Menelik I
emperador de Etiopía
Menelik I foi o primeiro emperador de Etiopía, que gobernou no século -X. De ascendencia hebrea, estabeleceu a dinastía salomónica. Tradicionalmente, crese que Menelik foi fillo de Salomón, rei de Israel, e Makeda, a Raíña de Saba.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século X a. C. Etiopía |
Morte | século X a. C. |
Emperador de Etiopía | |
Actividade | |
Ocupación | gobernante |
Familia | |
Familia | Menelik Dynasty (en) e Dinastía salomónica |
Pais | Salomón e Raíña de Sabá |
Irmáns | Roboam |
Nome
editarChamado Bäynä Ləḥkəm no Kebra Nagast, Menelik I tamén é chamado Ibn al-Hakim (en árabe: ابن الحكيم, "Fillo do sabio").[1]
Dinastía
editarDe acordo coa lenda, Menelik I fundou a dinastía salomónica de Etiopía que gobernou o país con poucas interrupcións durante case tres mil anos. Isto rematou 225 xeracións despois coa deposición do emperador Haile Selassie en 1974.
Notas
editar- ↑ O nome "Menelik" é de orixe amhárica (unha lingua semítica falada en Ethiopia), e ten dous significados:[1]
- "Fillo do sabio"
- "Que vai enviar?"