O millo doce (Zea mays L. var. rugosa[1] ou tamén Zea mays convar. saccharata var. rugosa) (coñecido en inglés coma sweet corn) é unha variedade de millo con elevado contido en azucre. Malia a importancia do millo coma alimento en Galiza dende a súa chegada das Américas, o millo doce non forma parte da gastronomía tradicional galega, tendo sido popularizado hai uns anos maioritariamente en conserva (non tanto en carozo), e incorporado principalmente a ensaladas. É, porén, moi popular noutras culturas, especialmente nos Estados Unidos de América.

Mazarocas fervidas

Valor nutricional

editar
Millo doce cru
Valor nutricional por 100 g
Enerxía360 kJ (86 kcal)
19.02 g
Azucres3.22 g
Fibra alimentaria2.7 g
1.18 g
3.2 g
Triptófano0.023 g
Treonina0.129 g
Isoleucina0.129 g
Leucina0.348 g
Lisina0.137 g
Metionina0.067 g
Cistina0.026 g
Fenilalanina0.150 g
Tirosina0.123 g
Valina0.185 g
Arxinina0.131 g
Histidina0.089 g
Alanina0.295 g
Ácido aspártico0.244 g
Ácido glutámico0.636 g
Glicina0.127 g
Prolina0.292 g
Serina0.153 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
1%
9 μg
Tiamina (B1)
17%
0.200 mg
Niacina (B3)
11%
1.700 mg
Ácido fólico (B9)
12%
46 μg
Vitamina C
8%
6.8 mg
MineraisCantidade
%DV
Ferro
4%
0.52 mg
Magnesio
10%
37 mg
Potasio
6%
270 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga75.96 g

unha mazaroga media (17 a 19 longo)
con 90 g de sementes
As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

O gran do millo doce é o resultado dunha mutación nos xenes que controlan a conversión do azucre en amidón no endosperma (tecido de reserva). As mazarocas de millo doce son apañadas nunha etapa precoz do seu crecemento (estadio leitoso). A maduración do gran produce a conversión do azucre en amidón, polo que o millo doce se conserva pouco tempo e se come fresco, ou ben se comercializa enlatado ou conxelado, antes de que os grans endurezan e se tornen ricos en amidón.

Historia

editar

O millo doce foi froito dunha mutación espontánea de millo e cultivado por varias nacións amerindias. Os iroqueses xa cultivaban o primeiro millo doce rexistrado, chamado Papoon, o cal adquiriron os colonos europeos en 1779.[2] E xa dende moi cedo foi un cereal popular nas rexións do sur e do centro dos Estados Unidos de América.

As súas variedades de polinización aberta estiveron amplamente dispoñíbeis nos Estados Unidos no século XIX. Dúas das máis antigas variedades, aínda están hoxe en día á venda: Country Gentleman, con ringleiras brancas en fileiras irregulares, e Stowell's Evergreen.

A produción no século XX estivo influenciado polos desenvolvementos a seguir:

  • a hibridación permitiu unha maduración máis uniforme, mellorando a calidade e maila resistencia a enfermidades
  • a identificación dos xenes mutados responsábeis da dozura, e a habilidade para mellorar variedades baseadas nestas características:
    • su (doce normal)
    • se (doce mellorado, orixinalmente denominado Everlasting Heritage)
    • sh2 (shrunken-2)[3]

Actualmente hai centenares de variedades, e constantemente se desenvolven máis.

  1. Erwin, A. T. (1951). "Sweet Corn—Mutant or historic species?". Economic Botany (Springer New York) 5 (3): 302. 
  2. "Sweet Corn Production." Jonathan R. Schultheis, North Carolina Cooperative Extension Service, North Carolina State University. Revisado decembro de 1994. [1] Arquivado 13 de xullo de 1997 en Wayback Machine.
  3. Levey Larson, Debra (2003). "Supersweet sweet corn: 50 years in the making". Inside Illinois (University of Illinois at Urbana-Champaign) 23 (3). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2008. Consultado o 2009-09-03. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
Intern 1
mac 1
OOP 1
os 40
todo 1