Motown 25: Yesterday, Today, Forever
Motown 25: Yesterday, Today, Forever é un especial de televisión de 1983, producido por Suzanne de Passe para Motown Records, que serviu para conmemorar o 25 aniversario de Motown (Motown foi fundado en 1959). O programa foi gravado diante dunha audiencia en directo no Pasadena Civic Auditorium en Pasadena (California) o 25 de marzo de 1983,[1] e foi emitido pola NBC o 16 de maio. Os aspectos máis destacados foron a canción de "Billie Jean" por Michael Jackson (momento no cal se gravou o seu primeiro moonwalk), o dúo de Linda Ronstadt con Smokey Robinson, a "batalla de bandas" entre Temptations e Four Tops, o discurso de Marvin Gaye sobre a historia da música negra e a súa memorable intepretación de "What's Going On", a reunión dos Jackson 5, e a reunión de Diana Ross e the Supremes, que interpretaron o seu éxito de 1969 "Someday We'll Be Together". O especial foi coescrito por de Passe con Ruth Adkins Robinson, que escribirían xuntos os programas durante os seguintes 25 anos.
Motown 25: Yesterday, Today, Forever | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Motown 25: Yesterday, Today, Forever |
Director | Don Mischer |
Produtor | Suzanne de Passe |
Distribuidora | MGM/UA Home Video (VHS/Laserdisc) Starvista Entertainment/Time Life (DVD) |
Estrea | 1983 |
Duración | 130 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Musical |
Na rede | |
Notas
editar- ↑ Williams, Janette (25 de xuño de 2009). "Michael Jackson left indelible mark on Pasadena". Whittier (Calif.) Daily News. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2009. Consultado o 4 de xullo de 2009.