As mofetas son os mamíferos pertencentes á familía dos mefítidos (Mephitidae). Caracterízanse pola súa capacidade de lanzar un líquido cun forte cheiro desagradable polas súas glándulas anais para escorrentar a outros animais. As diferentes especies de mofetas varían en aparencia desde a pelaxe branca e negra á marrón ou cor crema, pero todas teñen coloracións de advertencia. A especie máis famosa é Mephitis mephitis. Son esencialmente americanas, pero engadíronse recentemente dúas especies asiáticas relacionadas. Durante moito tempo eran consideradas mustélidos ata que estudos xenéticos fixeron que se separasen nunha familia propia.

Mofetas

Mephitis mephitis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Cordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Superfamilia: Musteloidea
Familia: Mephitidae
Bonaparte, 1845
Áreas de distribución dos xéneros
Áreas de distribución dos xéneros

Áreas de distribución dos xéneros
Xéneros

Conepatus
Mydaus (único asiático)
Mephitis (tipo)
Spilogale

Clasificación

editar

As mofetas americanas, xunto coas mofetas do sueste asiático (chamadas ás veces mofetas-teixugo), pertencen á familia Mephitidae,[1][2] da orde dos Carnivora. Hai doce especies de mefítidos, clasificadas en catro xéneros: Conepatus (con catro especies); Mephitis (dúas especies); Mydaus (mofetas-teixugo de Asia, con dúas especies); e Spilogale (con catro especies). As dúas especies asiáticas do xénero Mydaus viven en Indonesia e Filipinas; todos os demais viven en América, dende o Canadá ata a Arxentina e Chile. Coñécense mefítidos fósiles, algúns dos cales eran de Eurasia.[3]

As mofetas foron anteriormente e por longo tempo clasificadas como unha subfamilia dos mustélidos (a familia da denosiña); porén, recentes análises xenéticas aconsellaron que as mofetas fosen tratadas como unha familia separada.[2] De xeito similar, os membros asiáticos do xénero Mydaus foran clasificados como teixugos, pero as evidencias xenéticas mostran que teñen un antepasado común máis recente coas mofetas, polo que é mellor incluilos na familia das mofetas.[4][5] En orde alfabética, as especies vivas de mofetas son:[6]

 
Esqueleto de Mephitis macroura no Museo de Osteoloxía.

Descrición física

editar

As especies de mofetas varían en tamaño desde 40 a 94 cm de longo e pesan desde 0,5 (Spilogale) a 8,2 kg (Conepatus). Teñen corpos moderadamente alongados con patas relativamente curtas e musculosas e garras fortes nas patas anteriores para escavar.

Aínda que a súa cor de pelaxe máis común é branca e negra, algunhas mofetas son marróns ou grises e unhas poucas de cor crema. Todas as mofetas teñen bandas ou liñas na pelaxe, xa desde o nacemento. Poden ter unha soa liña grosa dorsal desde o rabo á cabeza, dúas liñas delgadas ou unha serie de manchas brancas e liñas incompletas. Algunhas teñen tamén liñas nas patas.

As mofetas son omnívoras, comen tanto plantas coma alimento de orixe animal e cambian as súas dietas ao cambiar de estación. Comen insectos e larvas, miñocas, roedores, lagartos, píntegas, ras, serpess, aves, toupas e ovos. Tamén é común que coman bagas, raíces, follas, herbas, fungos e noces.

En áreas poboadas, as mofetas tamén buscan entre o lixo deixado polos humanos. Menos a miúdo, as mofetas poden actuar como preeiros, comendo cadáveres de aves e roedores deixados polos gatos e outros animais. Poden atopar a comida para mascotas gardada en garaxes e sotos, especialmente a comida para gatos. Adoitan escavar buratos nos céspedes para buscar larvas e vermes.

As mofetas son uns dos principais predadores das abellas, aproveitando a grosa pelaxe que as protexe das picadas. A mofeta rasca a parte frontal da colmea e come as abellas macho que veñen a investigar. As mofetas nais ensinan esta técnica ás crías.

Comportamento

editar

As mofetas son animais crepusculares e solitarios cando non están en época reprodutora, aínda que nas partes frías da súa área de distribución, poden xuntarse en goridas comunais para estaren quentes. Durante o día, agóchanse en tobos que escavan coas súas poderosas garras anteriores. Os machos e as femias ocupan territorios solapados durante a maior parte do ano, que normalmente son de 2 a 4 km2 para as femias e de ata 20 km2 para os machos.

