NeXT
NeXT Computer, Inc., cuxo nome cambiou máis tarde a NeXT Software, Inc., foi unha empresa de informática estadounidense con sede en Redwood City (California) que desenvolveu e fabricou unha serie de estacións de traballo destinadas á educación superior e ás empresas. NeXT foi fundada en 1985 polo cofundador de Apple, Steve Jobs, despois da súa renuncia forzada de Apple. As vendas dos seus ordenadores eran relativamente baixas, con aproximadamente 50.000 unidades vendidas en total, malia isto, o seu sistema operativo NeXTSTEP foi moi influente, pois este software foi a base para os sistemas operativos macOS e iOS.
NeXT | |
---|---|
Tipo | negocio |
Fundación | 1985 |
Localización | Redwood City, California, Estados Unidos |
Fundador | Steve Jobs |
Produtos | NeXT Computer NeXTcube NeXTstation NeXTdimension NeXTSTEP OPENSTEP |
Número de empregados | 540 (1992) |
Na rede | |
http://web.archive.org/web/19970412194822/http://www.next.com/ e https://web.archive.org/web/19970412194822/http://www.next.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O NeXT Computer foi utilizado por Tim Berners-Lee no CERN e chegou a ser o primeiro servidor web no mundo.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: NeXT |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web de NeXT en 1997 arquivada en Wayback Machine