Mosca doméstica
Mosca doméstica | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Non avaliado | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Musca domestica Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||
|
A mosca doméstica (ou común)[1], de nome científico Musca domestica, é un díptero da suborde dos Cyclorrhapha. É a especie de mosca máis común nas casas. Os insectos adultos son grises ou negros con catro liñas lonxitudinais no tórax, corpos lixeiramene peludos e un só par de ás membranosas. Teñen ollos compostos vermellos, e as femias, que son lixeiramente meirandes, teñen estes máis separados que os machos. Crese que evolucionou na era Cenozoica, posiblemente no Oriente Próximo, e espallouse por todo o mundo.
Poñen grupos duns cen ovos en materia orgánica en descomposición, como lixo, prea ou feces. Estes eclosionan orixinando larvas chamadas careixas, que se transforman en pupas marróns avermelladas, duns 8 mm de longo. As moscas adultas viven normalmente de dúas a catro semanas, pero poden hibernar durante o inverno. Os adultos aliméntanse de diversas substancias líquidas ou semilíquidas sobre materiais sólidos que son abrandados con saliva. Portan patóxenos nos seus corpos e feces e poden contaminar os alimentos e contribuír á transferencia de enfermidades transmitidas polos alimentos, polo que son consideradas pragas, pero foron usadas en experimentos de laboratorio para investigar o envellecemento e a determinación do sexo.
Descrición
editarAs moscas domésticas adultas crecen ata ter de 8 a 12 milímetros de longo. O tórax é gris ou ás veces incluso branco, e ten catro liñas escuras lonxitudinais no dorso. Todo o corpo está cuberto con proxección similares a pelos. As femias son lixeiramene maiores que os machos, e o espazo entre os seus ollos compostos vermellos é moito maior.[2]
As pupas poden pesar de 8 a 20 mg en diferentes condicións.[3]
Igual que outros dípteros teñen só un par de ás, e o que sería o segundo par de ás está reducido a pequenos halterios que lle dan estabilidade no voo. Caracteristicamente, a vea media (M1+2 ou cuarta vea longa da á) presenta unha brusca curvatura cara ariba.
Especies similares á mosca doméstica son:
- Fannia canicularis, máis pequena e delgada e coa vea media recta.
- Stomoxys calcitrans, con pezas bucais perforadoras e coa vea media só lixeiramente curvada.
As pezas bucais da mosca teñen unha probóscide ou protrusión tubular, ao final do cal hai un labium. A estrutura é a dun órgano esponxa que está caracterizado por ter moitas canles, chamadas pseudotraqueas, cuxa finalidade é captar líquidos. O líqido absorbido é finalmente transportado ao esófago.[4]
Ciclo de vida
editarUnha femia pode poñer uns 500 ovos durante a súa vida, en varios grupos de 75 a 150.[5] Os ovos son brancos e duns 1,2 mm de lonxitude. As larvas que saen do ovo, chamadas careixas (entre outros nomes), viven e aliméntanse de materia orgánica, xeralmente en descomposición, como lixo, prea ou feces. As larvas son brancas, de 3 a 9 mm de longo, máis delgadas na zona anterior, non teñen patas e presetan un pequeno conxunto de espiñas na parte ventral do abdome. Ao final do seu cuarto ínstar, a larva arrástrase a un lugar seco e frío e transfórmase en pupa, de cor avemellada ou marrón e duns 8 mm de longo. As moscas adultas emerxen despois da pupa unha vez que realizaron unha metamorfose completa. Os adultos viven de dúas semanas a un mes na natureza ou máis tempo en condicións de laboratorio benignas. Unha vez que saíron da pupa, as moscas deixan de crecer; as moscas pequenas non son necesariamente moscas novas, senón o resultado de que conseguiron pouca comida durante o estado larvario.[6]
Con tempo cálido os ovos eclosionan en só 8 a 12 horas, pero con tempo frío tardan 24 horas.[7] Unhas 36 horas despois de ter saído da pupa, a femia é receptiva ao apareamento. O macho monta por detrás á súa parella e inxecta o esperma. A copulación dura uns poucos segundos ou un par de minutos.[6] O apareamento é políxino. Normalmente, a femia aparéase unha soa vez, almacenando o esperma para usalo moitas veces e poñer varios conxuntos de ovos.[7]
