Monte Paektu
O monte Paektu (en coreano: 백두산; Paektu-san) é unha montaña volcánica localizada na fronteira entre Corea do Norte e a China. Con 2744 m, é a montaña máis alta das montañas Changbai, ó norte, e da cordilleira Baekdudaegan, ó sur. Tamén é a montaña máis alta da península de Corea e de Manchuria.
(zh-hans) 长白山 (ko) 백두산 (ko) 장백산 (mnc) ᡤᠣᠯᠮᡳᠨ ᡧᠠᠩᡤᡳᠶᠠᠨ ᠠᠯᡳᠨ (zh-hant) 長白山 | |||||
Tipo | montaña Estratovolcán territorio | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Five Mountains of Korea (en) | ||||
Localización | |||||
Continente | Asia | ||||
División administrativa | Samjiyon, Corea do Norte (pt) , Fusong County, República Popular da China (en) , Antu County, República Popular da China (en) e Corea do Norte | ||||
| |||||
Cordilleira | Changbai Mountains (en) | ||||
Características | |||||
Altitude | 2.744 m | ||||
Prominencia topográfica | 2.593 m | ||||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | |||||
Data | 28 de febreiro de 2017 | ||||
Identificador | 6190 | ||||
Etimoloxía
editarO nome en coreano quere dicir "montaña de testa branca". O nome en chinés, Changbai Shan (en chinés tradicional: 長白山; en chinés simplificado, 长白山) quere dicir "montaña perpetuamente branca" do mesmo xeito que o seu nome en manchú ᡤᠣᠯᠮᡳᠨ
ᡧᠠᠩᡤᡳᠶᠶᠠᠨ
ᠠᠯᡳᠨ, Golmin Šanggiyan Alin, e nomes variantes.[1] Un lago de cráter, chamado Lago do Ceo, atópase dentro da caldeira volcánica do cumio da montaña.
Xeografía
editarO monte Paeku é un estratovolcán cuxo cono está truncado por unha ampla caldeira de 5 km de anchura e 850 m de profundidade, parcialmente ocupada polas augas do lago do Ceo. A caldeira creouse arredor do ano 946, durante a chamada "erupción do milenio", cun IEV ou Índice de explosividad volcánica de 7, que expulsou de 100 a 120 km3 de piroclasto e puido afectar o clima da rexión.[2][3] A cinza volcánica desta erupción atopouse no sur da illa de Hokkaido, ó norte do Xapón. O lago ten unha circunferencia de 12 a 14 km, cunha profundidade media de 213 m e unha profundidade máxima de 384 m. Dende mediados de outubro a mediados de xuño, está cuberto normalmente de xeo.
Notas
editar- ↑ Exemplos: Paektu-san("Paektu-san: Corea do Norte". Consultado o 30 de xullo de 2012.) (coreano 백두산("백두산: Corea do Norte". Consultado o 30 de xullo de 2012.)), Ch’ang Pai,("Ch’ang Pai: China". Consultado o 30 de xullo de 2012.) Chang-pai Shan,("Chang-pai Shan: China". Consultado o 30 de xullo de 2012.) Chōhaku-san,("Chōhaku-san: China". Consultado o 30 de xullo de 2012.) Hakutō,("Hakutō: China". Consultado o 30 de xullo de 2012.) Hakutō-san,("Hakutō-san: China". Consultado o 30 de xullo de 2012.) Hakutō-zan,("Hakutō-zan: China". Consultado o 30 de xullo de 2012.) Paik-to-san,("Paik-to-san: China". Consultado o 30 de xullo de 2012.) Pai-t’ou Shan,("Pai-t’ou Shan: China". Consultado o 30 de xullo de 2012.) Mount Paitoushar,("Mount Paitoushar: China". Consultado o 30 de xullo de 2012.) Paitow Shan,("Paitow Shan: China". Consultado o 30 de xullo de 2012.) Pei-schan("Pei-schan: China". Consultado o 30 de xullo de 2012.) and Bai Yun Feng.
- ↑ Pan, Bo; Xu (2013). "Climatic impact of the Millennium eruption of Changbaishan volcano in China: New insights from high-precision radiocarbon wiggle-match dating" 40 (1). Bibcode:2013GeoRL..40...54X. doi:10.1029/2012GL054246.
- ↑ "Changbaishan". Smithsonian Institution. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2013. Consultado o 10 de agosto de 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monte Paektu |
Bibliografía
editar- Hetland, E.A.; et al. (2004). "Crustal structure in the Changbaishan volcanic area, China, determined by modeling receiver functions". Tectonophysics 386 (3–4): 157–75. Bibcode:2004Tectp.386..157H. doi:10.1016/j.tecto.2004.06.001.