A narcolepsia[1] (do grego nárke, «entumecemento, estupor», e lepsis, «posesión»), tamén coñecida como síndrome de Gelineau, é unha doenza autoinmune cuxa prevalencia na poboación é moi baixa.[2] Caracterízase pola presenza de accesos de somnolencia irresistible durante o día. Pode causar cataplexía (parálise ou debilidade extrema bilateral dun conxunto muscular), alucinacións hipnagóxicas (visións fugaces na transición vixilia-sono) ou hipnopómpicas (transición sono-vixilia); mesmo pode haber parálise do sono, e interrupción do sono nocturno. De acordo con estudos epidemiolóxicos, a prevalencia deste trastorno neurolóxico do sono na poboación adulta sitúase entre un 0,02 e un 0,16 %, afectando en forma semellante a homes e mulleres.[3]

Narcolepsia
Clasificación e recursos externos
Preparación para efectuar polisomnografía nun paciente pediátrico.
OMIM161400
MedlinePlus000802
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Inmunoxenética: asociación MHC-narcolepsia

editar
 
Estrutura cristalina de HLA-DQ 0602 (molécula codificada por DQA10102/DQB10602) en unión co péptido hipocretina (orexina). HLA-DQ 0602 confire unha forte susceptibilidade á narcolepsia, á vez que protexe contra a diabetes tipo I.[4][5]

O carácter xenético da narcolepsia xa se intuíu dende a primeira observación de Westphal en 1877, pois a nai do seu paciente padecía os mesmos problemas que o fillo.[6] A causa desta doenza é descoñecida, aínda que todos os pacientes estudados presentan haplotipos HLA específicos, o que suxire unha orixe xenética. A narcolepsia aparece coa mesma frecuencia en ambos os sexos; algúns pacientes teñen antecedentes familiares do trastorno. Recoñeceuse un vínculo significativo entre este e alelos específicos do complexo maior de histocompatibilidade (MHC). Obsérvase unha asociación especialmente forte con HLA-DR2, é dicir, co alelo 2 do locus HLA-DR. Os individuos co marcador DRB11501 (alelo máis específico do antíxeno DR2) teñen unha probabilidade de desenvolver a enfermidade moi superior á dos que carecen do mesmo: estabeleceuse que tal probabilidade é cen veces maior nas persoas con DR2 respecto daquelas sen DR2 (risco relativo aproximado).[7] Máis recentemente, as investigacións centráronse noutros alelos específicos de HLA (sobre todo, DQB10602 e DQA10102), os cales tamén predispoñen para a enfermidade (e fano en forma máis significativa que DR2).

Así mesmo, reportáronse achados consistentes cun patrón de herdanza dominante (con penetrancia incompleta) dun hipotético xene de susceptibilidade para a enfermidade.[8] Sinaláronse, en particular, tres loci do mapa xenético asociados coa narcolepsia:

Porén, a verdadeira causa da enfermidade segue sen coñecerse, e pénsase que deben intervir outros factores. A homocigosidade para o alelo DQB10602 aumentaría a susceptibilidade para padecer a doenza pero non a súa gravidade. Tampouco se puido verificar para este trastorno un comportamento fisiopatolóxico similar ó das enfermidades autoinmunes clásicas, malia que estas se asocien menos ó HLA que a propia narcolepsia.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para narcolepsia.
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 09 de febreiro de 2018. 
  3. DSM-IV TR, Manual Diagnóstico y Estadístico de los problemas psicologicos Mentales, American Psychiatric Association (APA), 4a edición (xuño de 2000) ISBN 0-89042-025-4]
  4. Siebold C, et al. "Crystal structure of HLA-DQ0602 that protects against type 1 diabetes and confers strong susceptibility to narcolepsy." ProcProc Natl Acad Sci U S A. 2004 feb 17;101(7):1999-04. PMID 14769912
  5. Chen J, et al. "MMDB: Entrez's 3D-structure database." Nucleic Acids Res. 2003 en;31(1):474-7.
  6. Westphal C. «Eigenthumliche mit Einschafen verbundene Anfalle.» Arch. Psychiat. Nervenkr. 1877;7:681-83.
  7. Langdon N, et al. "Genetic markers in narcolepsy." Lancet. 1984 nov 24;2(8413):1178-80. PMID 6150235
  8. Mueller-Eckhardt G, et al. "HLA and narcolepsy in a German population." Tissue Antigens. 1986 sep;28(3):163-9. PMID 3641479
  9. Online 'Mendelian Inheritance in Man' (OMIM) 610259
  10. Online 'Mendelian Inheritance in Man' (OMIM) 602358
  11. Online 'Mendelian Inheritance in Man' (OMIM) 605841
  NODES
Association 1
todo 3