Mike MacDowel
Michael George Hartwell MacDowel nado en Great Yarmouth, Norfolk, Inglaterra o 13 de setembro de 1932 e finado en Surrey, Inglaterra o 19 de xaneiro de 2016, foi un piloto de carreiras inglés que participou nun Gran Premio do Campionato Mundial de Fórmula 1, o Gran Premio de Francia de 1957 o 7 de xullo de 1957, compartindo o seu auto con Jack Brabham. MacDowel non anotou ningún punto do campionato, terminou sétimo (habendo clasificado 15º e último), e os puntos foron concedidos soamente aos primeiros cinco finalistas.
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 13 de setembro de 1932 Great Yarmouth, Reino Unido (pt) | ||||||||||||||||
Morte | 18 de xaneiro de 2016 (83 anos) Surrey, Reino Unido | ||||||||||||||||
Causa da morte | cancro | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de carreiras | ||||||||||||||||
Deporte | Fórmula 1 carreira de montaña | ||||||||||||||||
|
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
MacDowel era un corredor afeccionado. Logo dunha descanso, competiu en subidas de montaña desde 1968 ata ben entrado nos seus 60 anos. Estableceu a marca da subida a Shelsley Walsh en 1973, 28´21 segundos para unha distancia de 914 metros, e nesa tempada e o ano seguinte gañou o campionato británico de subida a montaña.
Morreu o 19 de xaneiro de 2016.[1]
Resultados Completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1957 | Cooper Car Company | Cooper T43 | Climax 4 en liña | ARX | MON | 500 | FRA 7* |
GBR | ALE | PES | ITA | NC | 0 |
- * Indica unidade compartida con Jack Brabham
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mike MacDowel |