Un milagre é un feito extraordinario, sobrenatural, atribuído a algunha orixe divina, e que realiza ou ben esta divindade ou ben unha persoa intermediaria (un santo, un pastor, un profeta...). A interpretación dos milagres non é científica e depende sempre de cuestións de fe relixiosa. Sitúase pois no ámbito das crenzas, e non da realidade.

Historia e interpretación

editar

O milagre nace dun acontecemento que é difícil explicar cos coñecementos científicos dunha época dada. Así, en distintos cultos as eclipses foron milagres, ou o contacto con novas poboacións de tribos distintas, as curacións súpetas de individuos supostamente enfermos... É complexo explicar de xeito científico moitos destes milagres doutro tempo, principalmente porque a maioría dos milagres son relatos escritos, sobre os que non se conservan testemuñas vivas.

Os milagres son obxecto de controversia por esta razón, e opóñense ao seu redor os pensamentos relixiosos e esotéricos, dunha banda, e os racionalistas, doutra. En esoterismo, manéxanse dous conceptos diferentes:

Os milagres, coñecidos con este ou outros nomes, hainos en múltiples crenzas relixiosas, tanto politeístas coma monoteístas. Así, son milagres as transformacións propias dos deuses gregos, como as operadas por Narciso ou por Leda, ao igual có son as dez pragas de Exipto, o dioivo, a resurrección de Lázaro, a multiplicación dos pans e dos peixes ou outros famosos exemplos da tradición xudeucristiá ou unicamente cristiá.

Na actualidade, e no contexto da relixión católica, os milagres son elementos imprescindíbeis nos procesos de beatificación e santificación, é dicir, nas vías polas que unha persoa, xa defunta, pasa a engrosar a lista dos venerábeis que merecen adoración como transmisores do catolicismo.

Ademais de pola súa crenza, os milagres poden clasificarse nalgúns grande tipos que comparten características e procedementos:

Véxase tamén

editar
  NODES
dada 1
dada 1
Done 1