Michael Cimino
Michael Cimino, nado en Nova York o 3 de febreiro de 1939 e finado nos Ánxeles o 2 de xullo de 2016[1], é un director de cinema e guionista estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de febreiro de 1939 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 2 de xullo de 2016 (77 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
Educación | Universidade Yale Universidade Estatal de Míchigan Yale School of Art Westbury High School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
Ocupación | director de cinema, produtor de cinema, guionista, realizador |
Período de actividade | 1974 - |
Membro de | |
Familia | |
Parentes | T. Rafael Cimino, sobrinho fraterno |
Premios | |
| |
|
Traxectoria
editarComezou a súa carreira como creativo de publicidade, convertédose nun recoñecido director de anuncios para a televisión. En 1971 marchou ós Ánxeles para traballar como guionista.
O seu primeiro filme como director foi Un botín de 500.000 dólares, con Clint Eastwood. O éxito fixo que tivese un gran número de novos proxectos. Finalmente dirixiu, coescribiu e coproduciu a película O cazador, co que gañou o oscar ao mellor director.
Tras estes grandes éxitos de crítica e público, a United Artists deulle liberdade para o seu novo filme, A porta do ceo. A película superou varias veces o seu orzamento e levou case á quebra o estudio. Logo deste fracaso, cada vez tivo máis dificultades para financiar os seus novos proxectos.
Obra
editar- Un botín de 500.000 dólares (1974)
- O cazador (1978)
- A porta do ceo (1980)
- Manhattan Sur (1985)
- The Sicilian (1987)
- 37 horas desesperadas (1990)
- The Sunchaser (1996)
- To Each His Own Cinema (2007; segmento No Translation Needed)
Notas
editar- ↑ "Deer Hunter film director Michael Cimino dies". BBC News (en inglés). Consultado o 3-7-2016.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Michael Cimino na IMDb (en inglés).