Envellecemento
editarComo os tecidos somáticos da mosca doméstica constan de células posmitóticas de longa vida, poden utilizarse como un sistema modelo informativo para a comprensión das alteracións celulares relacionadas coa idade acumulativas. Agarwal e Sohal estudaron o nivel de danos oxidativos no ADN con formación de 8-hidroxidesoxoguanosina (8-OHdG) nas moscas domésticas.[8] Encontraron que o nivel de 8-OHdG se incrementaba coa idade das moscas. Atoparon tamén unha asociación inversa entre o nivel de 8-OHdG e a esperanza de vida das moscas. Presentaron a hipótese de que os danos moleculares oxidativos son un factor causal na senescencia (envellecemento). Estes descubrimentos están de acordo coa idea xeral de que os danos oxidativos no ADN, especialmente en tecidos posmitóticos, son unha das causas principais do envellecemento.[9][10]
Determinación do sexo
editarA mosca doméstica utilízase para estudar o mecanismo determinación do sexo. Aínda que existe unha gran variedade de mecanismos de determinación do sexo na natureza (por exemplo, a heterogamia de machos e femias, a haplodiploidía, factores ambientais), a maneira en que se determina o sexo está normalmente fixada nunha determinada especie. A diferenza do que ocorre noutras moscas como Drosophila os xenes Sex-lethal non están implicados na determinación do sexo de M. domestica, e a compensación de dose de cromosomas X, se existe nelas, non está acoplada coa diferenciación suxual.[11] Os machos portan un factor determinante da masculinidade (M) que pode estar localizado en calquera cromosoma, e un macho pode ter moitos factores M. As femias carecen de M e/ou teñen un alelo dominante do xene Md-tra (Md-tra D ) que actúa como locus determinante da feminidade mesmo en presenza de múltiples copias de M.[12] Porén, o mecanismo exacto de determinación do sexo na mosca doméstica aínda require máis investigacións.
Evolución
editarAínda que a orde dos dípteros é moi antiga, as verdadeiras moscas domésticas crese que evolucionaron a principios da era Cenozoica.[13] Crese que se orixinaron no sur da rexión Paleártica, especialmente no Próximo Oriente. Debido á súa estreita relación de comensal cos humanos, probablemente a súa distribución mundial dependeu da súa comigración cos humanos.[6]
A mosca doméstica é a máis común de todas as moscas que adoitan aparecer nas casas humanas, e supón o 91% de todas as moscas nas casas, e é o insecto cunha maior distribución, que se encontra por todo o mundo.
Relacións cos humanos
editarAs moscas domésticas poden portar uns 100 patóxenos, como os que causan febre tifoide, cólera, salmonelose,[14] disentería bacilar (por Shigella),[15] tuberculose, ántrax, oftalmia e vermes parasitos.[16] Algunhas cepas de moscas fixéronse inmunes aos insecticidas máis comúns.[17][18]
As moscas domésticas aliméntanse de substancias líquidas ou semilíquidas acumuladas entre o material sólido, que foron abrandando salivando ou vomitando. Defecan con frecuencia, o cal é un dos factores que fan que o insecto sexa un perigoso espallador de patóxenos, que porta nas feces. Aínda que son moscas domésticas, aparentemente confinadas nas casas, poden voar varios quilómetros desde os seus lugares de reprodución.[19] Son activas só de día, e descansan pola noite, por exemplo nas esqinas das habitacións, teitos, bodegas e alpendres, onde poden sobrevivir ao cru inverno hibernando, e cando chega a primavera, as moscas adultas só se ven durante poucos días despois de que empeza o desxeo.
Transmisora de enfermidades
editarA transmisión dos microorganismos que levan nos seus pelos, pezas bucais, vómitos e feces pode orixinar:
- Enfermidades parasitarias: levan quistes de protozoos, por exemplo Entamoeba histolytica, Giardia lamblia e ovos de helmintos, como Ascaris lumbricoides, Trichuris trichiura, Hymenolepis nana, Enterobius vermicularis.