As mofetas non fan unha verdadeira hibernación en inverno, pero permanecen dentro dos seus tobos durante longos períodos de tempo. Porén, permanecen xeralmente inactivas e aliméntanse raramente, pasan por un estadio dormente. As femias pasan o inverno arrexuntadas (ata 12); e os machos normalmente están na gorida sós. A miúdo, a mesma gorida invernal utilízase repetidamente varios anos.

Aínda que teñen sentidos olfactivo e auditivo excelentes, teñen unha visión mala, e son incapaces de ver obxectos a máis de 3 m de distancia, o que as fai vulnerables a morrer atropeladas polos vehículos ao cruzaren as estradas. Teñen vidas curtas; a súa lonxevidade na natureza pode chegar aos sete anos, e a maioría viven só un ano.[7][8] En catividade, poden vivir ata 10 anos.[7][8]

Reprodución

editar

As mofetas aparéanse ao inicio da primavera e son políxinas, o que significa que os machos exitosos aparéanse con máis dunha femia. Antes de daren a luz (normalmente en maio), a femia escava un tobo para ter alí a súa camada de catro a sete crías. O período de xestación é duns 66 días.[9]

Cando nacen, as crías das mofetas son cegas, xordas e cubertas dunha suave capa de pelame. Aproximadamente tres semanas despois de nacer, abren os ollos. As crías son desleitadas uns dous meses despois de nacer, pero xeralmente permanecen coa súa nai ata que están listos para aparearse, a aproximadamente un ano de idade.

Glándulas odoríferas anais

editar

As mofetas son coñecidas polas súas glándulas anais odoríferas, que poden usar como arma defensiva. Son similares, aínda que moito máis desenvolvidas, que as glándulas que se encontran en especies da familia dos mustélidos. As mofetas teñen dúas glándulas; unha a cada lado do ano. Estas glándulas producen o sprai das mofetas, que é unha mestura fedorenta de compostos químicos que conteñen xofre como os tiois (tradicionalmente chamados mercaptanos), que teñen un cheiro desagradable e nauseabundo. Este spray é tan poderoso que pode repelar a osos e outros atacantes potenciais. Os músculos localizados ao lado das glándulas odoríferas permítenlles proxectar o spray de líquido cun alto grao de precisión, ata a 3 m de distancia. Á parte do mal cheiro, o líquido pode causar irritación e mesmo unha cegueira temporal, e pode ulirse a gran distancia. A súa defensa química é efectiva, como ilustra este extracto de Voyage of the Beagle de Charles Darwin:

Vimos tamén unha parella de Zorrillos[10] ou mofetas, odiosos animais, que están lonxe de ser escasos. Na súa aparencia xeral, o Zorrillo lembra un furón bravo, pero é bastante maior e moito máis groso en proporción. Consciente do seu poder, vaga polo día pola chaira aberta, e non teme nin ao can nin ao home. Se un can é acirrado a atacar, o seu valor é instantaneamente posto a proba por unhas poucas pingas de fétido aceite, que provoca un violento mareo e goteo nasal. Calquera cousa que fose unha vez contaminada por el, é para sempre inútil. Azara dixo que o cheiro pode ser percibido a unha legua de distancia; máis dunha vez, cando se entra no porto de Monte Video[11], e o vento vén da costa, percibimos o cheiro a bordo do Beagle. Tan certo é que todo animal da mellor gana cédelle o sitio ao Zorrillo.
We saw also a couple of Zorrillos, or skunks—odious animals, which are far from uncommon. In general appearance, the Zorrillo resembles a polecat, but it is rather larger and much thicker in proportion. Conscious of its power, it roams by day about the open plain, and fears neither dog nor man. If a dog is urged to the attack, its courage is instantly checked by a few drops of the fetid oil, which brings on violent sickness and running at the nose. Whatever is once polluted by it, is for ever useless. Azara says the smell can be perceived at a league distant; more than once, when entering the harbour of Monte Video, the wind being off shore, we have perceived the odour on board the Beagle. Certain it is, that every animal most willingly makes room for the Zorrillo.[12]


