Nagasaki
Nagasaki[1] (長崎市, ながさきし, Nagasaki-shi) é unha cidade xaponesa, capital e a maior poboación da prefectura de Nagasaki, situada sobre a costa suroeste da illa de Kyūshū. Cara ao ano 2009 a cidade tiña unha poboación estimada de 444.271 habitantes e unha densidade de 1.090 persoas por km². A superficie total do concello de Nagasaki é de 406,40 km²; limita cos concellos de Saikai, Togitsu, Nagayo e Isahaya.
長崎市 (ja) | |||||
Himno | Nagasaki shika (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Símbolo oficial | Pentalfa (estrela) Hortensia (flor) Triadica sebifera (árbore) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Xapón | ||||
Prefecturas | Prefectura de Nagasaki | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 404.656 (2021) (995,83 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Nagasaki dialect (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 406.350.000 m² | ||||
Bañado por | Nagasaki Bay (en) , Tachibana Bay (en) e Urakami (mul) | ||||
Altitude | 105 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | Shimonagasaki (en) , Kaminagasaki (en) , Tomachi (en) , Fuchi (en) , Kaminagasaki (en) , Urakamiyamazato (en) , Nishiurakami (en) , Kogakura (en) , Doinokubi (en) , Kosakaki (en) , Fukuda (en) , Fukuda (en) , Fukahori (en) , Himi (en) , Mogi (en) , Shikimi (en) , Higashinagasaki (en) , Mie (en) , Togitsu (pt) , Kōyagi (en) , Iōjima (en) , Takashima (en) , Nomozaki (en) , Sanwa (en) , Sotome (en) , Kinkai (en) e Nagasaki (en) | ||||
Creación | 1 de abril de 1889 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Shirō Suzuki (en) (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | Q97183008 , | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 850-0002–852-8154 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 95 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Patrimonio de influencia portuguesa | |||||
Sitio web | city.nagasaki.lg.jp | ||||
Historia
editarNagasaki foi fundada en 1500 por navegantes portugueses. Orixinalmente foi unha vila porto de pouca importancia até a chegada de exploradores portugueses a mediados do século XVI, cando unha embarcación portuguesa accidentalmente encallou na prefectura de Kagoshima en 1542. O misioneiro xesuíta San Francisco Javier arribou noutra parte do territorio en 1549, convertendo a varios daimyo (señores feudais).
A pequena vila porto converteuse rapidamente nunha cidade portuaria diversa pola cal ingresaron moitos produtos importados de Portugal (como o tabaco, o pan, a tempura, o biscoito de Castela, e novos estilos de vestimenta). Moitos destes produtos foron asimilados á cultura popular xaponesa. Os portugueses tamén trouxeron consigo moitos produtos de orixe chinés.
En 1587 a prosperidade de Nagasaki foi ameazada cando o Hideyoshi Toyotomi subiu ao poder. Preocupado pola grande influencia cristiá no sur do Xapón, ordenou a expulsión de todos os misioneiros. As xesuítas habían xa adquirido control administrativo parcial sobre Nagasaki, e a cidade regresou entón ao control imperial. Cristiáns tanto xaponeses como estranxeiros foron perseguidos e Hideyoshi crucificou a 26 cristiáns en Nagasaki o 5 de febreiro de 1597 para previr calquera intento de usurpación do seu poder, entre eles San Pablo Miki (ver o artigo Os 26 mártires do Xapón). Os mercadores portugueses, con todo, non foron perturbados, e así a cidade continuou o seu desenvolvemento.
Cando o shogun Tokugawa Ieyasu sobe ao poder aproximadamente vinte anos máis tarde, as condicións non melloraron demasiado. O cristianismo foi prohibido por completo no ano 1614 e todos os misioneiros foron deportados, así como aqueles xaponeses que non renunciasen ao cristianismo. Seguiulle a isto unha brutal campaña de persecución, resultando en miles de mortos ou torturados en Nagasaki e outras partes do Xapón. Ao comezo os cristiáns opuxeron resistencia, chegando en 1637 a formarse unha insurrección de máis de 40.000 cristiáns, os cales tomaron o castelo Hara. O shogun enviou 120.000 soldados para aniquilar a rebelión, dando fin así ao breve "século cristián" no Xapón. Os poucos cristiáns en sobrevivir terminaron os seus días escondidos e perseguidos.
