Museo Nacional de Colombia
O Museo Nacional de Colombia é o museo máis antigo de Colombia. O seu acervo divídese en catro coleccións: arte, historia, arqueoloxía e etnografía. A súa colección de arte colombiana, latinoamericano e europeo inclúe pinturas, debuxos, gravados, esculturas, instalacións e artes decorativas dende o período colonial até o presente. O seu inmoble foi orixinalmente a penitenciaría do panoptico, sendo o seu arquitecto o danés Thomas Reed. Fronte ó museo atópase a estación subterránea de TransMilenio que leva o nome de "Museo Nacional".
Museo Nacional de Colombia | |
---|---|
Museo Nacional en Bogotá. | |
Coordenadas | 4°36′56″N 74°04′06″O / 4.6155, -74.0683 |
País | Colombia |
Cidade | Bogotá e Santa Fe |
Tipo | Museo nacional |
Inauguración | 28 de xullo de 1823 |
Superficie | 13.000 m² |
Na rede | |
http://www.museonacional.gov.co/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Historia
editarFundado por Lei do primeiro Congreso da República o 28 de xullo de 1823, o Museo Nacional de Colombia é o máis antigo dos museos do país e un dos máis antigos de América. Durante case dous séculos consagrouse á conservación e divulgación de testemuños representativos dos valores culturais da nación colombiana.
Abriu as súas portas ó público o 4 de xullo de 1824, data en que o vicepresidente, xeral Francisco de Paula Santander declarouno oficialmente creado, sendo o seu primeiro director o científico e anticuario peruano Mariano Eduardo de Rivero y Ustariz. Rivero fora contratado en maio de 1822 en París por Francisco Antonio Zea, Ministro Plenipotenciario de Colombia, a fin de constituír unha Escola de Minaría e un Museo de Historia Natural na capital da nova república. O Museo Nacional de Colombia instalouse inicialmente na Casa Botánica, a cal albergaba a colección de historia natural reunida por José Celestino Mutis e que coidaban os seus discípulos. Co tempo, a estas pezas sumáronse outras de carácter arqueolóxico, histórico e artístico.
A devandita penitenciaría, deseñada por Thomas Reed na década de 1850 e construída a partir do 1 de outubro de 1874, foi a prisión máis importante do país durante case 72 anos. Porén, en 1946 os reclusos foron trasladados ó novo cárcere La Picota e o Goberno destinou o edificio para albergar o Museo Nacional.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en castelán)