alto de Melilla (130 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
9 de decembro de 1774Asedio de Melilla Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Presidente da Cidade Autónoma Editar o valor en WikidataEduardo de Castro González (2019–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea de Melilla , Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal52001 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico952 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2ES-ML Editar o valor en Wikidata
Código NUTSES64 Editar o valor en Wikidata
Código INE52001 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webmelilla.es Editar o valor en Wikidata
Facebook: GobiernoMelilla Twitter: GobiernoMelilla Instagram: gobiernomelilla BNE: XX450555 Editar o valor en Wikidata

A cidade e os seus territorios esténdense sobre 12,5 km² de superficie na parte oriental do cabo de Tres Forcas. Alberga unha poboación de máis de 78.000 habitantes e presenta diversas particularidades froito da súa posición xeográfica e historia, tanto na composición da súa poboación e as súas actividades económicas, como na súa cultura (froito da exemplar convivencia de cristiáns, musulmáns, xudeus e hindús).

O patrimonio arquitectónico de Melilla está considerado, xunto co de Barcelona, como un dos mellores expoñentes do estilo modernista español de principios do século XX.[1] Melilla chegou a ter nesa época ata 100.000 habitantes. Actualmente recibe diariamente unha poboación flotante dos municipios marroquís próximos á súa área de influencia que fan que a súa poboación case se duplique nalgunhas ocasións.

Melilla constituíuse en cidade autónoma en 1995, aínda que xa foi recoñecido o seu dereito á autonomía na Constitución española de 1978. Marrocos reivindica a cidade como parte do seu territorio xunto con Ceuta e outros territorios españois de menor entidade no norte de África. O Goberno de España nunca estableceu negociacións de ningún tipo, xa que considera a Melilla -do mesmo xeito que os outros territorios norteafricanos- parte integrante do territorio nacional español.

Xeografía

editar
 
Mapa de Melilla

Melilla é unha das dúas cidades españolas situadas no norte de África. Sitúase ao nordeste de Marrocos, que polo tanto queda ao suroeste. O outro límite é o mar Mediterráneo. A distancia sitúanse cara ó oeste, Ceuta e o estreito de Xibraltar. O núcleo urbano orixinario era unha fortaleza construída sobre un montículo peninsular duns 30 metros sobre o nivel do mar.[2] A súa superficie é de 12,33 km² aproximadamente.

Accédese dende España por vía aérea e marítima con voos directos desde Málaga, Almería e Madrid, e Ferris desde Málaga e Almería.

Melilla ten un clima mediterráneo, cálido e húmido, con ventos de poñente e levante, tamén ocasionalmente vento do Sáhara. A súa temperatura media anual é de 19 °C, con invernos suaves en torno aos 12.8 °C en xaneiro, sendo os veráns moi cálidos cunha media no mes de agosto de 25,2 °C. As choivas máis intensas concéntranse nos meses de inverno e primavera, mentres que o verán é unha estación seca, rexistrándose 534 mm anuais de media.

Demografía

editar

A cidade conta cunha poboación de 71.339 habitantes (INE 2008), coa taxa de natalidade máis alta de España, fronte ao índice de mortalidade que se sitúa como o máis baixo de España. O 65% da poboación é orixinaria da Península, sendo os musulmáns, os máis de orixe marroquí, un 30%. Segue en importancia a comunidade xudía cuns 1000 habitantes, seguida da poboación de orixe india que non chega ao cento de persoas, xa que na última década descendeu estrepitosamente.

Ten unha alta densidade de poboación, de 4.990 hab./km² (2008).

Historia

editar
 
Faro de Melilla.

Idade Antiga

editar

A cidade de Melilla remonta a súa historia ao establecemento no século VII a.C. de comerciantes fenicios que aproveitaron a súa situación próxima ao estreito de Xibraltar e as rutas comerciais do Mediterráneo occidental para prosperar, alcanzando o seu esplendor cara ao século II a.C. Coa decadencia púnica, Rusadir formará parte do reino de Mauretania que sería incorporado á provincia romana de Mauretania Tingitana no ano 42.

Período Islámico

editar

Máis tarde coa chegada dos árabes a partir do 680 a península de Guelaya é obviar para continuar conquistando a antiga Hispania, ao cruzar o Estreito Tariq no 711 e continuarían os árabes ata o 732 na antiga Hispania Septimana; pero unha guerra entre as cidades de Fes e Tremecén farán que a poboación de Rusadir abandone as xa ruínas melillenses. Así, o territorio permaneceu abandonado ata que a partir do século X foi recuperado por Abderramán III, quen mandou unha frota desde Málaga no 927, integrándose así no Califato de Córdoba e mantendo estreitas relacións coa Hispania musulmá de al-Andalus.

 
Melilla a Vella.

