Moto2
Moto2 é a categoría intermedia do Campionato do Mundo de Motociclismo de velocidade, regulado pola FIM. Destinada a motocicletas equipadas con motores de 600cc e catro tempos, esta categoría substituíu a partir de 2010 á antiga de 250cc (con motor de dous tempos). Os motores son producidos por Honda, os pneumáticos por Dunlop e a electrónica fornécena só produtores autorizados pola FIM, cun custo máximo de 650 euros por equipamento.
Tipo | motorcycle racing series (en) |
---|---|
Deporte | Motociclismo de velocidade, motorcycle racing (en) e Motociclismo |
Organizador | Federación Internacional de Motociclismo Dorna Sports |
Parte de | Campionato do Mundo de Motociclismo |
Liga superior | MotoGP |
Liga inferior | Moto3 |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 2010 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | motogp.com… |
O primeiro piloto en gañar este campionato foi o español Toni Elías, quen gañou matematicamente en título o 10 de outubro de 2010 ao quedar cuarto no GP de Malaisia a falta de tres carreiras para terminar o campionato.
Características
editarA categoría Moto2 conta cunha normativa específica, diferente de MotoGP e Superbikes. O motor será o mesmo que monta a Fonda CBR600RR[1], un modelo de rúa pero con preparación específica para competición; no entanto, a parte ciclo deberá ser prototipo, así que os equipos deberán deseñar un chasis desde cero, do mesmo xeito que o depósito, carenado e demais compoñentes, que non poderán ser derivados de ningún xeito dun modelo de rúa.
Ficha técnica
editar- Motor: Catro cilindros en liña, 4 tempos, 16 válvulas DOHC, refrixeración líquida.[2]
- Orixe: Honda.
- Cilindrada: 599cc.
- Diámetro por carreira: 67 x 42,5 mm.
- Potencia máxima: 140 CV.
- Carburación: inxección electrónica PGM-FI.
- Diámetro da bolboreta: 40 mm.
- Depósito de combustible: 22 litros.
- Embrague: multidisco, autodeslizante húmido, con accionamento mecánico por cable.
- Bastidor: dobre viga en aluminio.
- Dimensións: 1.990 x 500 x 1.000 mm.
- Ángulo de lanzamento: 22º55’ (variable).
- Avance: 95 mm (variable).
- Altura do asento: 700 mm.
- Suspensión traseira: Amortecedor Showa de 55 mm de percorrido.
- Lamias: de magnesio forxado.
- Dianteira: 17 x 3,75.
- Traseira: 17 x 6.
- Pneumático dianteiro: Dunlop 125/80-17.
- Pneumático traseiro: Dunlop 190/55-17.
- Freo dianteiro: Disco de 300 mm., pinzas de catro pistóns e ancoraxe radial Galfer.
- Freo traseiro: Disco de 220 mm., pinza de dúas pistóns Galfer.
- Peso en orde de marcha: 137 quilos
A maioría dos elementos da parte ciclo da moto están personalizados para cada equipo. O único elemento común é o motor de orixe Honda.
Campións
editarEdición | Primeiro | Puntos | Segundo | Puntos | Terceiro | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|
2010 | Toni Elías | 271 | Julián Simón | 201 | Andrea Iannone | 199 |
2011 | Stefan Bradl | 274 | Marc Márquez | 251 | Andrea Iannone | 177 |
2012 | Marc Márquez | 324 | Pol Espargaró | 268 | Andrea Iannone | 193 |
2013 | Pol Espargaró | 265 | Scott Redding | 225 | Esteve Rabat | 215 |
2014 | Esteve Rabat | 346 | Mika Kallio | 289 | Maverick Viñales | 274 |
2015 | Johann Zarco | 352 | Álex Rins | 234 | Esteve Rabat | 231 |
Notas
editar- ↑ "Moto2 usará motores Honda". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2010. Consultado o 08 de xuño de 2011.
- ↑ Datos técnicos[Ligazón morta]
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moto2 |