Midwinterhoorn
O midwinterhoorn (en baixo alemán mirreweenterhoorn) é un antigo instrumento de vento que permanece en uso en Twente, en Veluwe (Güeldres) e mais en Achterhoek nos Países Baixos e nas localidades alemás próximas á fronteira de Neuenhaus, Hoogstede, Wilsum e Hestrup. O instrumento aseméllase a un corno alpino, de forma curva e de entre 80 a 115 cm de longo [1] que se fai en madeira de bidueiro, ameneiro ou salgueiro rematado tradicionalmente cun bocal de sabugueiro e que produce unha melodía monótona ao soprar e que se toca en solitario pois cada instrumento produce diferentes tons e non se pode crear unha harmonía real ao tocar xuntos varios á vez. Tradicionalmente o instrumento facíanno os zoqueiros que cortaban unha árbore que baldeiraban nun proceso que podía levar días, utilizabánse como chamada de aviso ou perigo para alertar de lumes, catástrofes pero tamén ao ser utilizado nun enclave católico rodeado de comunidades protestantes para avisaren da chegada de incursións durante a celebración da misa, a partir de 1920 comezaron a se facer de metal que resultaban moito máis baratos e rápidos de facer,[2] durante a segunda guerra mundial tamén se utilizaron para alertaren da chegada de patrullas alemáns e a partir de 1950 recuperouse como instrumento tradicional, só feito en madeira, e comezou a tradición de tocalo só entre o primeiro domingo de advento e a epifanía (6 de xaneiro) realizando competicións entre as diferentes localidades.