Municipiu
Un municipiu (municipio en romanés, do latín municipium) é un nivel administrativo romanés, máis ou menos equivalente a unha cidade. Este status élle dado a poboacións urbanas grandes. Non está claro o limiar de poboación que outorga esta nomenclatura, mais adóitase aplicar a poboacións maiores de 15.000 habitantes, que se atopan dentro dunha infraestrutura urbana. As localidades que non teñen estas características clasifícanse como pobos (oraşe), ou se non están dentro dunha área urbana, como comunas (comune). Os municipii están gobernados por un alcalde. Non hai subdivisións oficiais destes, aínda que poden ser debullados en cartiere. A excepción é Bucarest, que ten un status similar ao dun condado, e está oficialmente dividido en seis sectores.
Principais cidades
editarNº | Cidade | Condado | Pob. | Nº | Cidade | Condado | Pob. | Bucarest Cluj-Napoca Timișoara | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Bucarest | Ningún[1] | 1.677.985 | 11 | Brăila | Brăila | 168.389 | |||
2 | Cluj-Napoca | Cluj | 309.136 | 12 | Piteşti | Argeş | 148.264 | |||
3 | Timișoara | Timiş | 303.708 | 13 | Arad | Arad | 147.992 | |||
4 | Iaşi | Iaşi | 263.410 | 14 | Sibiu | Sibiu | 137.026 | |||
5 | Constanţa | Constanţa | 254.693 | 15 | Bacău | Bacău | 133.460 | |||
6 | Craiova | Dolj | 243.765 | 16 | Târgu Mureş | Mureş | 127.849 | |||
7 | Galaţi | Galaţi | 231.204 | 17 | Baia Mare | Maramureş | 114.925 | |||
8 | Braşov | Braşov | 227.961 | 18 | Buzău | Buzău | 108.384 | |||
9 | Ploieşti | Prahova | 197.542 | 19 | Botoşani | Botoşani | 100.899 | |||
10 | Oradea | Bihor | 183.123 | 20 | Satu Mare | Satu Mare | 94.948 | |||
Datos do censo de 2011.[2] |
Notas
editar- ↑ Bucarest por si mesmo ten status de condado
- ↑ Hotnews.ro, ed. (6 de febreiro de 2012). "HARTA INTERACTIVA Cum s-a schimbat ierarhia marilor orase din tara. Au mai ramas doar doua orase de provincie cu populatia de peste 300.000 de locuitori" (en romanés). Consultado o 17 de maio de 2012.