Mira Furlan

actriz e cantante croata radicada nos Estados Unidos

Mira Furlan, nada o 7 de setembro de 1955 en Zagreb e finada nos Ánxeles o 20 de xaneiro de 2021,[1][2] foi unha actriz e cantante croata radicada nos Estados Unidos.

Modelo:BiografíaMira Furlan

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1955 Editar o valor en Wikidata
Zagreb, Croacia Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xaneiro de 2021 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteVirus do Nilo Occidental Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademy of Dramatic Art (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz, actriz de televisión, actriz de cinema, actriz de teatro, cantante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1975 Editar o valor en Wikidata - 2016 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeGoran Gajić Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webmirafurlan.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001245 Allocine: 2465 Allmovie: p25371 TV.com: people/mira-furlan
Twitter: FurlanMira BNE: XX5208035 Musicbrainz: 32b16298-413b-46ec-88d9-8e4303874b9f Discogs: 847239 WikiTree: Furlan-32 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Furlan naceu no seo dunha familia cun gran número de profesores universitarios en Zagreb, que entón formaba parte da antiga República Federal Socialista de Iugoslavia (na actualidade, capital de Croacia). Súa nai era croata-xudía e seu pai de orixe eslovena-croata.[3]

Graduouse na Academia de Artes Dramáticas en Zagreb e conseguiu un título universitario, equivalente a un B.F.A., en teatro[3]

Foi membro do Teatro Nacional Croata e apareceu con frecuencia en filmes e televisión iugoslava, incluíndo a obra gañadora do Festival de Cannes en 1985, Otac na službenom putu.

Por mor das circunstancias políticas na súa terra natal, emigrou ós Estados Unidos xunto co seu marido, Goran Gajić, en novembro de 1991.

Fíxose coñecida nos Estados Unidos por interpretar o papel de Delenn, a embaixadora Minbari, nos 111 episodios da serie de televisión de ciencia ficción Babylon 5 (1993-1998) e nas dúas películas de televisión.[1] O recoñecemento internacional chegoulle da man do papel de Danielle Rousseau na serie de televisión da ABC Lost, interpretado entre 2004 e 2010.[1]

En 1998, publicou Songs From Movies That Have Never Been Made, un CD que suspuxo a súa incursión na música como cantante.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 Díaz, Johnny (22 de xaneiro de 2021). "Mira Furlan, Actress on ‘Lost’ and ‘Babylon 5,’ Dies at 65". nytimes.com (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2021. 
  2. Redacción (22 de xaneiro de 2021). "Muere a los 65 años Mira Furlan, actriz de 'Perdidos' y 'Babylon 5'". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 ""Lost" Actress Finds New Life in Hollywood" (en inglés). 10 de abril de 2006. Archived from the original on 27 de maio de 2012. Consultado o 24 de xaneiro de 2021. 
  4. "Mira Furlan". discogs.com (en inglés). Consultado o 24 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
INTERN 1
todo 1