Moto3 é a categoría de menor cilindrada do Campionato do Mundo de Motociclismo de velocidade, regulado pola FIM. Destinada a motocicletas equipadas con motores de 250cc e catro tempos, substituíu en 2012 á antiga categoría de 125cc (con motor de dous tempos).

Modelo:Competición deportivaMoto3
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipomotorcycle racing series (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deportemotorcycle racing (en) Traducir, Motociclismo de velocidade e Motociclismo Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Internacional de Motociclismo
Dorna Sports Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato do Mundo de Motociclismo Editar o valor en Wikidata
Liga superiorMoto2 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Intervalo de tempo2012 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialmotogp.com… Editar o valor en Wikidata

Regulamento

editar

Esta categoría limítase a motores dun só cilindro e un diámetro máximo de 81 mm. O peso total mínimo de motocicleta e condutor é de 148 kg. Os pilotos non poden ter máis de 28 anos, 25 se son wild-cards (pilotos invitados pola organización) ou acabados de contratar e participan por primeira vez no mundial.

Especificacións do motor

editar
 
Moto3 Honda de Maverick Viñales (2012)
  • Configuración: Monocilíndrico
  • Cilindrada: 250 cc
  • Ciclo do motor: 4 tempos
  • Válvulas: 4 válvulas
  • Distribución: Árbore de levas (DOHC).
  • Combustible: Sen chumbo, 100 octanos (calquera tipo de combustible).
  • Alimentación: Inxección.
  • Aspiración: Motor de aspiración natural.
  • Lubricación: Cárter húmido.
  • Máximo de revolucións: 17.500 - 18.000 rpm.
  • Refrixeración: Bomba de auga individual.

Campións

editar
Edición Primeiro Puntos Segundo Puntos Terceiro Puntos
2012   Sandro Cortese 325   Luis Salom 214   Maverick Viñales 207
2013   Maverick Viñales 323   Álex Rins 311   Luis Salom 302
2014   Àlex Márquez 278   Jack Miller 276   Álex Rins 237
2015   Danny Kent 260   Miguel Oliveira 254   Enea Bastianini 207

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Done 1
orte 2