Menelao é unha figura da mitoloxía grega, rei de Esparta, era o fillo máis novo de Atreo e Aérope, e irmán de Agamenón rei de Micenas.

Menelao.

Historia

editar

Menelao converteuse en rei de Esparta e casou con Helena de Troia, quen sería raptada por Paris, fillo de Príamo, rei de Troia, dando lugar á famosa guerra. Baixo o mando de Agamenón, Menelao e os demais reis gregos partiron cara a Troia para rescatar a Helena. Ao final da guerra, Menelao foi un dos gregos que se escondeu no cabalo de Troia. Logo da guerra, Helena e Menelao reconciliáronse e trataron de regresar a Grecia, pero se viron obrigados a facer unha travesía que durou oito anos. Ao fin, Menelao e Helena regresaron a Esparta, onde Menelao prosperou e tiveron unha filla xuntos chamada Hermione.

A narración destes feitos aparecen na Ilíada de Homero.

  NODES
Done 1