Misofilia

desexo patolóxicos polas cousas sucias

A misofilia é unha parafilia consistente nun interese e desexo patolóxicos polas cousas sucias.[1]

Características

editar

As prácticas misófilas poden consistir en mastigar, ulir, vestir ou realizar algunha acción con cousas ou persoas sucias. Os misófilos senten excitación por atoparse coa parella nun estado de sucidade. A misofilia catalógase coma un tipo de fetichismo.

Psicanaliticamente a misofilia interprétase como unha fixación na fase anal ou como unha regresión a ela.

  1. GALLIMBERTI, U. Diccionario de psicología. Siglo XXI. ISBN 968-23-2618-4.  (en castelán)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
todo 1