Menelik II

político etíope

Menelik II (en ge'ez: ዳግማዊ ምኒልክ, dagmäwi minilik) foi emperador de Etiopía (chamada naquel entón Abisinia). Nado en Ankober, na actual Etiopía no ano 1844 e morto en Addis Abeba, cidade fundada por el mesmo, en 1913. Foi negus de Soa e emperador de Etiopía desde o ano 1889 ó 1909.

Modelo:BiografíaMenelik II

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(am) ዳግማዊ ምኒልክ Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1844 Editar o valor en Wikidata
Ankober, Etiopía (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte12 de decembro de 1913 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Adís Abeba, Etiopía Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAdís Abeba
Imperio de Etiopía Editar o valor en Wikidata
Emperador de Etiopía
10 de marzo de 1889 – 12 de decembro de 1913
← João IV da Etiópia (pt) TraducirLij Iyasu (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa ortodoxa etíope Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Etiopía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticosen valor Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía salomónica Editar o valor en Wikidata
CónxuxeTaitu Bitul (1883–valor descoñecido)
Emyat Bafana Editar o valor en Wikidata
FillosShoa Reggad Menelik
 ()
Zewditu
 () Abetchew Bayan Editar o valor en Wikidata
PaiHaile Melekot Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Maryam-6
O emperador Menelik II de Abisinia viviu entre finais do século XIX e principios do XX. Durante o seu goberno, o Imperio Abisinio mantivo a súa independencia, grazas á súa vitoria sobre Italia en Adua. Durante aquel tempo, os únicos Estados independentes de África foron Liberia e Etiopía.

Era herdeiro ó trono de Soa trala morte do seu pai, o príncipe Hailu Malkot en 1855, pero foi levado á corte do emperador Teodoro II de Abisinia, o mesmo quen vencera ó seu pai, quen lle da unha das súas fillas por esposa. Conquista Soa e proclámase rei deste país, ó cal aumenta en territorios anexionando outros, como os do pobo galla.

Posteriormente defendeu a autonomía de Soa xunto ó emperador Xoán IV de Abisinia, a quen sucedeu en 1889 tras moitos intentos grazas á axuda de Italia. Ese mesmo ano anexionou os reinos setentrionais de Tigray e Amhara e asinou con Italia o polémico tratado de Uccialli, en virtude do cal parecía aceptar o protectorado italiano, o cal Menelik II non sabía.

En canto soubo que os termos en italiano do acordo convertían a Abisinia no seu protectorado, rexeitou o acordo, o cal non sentou demasiado ben ós italianos, que algún tempo máis tarde, en 1894, invadiron Abisinia provocando a guerra entre ambas as nacións. Os italianos pensaban obter a vitoria facilmente como en calquera outro país africano, mais foron vencidos na batalla de Adua en 1896 e nese mesmo ano Etiopía proclamouse vencedora. Firmou entón un novo tratado con Italia, no cal Etiopía gañaba o seu recoñecemento como país independente e Italia a colonia de Eritrea. Abisinia consolidou a súa independencia en 1906, ano no que obtivo o recoñecemento internacional.

En 1886 fundou Addis Abeba, e aplicou unha política de modernización militar, económica e cultural que permitiu asentar as bases dun Estado moderno. Neste proceso cabe destacar o seu intento de abolir o comercio de escravos, o recorte de poderes e privilexios da nobreza feudal do país e a apertura do comercio con Djibuti, colonia francesa, grazas a permitir a estes últimos a construción dun ferrocarril.

A partir de 1903, cando sufriu un ataque de apoplexía, a súa saúde comezou a deteriorarse e, dous anos máis tarde, nomeou sucesor ó seu fillo Liy Yassu, deixando de ser emperador en 1909. Morreu no ano 1913 na súa capital, Addis Abeba.

  NODES
INTERN 1
todo 2