Idade Moderna

editar

A expansión de portugueses e casteláns no norte do Reino de Fes durante o século XV culminou coa entrada de Pedro Estopiñán na cidade en 1496,[3] que pasou a depender do Ducado de Medina Sidonia e a partir de 1556, da coroa española.

O 19 de setembro de 1774, emisarios do sultán Mohamed ben Abdallah preséntanse en Ceuta declarando a ruptura do tratado e expresando a súa intención de desaloxar aos cristiáns. O 23 de outubro o monarca español Carlos III declara a guerra e o 9 de decembro as primeiras tropas imperiais comezan o sitio de Melilla que duraría ata o 19 de marzo de 1775. A cidade é defendida polo mariscal de campo Juan Sherlock.

Idade Contemporánea

editar
 
Concello de Melilla, na Praza de España.

En 1860, co Tratado de Wad-Ras, establecéronse os límites fronteirizos da cidade con Marrocos, trazados ata onde alcanzaban os disparos do canón do "Camiñante", segundo o estipulado en devandito tratado. Tres anos máis tarde creouse o porto franco e en 1864 as autoridades españolas permitiron o asentamento libre de persoas na cidade. A inmigración da pernínsula foi escasa ao principio pero comezou a tomar forza tras o fin da guerra de Margallo en 1893.

 
Vista da cidade de Melilla.

Durante o último terzo do século XIX e o primeiro do século XX, Melilla foi escenario de intermitentes enfrontamentos que desembocaron no conflito da guerra de Marrocos. As sucesivas batallas de Barranco do Lobo en 1909 e de Annual en 1921, causaron un grande impacto na opinión pública española e forzou a alianza militar entre España e Francia que permitiu a constitución do Protectorado español de Marrocos.

O establecemento do protectorado tivo efectos moi positivos na economía da cidade, que se converteu na capital económica da parte oriental. A explotación das minas do Rif propiciou o desenvolvemento unha industria derivada destas e o tráfico de mercancías e a pesca aumentaron xunto cos beneficios derivados do aprovisionamento do exército.

Foi en Melilla onde se produciron os primeiros acontecementos da sublevación militar de 1936 contra a II República que desencadearon a posterior guerra civil española e o establecemento do réxime franquista en España. Franco desenvolveu unhas boas relacións coas nacións árabes ao non recoñecer ao estado de Israel e axudou á causa independentista da parte francesa de Marrocos permitindo manifestacións nacionalistas en cidades baixo dominio español, emisións de radio e o tráfico de armas, que frecuentemente entraba a través de Melilla. Con todo, tras a independencia da zona francesa en 1956, non puido evitar o propio da zona española debido a constantes disturbios e a presión de Estados Unidos.Así, o Goberno español recoñeceu a soberanía de todo Marrocos, comprometéndose a respectar a unidade territorial do reino. Neste recoñecemento oficial é no que se basean as reclamacións territoriais de Marrocos sobre Melilla e Ceuta. A independencia de Marrocos tivo un impacto tremendo en Melilla a nivel económico e as sucesivas entregas de territorio español a Marrocos -Cabo Juby (1958), Ifni (1969), Sáhara Occidental (1975)- desataron o pesimismo na cidadanía. Ata 1995 era unha comarca da provincia de Málaga, foi en devandito ano cando a cidade accedeu administrativamente ao estatuto de cidade autónoma sendo a principios do século XXI un dos motores económicos da rexión rifeña, baseado na súa condición de porto franco e os intercambios comerciais, á vez que centro de atención dos fluxos migratorios de poboación africana cara aos territorios da Unión Europea.

Actualmente está considerada territorio periférico da Unión Europea, dentro do chamado conxunto de territorios de Ultramar e rexións periféricas transcontinentales con tratamento fiscal diferente.

Economía

editar

A economía de Melilla susténtase principalmente do sector comercial. As empresas representan o 0,1% do total de empresas españolas. O 95% destas empresas son microempresas maioritariamente inscritas como persoa física. Melilla é porto franco, do mesmo xeito que Ceuta, desde mediados do século pasado. Na actualidade existen máis de 3.400 empresas, das que máis do 50% pertencen ao sector inmobiliario e hostaleiro, destacando o sector comercial, seguido do manufacturero, constituído por industrias fabricantes de elementos metálicos para a construción, elementos cirúrxicos, ortopédicos e industrias orientadas ás artes gráficas. Así mesmo, ten unha serie de vantaxes fiscais, como bonificacións nalgúns impostos.

Linguas

editar

O castelán ou español é a lingua oficial. Fálase tamén rifeño, variante do bérber no norte de Marrocos, e o árabe dialectal marroquí.

Goberno e administración

editar

A Constitución española de 1978 recoñece a Ceuta e Melilla como cidades autónomas. Melilla, xa que logo, é unha cidade autónoma de España segundo a lei orgánica 2/1995, de 13 de marzo, do Estatuto de Autonomía de Melilla. Este estatuto específico, aínda que non lle recoñece capacidade lexislativa, si que lle permite propor nas Cortes as iniciativas lexislativas que considere oportunas. A diferenza coas comunidades autónomas é que non ten unha asemblea lexislativa autónoma propia.

