Mobile Suit Gundam: Hathaway's Flash
Mobile Suit Gundam: Hathaway's Flash (機動戦士ガンダム 閃光のハサウェイ Kidō Senshi Gandamu: Senkō no Hasauei?) tamén coñecido como Mobile Suit Gundam Hathaway, é unha serie de novelas creadas e escritas por Yoshiyuki Tomino. Oficialemente parte da metaserie Gundam, foron publicadas orixinalmente por Kadokawa Shoten baixo o selo Kadokawa Sneaker Bunko dende o 1 de febreiro de 1989 até o 1 de abril de 1990, cun total de tres volumes. A historia conta as aventuras de Hathaway Noa. Unha adaptación cinematográfica de tres partes foi formalmente anunciada por Sunrise como parte do proxecto "UC NexT 0100".[1] O primeiro filme estreouse o 11 de xuño de 2021.
Mobile Suit Gundam: Hathaway's Flash | |
---|---|
Título orixinal | 機動戦士ガンダム 閃光のハサウェイ |
Autor/a | Yoshiyuki Tomino |
Ilustrador/a | Haruhiko Mikimoto |
Orixe | Xapón |
Lingua | lingua xaponesa |
Xénero(s) | mecha |
Editorial | Kadokawa Sneaker Bunko |
Data de pub. | 1 de febreiro de 1989 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Notas
editar- ↑ "40th anniversary of Mobile Suit Gundam". GIGAZINE. 2018-04-20. Consultado o 2018-04-20.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en inglés)