Os holandeses introducíronse no Xapón silenciosamente para esta época, a pesar da decisión oficial do shogunato de terminar definitivamente toda influencia estranxeira no país. Os holandeses demostraron que llo seu interese era exclusivamente comercial e probaron a súa palabra durante a rebelión Shimabara disparando contra os cristiáns e a favor do shogun. En 1641 foilles outorgado Dejima, unha illa artificial na baía de Nagasaki, como base de operacións. Desde esta data até 1855 o contacto do Xapón co exterior limitouse exclusivamente a Nagasaki. En 1720 levantouse a prohibición sobre os libros holandeses, creando así unha gran vaga migratoria interna cara a Nagasaki de estudosos das ciencias e artes europeas.
Logo de que o comodoro estadounidense Matthew Perry chegase ao Xapón en 1853 o shogun decidiu abrir as portas do país novamente. Nagasaki converteuse en porto libre en 1859 e a modernización comezou en 1868. Coa restauración Meiji, Nagasaki converteuse rapidamente para asumir certo dominio económico. A súa principal industria foi a construción de embarcacións.
Branco atómico alternativo
editarO 9 de agosto de 1945 lanzouse sobre ela a segunda bomba atómica. O bombardeiro estadounidense "Bockscar", en busca de estaleiros, en cambio atopou a fábrica de armas Mitsubishi. Sobre este obxectivo deixou caer a bomba atómica Fat Man, a segunda bomba atómica en ser detonada sobre Xapón e máis poderosa que a de *Hiroshima. (ver Hiroshima para un relato da primeira explosión).
Inicialmente a branco era Niigata, pero estaba a chover; cambiouse a Kokura, pero había néboa espesa e non se puido situar, e a falta de combustible e coa misión en perigo Sweeney decidiuse finalmente polo último branco alternativo, por Nagasaki, o Great Artist, actuando como avión meteorolóxico informou que existía un claro visible entre as nubes, o Bockscar só tiña combustible para unha soa pasada. Ao chegar o avión atopou un pechado teito de nubes, tiña que tomar unha decisión ou a lanzaba ou volvía, decidiuse o bombardeo por radar.
Efectos do bombardeo
editarA pesar de que a bomba fallou por unha distancia considerable, non perdoou e aínda puido arrasar case a metade da cidade ao caer a un costado do val de Urakami, onde se emprazaba a cidade. 75.000 dos 240.000 habitantes de Nagasaki morreron instantaneamente, seguidos pola morte dunha suma equivalente por enfermidades e feridas. Estímase que a suma total de mortos foi de bastante máis de 140.000 persoas entre civís e militares.
O terreo onde se atopa a cidade é moi montañoso e isto delimitou os efectos das ondas expansivas da explosión inicial. De todos os xeitos a destrución, o caos e o horror foi similar ao de Hiroshima. Foi tal a estupefacción dos cuarteis militares e o grao de shock tanto de civís como militares que en Nagasaki non se inspeccionou até despois dunha semana, cando a cidade era xa un osario silencioso. Os que lograron sobrevivir máis aló do radio de acción da bomba tiveron que asistir ás ondas de feridos na súa maioría graves.
Consecuencias posteriores
editarXapón rendeuse 5 días despois desta destrución. Tras a guerra a cidade foi reconstruída, aínda que amplamente modificada. Construíronse novos templos e igrexas, xa que a presenza cristiá nunca desapareceu e mesmo gañou unha grande adherencia durante a guerra. Algúns dos cascallos foron deixados intactos en memoria e levantáronse novas edificacións co mesmo obxectivo, como o museo da bomba atómica. Nagasaki é aínda unha cidade portuaria cunha rica industria naval e é ademais un forte exemplo de perseveranza e paz.
Universidades
editarCidades irmandadas
editarNotas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bomba.