- Enfermidades bacterianas: febre tifoide, cólera, disentería, cocos pióxenos etc. Demostrouse utilizando a PCR que a mosca doméstica é vector de Campylobacter e E. coli O157:H7.[20] Pode monitorizarse para bacterias bacterias patóxenas usando tarxetas con papeis de filtro.[21]
- Virus: enterovirus, poliomielite, hepatite viral (A & E) etc.
Potencial na xestión do lixo
editarA capacidade das larvas de mosca de alimentarse e desenvolverse nunha ampla variedade de materia orgánica en descomposición é importante para a reciclaxe de nutrientes na natureza. Os investigadores suxiren que esta adaptación pode ser explotada para eliminar certos tipos de lixo orgánico.[22] As larvas poden criarse en masa de maneira controlada en esterco animal, reducindo así a cantidade de lixo e minimizando os riscos ambientais do seu vertido.[23][24] As larvas colleitadas poden ser utilizadas para a nutrición animal.[24][25]
Notas
editar- ↑ BUSCatermos mosca doméstica, que dá como referencias: "Zooloxía" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009
- ↑ Mandal, Fatik Baran (2015). Human Parasitology (en inglés). PHI Learning Pvt. Ltd. p. 235. ISBN 9788120351158 – vía Google Books.
- ↑ Larraín, Patricia; Salas, Claudio; Salas F (2008). "House fly (Musca domestica L.) (Diptera: Muscidae) development in different types of manure [Desarrollo de la Mosca Doméstica (Musca domestica L.) (Díptera: Muscidae) en Distintos Tipos de Estiércol]". Chilean Journal of Agricultural Research 68 (2): 192–197. ISSN 0718-5839. doi:10.4067/S0718-58392008000200009.
- ↑ "Fly Mouthparts". bugs.bio.usyd.edu.au. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2011. Consultado o 2016-12-08.
- ↑ Stuart M. Bennett (2003). "Housefly".
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Anthony DeBartolo (June 5, 1986). "Buzz off! The housefly has made a pest of himself for 25 million years". Chicago Tribune. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2004. Consultado o 03 de marzo de 2017.
- ↑ 7,0 7,1 Animal diversity Musca domestica
- ↑ Agarwal, S; Sohal, RS (December 1994). "DNA oxidative damage and life expectancy in houseflies". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 91 (25): 12332–5. Bibcode:1994PNAS...9112332A. PMC 45431. PMID 7991627. doi:10.1073/pnas.91.25.12332.
- ↑ Holmes, GE; Bernstein, C; Bernstein, H (September 1992). "Oxidative and other DNA damages as the basis of aging: a review". Mutation Research 275 (3–6): 305–15. PMID 1383772. doi:10.1016/0921-8734(92)90034-M.
- ↑ Bernstein, Harris; Payne, Claire M.; Bernstein, Carol; Garewal, Harinder; Dvorak, Katerina (2008). "Cancer and Aging as Consequences of Un-repaired DNA Damage". En Kimura, Honoka; Suzuki, Aoi. New Research on DNA Damages. New York: Nova Science Publishers. pp. 1–47. ISBN 978-1-60456-581-2. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2014. Consultado o 03 de marzo de 2017.
- ↑ Dübendorfer, A; Hediger, M; Burghardt, G; Bopp, D (2002). "Musca domestica, a window on the evolution of sex-determining mechanisms in insects". International Journal of Developmental Biology 46 (1): 75–79. PMID 11902690.
- ↑ Meisel RP, Davey T, Son JH, Gerry AC, Shono T, Scott JG. Is Multifactorial Sex Determination in the House Fly, Musca domestica (L.), Stable Over Time? J Hered. 2016;107(7):615-625. Epub 2016 Aug 18. PMID 27540102. DOI 10.1093/jhered/esw051
- ↑ Wiegmann, BM; Yeates, DK; Thorne, JL; Kishino, H (December 2003). "Time flies, a new molecular time-scale for brachyceran fly evolution without a clock". Systematic Biology 52 (6): 745–56. PMID 14668115. doi:10.1093/sysbio/52.6.745.