As mofetas son reticentes a usar esta arma, xa que portan só a cantidade de substancia suficiente para cinco ou seis usos – uns 15 cc – e necesitan uns 10 días para producir outra cantidade similar.[13] A súa coloración, xeralmente branca e negra, fai a súa aparencia fácil de lembrar. Isto é unha vantaxe para a mofeta para advertir a posibles predadores que non se acheguen sen necesidade de gastar o seu cheirento composto: ademais desta coloración aposemática de advertencia, as mofetas que se ven ameazadas producen unha elaborada rutina de asubíos, pateos contra o chan, erguer o rabo (comportamento deimático) ou posturas de ameaza antes de utilizar o recurso de proxectar o seu fedento líquido. As mofetas xeralmente non lanzan o spray contra outras mofetas, agás entre machos na tempada de apareamento. Se loitan no espazo da gorida en outono, utilizan os dentes e as garras.

A maioría dos predadores das Américas, como os lobos, raposos e teixugos, raramente atacan as mofetas, seguramente polo medo ao líquido oloroso. As excepcións son os cans, que son imprudentes predadores cuxos ataques fracasan unha vez que se lles proxecta o líquido, e o bufo Bubo virginianus.[14] It is the skunk's only regular predator.[15] Nun caso, atopáronse os restos de 57 mofetas Mephitis mephitis nun só niño destes bufos.[16]

As mofetas son comúns en áreas suburbanas. Os frecuentes encontros con cans e outros animais domésticos, e a liberación do cheiro cando a mofeta é atropelada, orixinaron moitos mitos sobre o difícil que é eliminar o seu pestífero cheiro. Debido á composición química do spray, a maioría dos remedios caseiros son ineficaces,[17] coa excepción dos remedios que teñen a capacidade de degradar os tiois.

O spray que proxecta a mofeta está composto principalmente de tres compostos tiol de baixo peso molecdular chamados (E)-2-buteno-1-tiol, 3-metil-1-butanotiol, e 2-quinolinametanotiol, e tamén os tioésteres de acetato dos anteriores.[18][19][20][21][22] Estes compostos son detectables polo olfacto humano a concentracións de só 10 partes por mil millóns.[23][24]

 

Unha das crenzas máis comúns é que unha mascota que fose afectada debería ser bañada en zume de tomate para neutralizar o cheiro. Porén, isto necesitaría enormes cantidades de zume de tomate e é escasamente efectivo. Algunhas asociacións recomendan usar unha mestura de peróxido de hidróxeno diluído (3%), bicarbonato e líquido de lavalouzas.[25]

Mordeduras

editar
 
Unha mofeta domesticada.

É raro que unha mofeta sa morda a un humano. Aínda que as mofetas domesticadas ás que se lles extirparon as glándulas odoríferas poden trabar para se defenderen, hai poucos incidentes deste tipo rexistrados. A causa máis común de que mordan aos humanos é que padezan a rabia, polo que poden transmitir o virus da rabia. Os Centros de Control de Enfermidades (CDC) rexistraron 1494 casos de rabia en mofetas nos Estados Unidos no ano 2006, o que representa un 21,5 % de todos os casos informados para todas as especies.[26][27] Nos Estados Unidos as mofetas van despois dos mapaches como vectores da rabia, aínda que isto varía rexionalmente.

Domesticación

editar

Mephitis mephitis é a máis social das mofetas e unha das que normalmente se domestican. Cando se ten unha mofeta como mascota, normalmente se lles extirpan as súas glándulas do olor. Porén, telas como mascotas é ilegal na maioría dos estados dos Estados Unidos.[28] En cambio en países europeos como Reino Unido está permitida telas como mascotas, pero a Animal Welfare Act 2006[29] prohibe a extirpación das súas glándulas odoríferas.

