Mikhail Tomskii
Mikhail Pavlovich Tomskii (en ruso: Михаил Павлович Томский), nado en Kolpino (Imperio Ruso) o 31 de outubro de 1880 e finado en Bolshevo (Unión Soviética) o 22 de agosto de 1936, foi un sindicalista e líder bolxevique .
Traxectoria
editarNaceu en Kolpino, preto de San Petersburgo. Trasladouse a Estonia (por aquel entón Imperio Ruso) e involucrouse na Revolución Rusa de 1905. Axudou a formar o Soviet de Revel de deputados e obreiros e o Sindicato de Traballadores Metalúrxicos. Arrestaron a Tomskii e deportárono a Siberia.
Conseguiu escapar e regresou a San Petersburgo onde se converteu no presidente do Sindicato de Gravadores e Cromolitográficos.
Volvérono deter en 1908 e tivo que exiliarse a Francia, pero volveu regresar a Rusia en 1909, onde o detiveron pola súa actividade política e o condenaron a 5 anos de traballos forzados. Liberouno o goberno provisional trala Revolución de Febreiro de 1917 e trasladouse a Moscova, onde participou na Revolución de Outubro. Nomeárono membro do Comité Central do Partido Bolxevique en 1919.
En 1920 nomeárono Secretario Xeral da Internacional Sindical Vermella, Tomski era un aliado de Nikolai Bukharin e Aleksei Rykov, que lideraban a parte moderada (o de dereita) do Partido Bolxevique durante os anos 20. Xuntos, foron aliados de Stalin, na súa loita interna polo poder contra Trotski trala morte de Lenin en 1924.
En 1928 Stalin volveuse contra os seus antigos aliados, derrotando a Bukharin, Rykov e Tomskii, na reunión plenaria do Comité Central celebrada en abril de 1929 e obrigando a Tomskii a dimitir como líder do movemento sindical, pasando entón a traballar na industria química da Unión Soviética, cargo que ocupou ata 1930. Non o reelexiron no buró tralo 16ª Congreso do Partido Comunista, en xullo de 1930, pero foi membro de pleno dereito do Comité Cental ata o seguinte Congreso, en xaneiro de 1934, cando o rebaixaron a membro sen dereito a voto.
Tomskii dirixiu a publicación do estado dende maio de 1932 ata agosto de 1936, cando o acusaron de estar relacionado cos terroristas durante os Xuízos de Moscova. En lugar de que o detera o NKVD, Tomskii suicidouse pegándose un tiro nunha dacha en Bolshevo, preto de Moscova. Acusárono xa morto de alta traizón e outros crimes nunha farsa xudicial en marzo de 1938. O goberno soviético exculpou a Tomskii de todos os cargos na perestroika en 1988.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Bibliografía
editar- Kaplan, Frederick (1968). Bolshevik Ideology and the Ethics of Soviet labor. Nova York: Philosophical library.
- Politicheckie deyateli Rossii 1917: Biograficheskij slovar'. Moscow, 1993. Excerpts available online.
- Robert C. Tucker, Memoir of a Stalin Biographer
Ligazóns externas
editar- Tomsky Archive Ficheiro marxista en Internet.
- The trade unions, the party and the state Un panfleto de Tomskii.