- ↑ Ostrolenk, M.; Welch H. (1942). "The house fly as a vector of food poisoning organisms in food producing establishments". American Journal of Public Health 32 (5): 487–494. doi:10.2105/ajph.32.5.487.
- ↑ Levine, O.S.; Levine M.M. (1991). "House flies (Musca domestica) as mechanical vectors of shigellosis". Reviews of Infectious Diseases 13 (4): 688–696. PMID 1925289. doi:10.1093/clinids/13.4.688.
- ↑ Förster, M.; Klimpel, S.; Sievert, K. (2009). "The house fly (Musca domestica) as a potential vector of metazoan parazites caught in a pig-pen in Germany". Veterinary Parasitology 160 (1–2): 163–167. PMID 19081196. doi:10.1016/j.vetpar.2008.10.087.
- ↑ Georghiou, GP; Hawley, MK (1971). "Insecticide resistance resulting from sequential selection of houseflies in the field by organophosphorus compounds". Bulletin of the World Health Organization 45 (1): 43–51. PMC 2427889. PMID 5316852.
- ↑ Keiding, J. (1975). "Problems of housefly (Musca domestica) control due to multiresistance to insecticides". Journal of Hygiene, Epidemiology, Microbiology, and Immunology 19 (3): 340–355. PMID 52667.
- ↑ Nazni, W.A.; Luke, H.; Wan Rozita, W.M.; Abdullah, A.G.; Sadiyah, I.; Azahari, A.H.; Zamree, I.; Tan S.B.; Lee H.L. & Sofian A.M. (2005). "Determination of the flight range and dispersal of the house fly, Musca domestica (L.) using mark release recapture technique". Tropical Biomedicine 22 (1): 53–61. PMID 16880754.
- ↑ A. L. Szalanski; C. B. Owens; T. Mckay; C. D. Steelman (2004). "Detection of Campylobacter and Escherichia coli O157:H7 from filth flies by polymerase chain reaction". Medical and Entomology 18 (3): 241–246. PMID 15347391. doi:10.1111/j.0269-283X.2004.00502.x.
- ↑ Sheri M. Brazil; C. Dayton Steelman; Allen L. Szalanski (2007). "Detection of pathogen DNA from filth flies (Diptera: Muscidae) using filter paper spot cards". Journal of Agricultural and Urban Entomology 24 (1): 13–18. doi:10.3954/1523-5475-24.1.13.
- ↑ Miller B. F.; Teotia J. S.; Thatcher T. O. (1974). "Digestion of poultry manure by Musca domestica". British Poultry Science 15 (2): 231–1. PMID 4447887. doi:10.1080/00071667408416100.
- ↑ Cickova H.; Pastor B.; Kozanek M.; Martinez-Sanchez A.; Rojo S.; Takac P. (2012). "Biodegradation of pig manure by the housefly, Musca domestica: A viable ecological strategy for pig manure management". PLoS ONE 7 (3): e32798. Bibcode:2012PLoSO...732798C. PMC 3303781. PMID 22431982. doi:10.1371/journal.pone.0032798.
- ↑ 24,0 24,1 Zhu FX.; Wang WP.; Hong CL.; Feng MG.; Xue ZY.; Chen XY.; Yao YL.; Yu M. (2012). "Rapid production of maggots as feed supplement and organic fertilizer by the two-stage composting of pig manure". Bioresource Technology 116: 485–491. PMID 22541952. doi:10.1016/j.biortech.2012.04.008.
- ↑ Hwangbo J.; Hong E. C.; Jang A.; Kang H. K.; Oh J. S.; Kim B. W.; Park B. S. (2009). "Utilization of house fly-maggots, a feed supplement in the production of broiler chickens". Journal of Environmental Biology 30 (4): 609–614. PMID 20120505.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Mosca doméstica |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mosca doméstica |
Ligazóns externas
editar- House fly no sitio web Featured Creatures da Universidade de Florida / IFAS
- Máis sobre Lifespan of a fly, de D NanArquivado 05 de xuño de 2017 en Wayback Machine.
- Lifespan of a fly, de Kerri Arquivado 11 de febreiro de 2017 en Wayback Machine.