  1. Don E. Wilson & DeeAnn M. Reeder (2005). Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. 
  2. 2,0 2,1 Dragoo and Honeycutt; Honeycutt, Rodney L (1997). "Systematics of Mustelid-like Carnvores". Journal of Mammalogy (Journal of Mammalogy, Vol. 78, No. 2) 78 (2): 426–443. JSTOR 1382896. doi:10.2307/1382896. 
  3. Natural History Passing the smell test
  4. Koepfli KP, Deere KA, Slater GJ, et al. (2008). "Multigene phylogeny of the Mustelidae: Resolving relationships, tempo and biogeographic history of a mammalian adaptive radiation". BMC Biol. 6: 4–5. PMC 2276185. PMID 18275614. doi:10.1186/1741-7007-6-10. 
  5. Mammal Species of the World – Browse: Mephitidae Arquivado 24 de outubro de 2012 en Wayback Machine.. Bucknell.edu. Retrieved on April 5, 2012.
  6. Wilson, D.E.; Reeder, D.M., eds. (2005). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494. 
  7. 7,0 7,1 ADW: Mephitis mephitis: INFORMATION. Animaldiversity.ummz.umich.edu. Retrieved on April 5, 2012.
  8. 8,0 8,1 Virtual Nature Trail. Striped Skunk. The Pennsylvania State University (2002).
  9. "Skunks Management Guidelines". UC Davis IPM. 
  10. sic, esta é a palabra usada por Darwin e con maiúscula e cursiva
  11. sic, Darwin escríbeo así
  12. Darwin, Charles (1839). Voyage of the Beagle. London, England: Penguin. ISBN 0-14-043268-X. Consultado o 27 de xuño de 2006. 
  13. Biology and Control of Skunks. Agriculture and Rural Development. Government of Alberta, Canada. 1 de xuño de 2002
  14. "Oregon Zoo Animals: Great Horned Owl". Oregonzoo.org. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2012. Consultado o February 9, 2012. 
  15. "Great Horned Owl". The Cornell Lab of Ornithology. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2017. Consultado o March 21, 2013. 
  16. Hunter, Luke (2011). Carnivores of the World. Princeton, NJ: Princeton University Press. ISBN 978-0-691-15228-8. 
  17. Is it true that tomato sauce will get rid of the smell of a skunk?. Scienceline. Consultado o 5 de abril de 2012.
  18. Andersen K. K.; Bernstein D. T. (1978). "Some Chemical Constituents of the Scent of the Striped Skunk (Mephitis mephitis)". Journal of Chemical Ecology 1 (4): 493–499. doi:10.1007/BF00988589. 
  19. Andersen K. K.; Bernstein D. T. (1978). "1-Butanethiol and the Striped Skunk". Journal of Chemical Education 55 (3): 159–160. doi:10.1021/ed055p159. 
  20. Andersen K. K.; Bernstein D. T.; Caret R. L.; Romanczyk L. J., Jr. (1982). "Chemical Constituents of the Defensive Secretion of the Striped Skunk (Mephitis mephitis)". Tetrahedron 38 (13): 1965–1970. doi:10.1016/0040-4020(82)80046-X. 
  21. Wood W. F.; Sollers B. G.; Dragoo G. A.; Dragoo J. W. (2002). "Volatile Components in Defensive Spray of the Hooded Skunk, Mephitis macroura". Journal of Chemical Ecology 28 (9): 1865–70. PMID 12449512. doi:10.1023/A:1020573404341. 
  22. Wood, William F. "Chemistry of Skunk Spray". Dept. of Chemistry, Humboldt State University. Consultado o July 27, 2010. 
  23. Wood, William F. (1999). "The History of Skunk Defensive Secretion Research" (PDF). Chem. Educator 4 (2): 44–50. doi:10.1007/s00897990286a. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de outubro de 2010. Consultado o 29 de decembro de 2016. 
  24. Aldrich, T.B. (1896). "A chemical study of the secretion of the anal glands of mephitis mephitica (common skunk), with remarks on the physiological properties of this secretion". J. Exp. Med. 1 (2): 323–340. PMC 2117909. PMID 19866801. doi:10.1084/jem.1.2.323. 
  25. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2016. Consultado o 29 de decembro de 2016. 
  26. Blanton J.D.; Hanlon C.A.; Rupprecht C.E. (2007). "Rabies surveillance in the United States during 2006". Journal of the American Veterinary Medical Association 231 (4): 540–56. PMID 17696853. doi:10.2460/javma.231.4.540. 
  27. "Rabies Surveillance US 2006" (PDF). U.S. Centers for Disease Control and Prevention. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de setembro de 2008. Consultado o 29 de decembro de 2016. 
  28. US states where skunks can be kept Arquivado 15 de xullo de 2009 en Wayback Machine.. skunksaspets.com
  29. "Animal Welfare Act 2006" (PDF). Consultado o December 5, 2009. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Association 1
HOME 1
Idea 1
idea 1
iOS 6
mac 11
multimedia 1
os 184
todo 4