Nebulosa de reflexión
En astronomía, unha nebulosa de reflexión son nubes interestelares de po as cales simplemente reflicten a luz dunha estrela ou estrelas próximas. A enerxía da estrela próxima ou estrelas próximas é insuficiente para ionizar o gas da nebulosa e así crear unha nebulosa de emisión, pero si é suficiente a dispersión da luz ó redor da nube de po, facéndoa así visible. Dicir que as frecuencias do espectro amosan que os espectros das nebulosas de reflexión son moi semellantes os das estrelas que iluminan a nube. Entre as partículas microscópicas responsables da refracción e dispersión da luz están compostos de carbono (ex. po de diamante) e compostos de ferro e níquel. Este dous últimos elementos están a miúdo aliñados có campo magnético galáctico e isto causa unha lixeira polarización da luz reflectida (Kaler, 1998). Edwin Hubble distinguiu entre nebulosa de emisión e reflexión no 1922.
As nebulosa de reflexión normalmente son azuis xa que a reflexión por parte de po e gas interestelar é máis eficiente para a luz azul que para a luz vermella (este é o mesmo proceso de reflexión/descomposición que lle da o azul ó ceo ou o vermello ós atardeceres).
Moitas veces as nebulosas de emisión e reflexión están xuntas, e debido a isto moitas veces son chamadas nebulosas difusas, coma por exemplo a Nebulosa de Orión.
Coñécense ó redor de 500 nebulosas de reflexión. Entre as máis fermosas atópanse as que fican nos arredores das estrelas das Pléiades. Tamén pode ser vista na mesma area do firmamento a Nebulosa Trífida. A estrela xigante Antares, a cal é moi vermella (clase espectral M1), está rodeada dunha longa e vermella nebulosa de reflexión.
As nebulosas de reflexión tamén poden ser lugares de formación de estrelas.
En 1922, Hubble publicou o resultado das súas investigacións nunha nebulosa brillante. Parte deste traballo dou coma resultado a lei da luminosidade de Hubble para as nebulosas de reflexión que facía unha relación entre o tamaño angular (R diámetro angular) da nebulosa e a magnitude aparente (m) da estrela asociada:
- 5 log(R) = -m + k
onde k é unha constante que depende da sensibilidade de medida.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarNotas
editar- James B. Kaler (1998). Kosmische Wolken. Materie-Kreisläufe in der Milchstraße. Spektrum Akademischer Verlag.
Ligazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Nebulosa de reflexión |