Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (España)
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de España é un departamento ministerial da XII Lexislatura, creado na presidencia de Pedro Sánchez, con competencias en ciencia, I+D+i e universidades. A súa titular é Diana Morant.
Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades | |
---|---|
Tipo | ministerio de España |
Campo de traballo | ciencia, investigación científica, Innovación e universidade |
Data de fundación | 6 de xuño de 2018 |
Presidente/a | Diana Morant |
Organización subsidiaria | Secretariat of State for Universities, Research, Development and Innovation of Spain e Consello Superior de Investigacións Científicas |
Sede | Paseo da Castellana |
País | España |
Na rede | |
http://www.ciencia.gob.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarOs ministerios de ciencia foron unha constante nos diferentes gobernos de España, se ben dependendo do partido no Goberno este adquiría autonomía propia ou fusionábase con outros. Desde a moción de censura contra Mariano Rajoy, e a chegada de Pedro Sánchez á presidencia, este recuperou a autonomía do ministerio. A partir de 2020, deu lugar a dous ministerios diferenciados: Ministerio de Ciencia e Innovación, e Ministerio de Universidades.
Funcións
editarSegundo o Real Decreto 355/2018, de 6 de xuño, polo que se reestruturan os departamentos ministeriais, corresponde ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a proposta e execución da política do Goberno en materia de Universidades, investigación científica, desenvolvemento tecnolóxico e innovación en todos os sectores.[1]
En particular, corresponderá ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades o exercicio das competencias de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación en materia espacial, incluídas a representación e a participación nos organismos da Unión Europea e Internacionais.
Estrutura
editarEsta Secretaría de Estado dispoñía como único órgano superior:[2]
- A Secretaría de Estado de Universidades, Investigación, Desarrollo e Innovación.
- A Secretaría Xeral de Universidades.
- A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.
- A Subdirección Xeral de Coordinación e Relacións Institucionais.
- A Secretaría Xeral de Coordinación de Política Científica.
- A Subdirección Xeral de Internacionalización da Ciencia e a Innovación.
- A Subdirección Xeral de Coordinación dos Organismos Públicos de Investigación.
- A Subdirección Xeral de Grandes Instalacións Científico-Técnicas.
- A Subsecretaría de Ciencia, Innovación e Universidades.
- A Secretaría Xeral Técnica.
- A Subdirección Xeral de Xestión Económica.
- A Subdirección Xeral de Persoal e Inspección de Servizos.
- A Oficina Presupuestaria.
Organismos adscritos
editar- Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación.
- Colexio de España en París.
- Comité Español de Ética da Investigación.
- Conferencia Xeral de Política Universitaria.
- Consello Asesor de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación.
- Consello de Estudiantes Universitario do Estado.
- Consello de Política Científica, Tecnolóxica e de Innovación.
- Consello de Universidades.
- Servizo Español para a Internacionalización da Educación.
- Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
- Universidade Nacional de Educación a Distancia.
Notas
editar- ↑ "Real Decreto 355/2018, de 6 de junio, por el que se reestructuran los departamentos ministeriales." (138).[Ligazón morta]
- ↑ "Real Decreto 865/2018, de 13 de julio, por el que se desarrolla la estructura orgánica básica del Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.". boe.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 14 de xullo de 2018.