MetOp
MetOp (Meteorological Operational) é primeira familia de satélites meteorolóxicos polares europeos.[1][2]
Características
editarMetOp é a contribución europea ao Initial Joint Polar System, un acordo cooperativo entre Eumetsat e a NOAA estadounidense para compartir datos climáticos e meteorolóxicos. Lanzáronse tres satélites MetOp:[1][2]
- MetOp A, o 19 de outubro de 2006 mediante un foguete Soiuz-2-1a Fregat desde o cosmódromo de Baikonur.
- MetOp B, o 16 de setembro de 2012 tamén cun Soiuz-2-1a Fregat desde Baikonur.
- MetOp C, o 7 de novembro de 2018 usando un Soiuz-ST-B Fregat-M desde o Centro Espacial de Kourou.
A principal misión dos satélites é medir a temperatura e humidade da atmosfera e os océanos, así como observar a capa de nubes, medir a velocidade do vento na superficie do mar e monitorizar o contido de ozono na atmosfera. Para iso levan a bordo os seguintes instrumentos:
- A/DCS (Advanced Data Collection System) - Argos-3
- AMSU (Advanced Microwave Sounding Unit)
- ASCAT (advanced scatterometer)
- AVHRR/3 (Advanced Very High Resolution Radiometer)
- GOME-2 (Global Ozone Monitoring Experiment–2)
- GRAS (GNSS receiver for atmospheric sounding)
- HIRS/4 (High Resolution Infrared Sounder)
- IASI (Infrared Atmospheric Sounding Interferometer)
- MHS (Microwave Humidity Sounder)
- SARP/3 (Search And Rescue Processor)
- SARR (Search And Rescue Repeater)
- SEM-2 (Space Environmental Monitor)
Os satélites, construídos por EADS Astrium, teñen unha masa de cerca de 4000 kg e foron inxectados en órbitas heliosincrónicas de 800 km de altura. Cada satélite, unha vez en órbita e cos paneis solares despregados, teñen unha dimensión de 17,6 x 6,5 x 5,2 m.
Historial de lanzamentos
editarMisión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
MetOp A | 19 de outubro de 2006 | Soiuz-2-1a Fregat | Éxito |
MetOp B | 17 de setembro de 2012 | Soiuz-2-1a Fregat | Éxito |
MetOp C | 7 de novembro de 2018 | Soiuz-ST-B Fregat-M | Éxito |
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: MetOp |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina de MetOp en EUMETSAT Arquivado 22 de outubro de 2020 en Wayback Machine.