Presidentes de Melilla

editar
Lexislatura Nome Partido
1995-1999 Ignacio Velázquez Rivera (1995-1998)

Enrique Palacios Hernández (1998-1999)

PP-PIM
1999-2003 Mustafa Aberchán (1999-2000)[4]

Juan José Imbroda Ortiz (2000-2003)[5]

CpMPP-UPM
2003-2007 Juan José Imbroda Ortiz PP
2007-2011 Juan José Imbroda Ortiz PP
2011-2015 Juan José Imbroda Ortiz PP
2015-2019 Juan José Imbroda Ortiz PP
2019-2023 Eduardo de Castro González[6] C's.

independente[nota 1][7]

2023-presente Juan José Imbroda Ortiz PP

Asemblea de Melilla

editar
Resultados das eleccións municipais
Partido político 2019[8] 2023[9]
Votos % Deputados Votos % Deputados
Partido Popular (PP) 12 943 37,84 10 15 555 52,67 14
Coalición por Melilla 10 472 30,62 8 5 557 18,81 5
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 4 982 14,41 4 3 148 10,66 3
Vox 2 655 7,76 2 2 937 9 94 2
Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía 1 897 5,55 1
Somos Melilla 1 508 5,1 1

Cultura

editar

Distínguese por ser unha das poucas poboacións onde conviven catro relixións: cristiá, musulmá, xudía e hindú.

Deportes

editar

A cidade autónoma de Melilla conta con varios equipos en categoría nacional. En fútbol, destaca a UD Melilla, fundada en 1943 e que xoga en Segunda División B dende 1987, sendo o equipo máis veterano da categoría. En 1999 proclamouse campión e en varias ocasións xogou, sen éxito, a promoción de ascenso a Segunda División. O equipo xoga os seus partidos no Estadio Municipal Álvarez Claro, con capacidade para 12.000 espectadores.

En baloncesto, o Club Melilla Baloncesto xoga na LEB Ouro, a segunda categoría, dende a súa creación. En 2016 acadou o subcampionato pero non conseguiu o ascenso á Liga ACB por motivos económicos. Tamén gañou en tres ocasións a Copa Príncipe de Asturias. O equipo xoga os seus partidos no Pavillón Javier Imbroda, con capacidade para 3.800 persoas. No mesmo pavillón xogan os seus partidos o Melilla Fútbol Sala e co Club Voleibol Melilla, que xoga na Superliga española de voleibol masculino.

Cidades irmandadas

editar
 
Faro de Melilla
  1. Estivo afiliado a Cidadáns até 2021, cando foi expulsado por ocultar a súa imputación nun procedemento xudicial
Referencias
  1. Bravo Nieto, Antonio (2008). "La destrucción del monumental cinema y la defensa del patrimonio art déco". Aldaba. Reinbook Imprès. ISSN 0213-7925. Consultado o 19 de xaneiro de 2018. 
  2. "Adiós al problema del agua en Melilla." (PDF). ambienta. 2004. Consultado o 11 de xullo de 2018. 
  3. Ramos Oliver, Francisco (2013). Exemplar dedicado a: APORTACIONES A CINCO SIGLOS DE LA HISTORIA MILITAR DE ESPAÑA / coord. por Evaristo C. Martínez-Radío Garrido. "Las guerras de Marruecos". ENTEMU (en castelán) (UNED, Universidad Nacional de Educación a Distancia: Centro Asociado de Asturias) (XVII): 165–18. ISSN 1130-314X. 
  4. Ramos, Toñy (5-10-1999). "Aberchan se turnará con el PP y UPM para presidir Melilla". elpais.com (en castelán). Consultado o 29-4-2020. 
  5. Martínez, Ignacio (18-7-2020). "16 de los 25 diputados de Melilla eligen a Imbroda presidente en lugar de Aberchan". elpais.com (en castelán). Consultado o 29-4-2020. 
  6. EP (22-6-2019). "Imbroda se ausenta de la toma de posesión del nuevo presidente de Melilla". elpais.com (en castelán). Consultado o 29-4-2020. 
  7. EFE (2 de abril de 2021). "Cs expulsa de sus filas al presidente de Melilla por ocultar que estaba imputado". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 23 de novembro de 2023. 
  8. "Resultados de las elecciones por comunidades autónomas". elpais.com (en castelán). 28-5-2019. Consultado o 29-4-2020. 
  9. "Ciudad de Melilla/ Comunidad Autónoma". elpais.com (en castelán). 18 de xullo de 2023. Consultado o 23 de novembro de 2023. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 16
mac 1
multimedia 1
os 136
text 1
todo 3
web 1